BULEBULE VIAXA POLA REDE

31/3/11

ENTRE O CEO E O MAR

Emociona. Sen palabras.

A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS

O pasado luns tivemos a sorte de ter no noso centro a escritora Teresa González Costa. Autora de " A filla do ladrón de bicicletas".


Para seguir traballando e xogando co libro, a editorial Xerais facilita estos xogos interactivos:


XOGOS INTERACTIVOS EN WEB. "A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS (fai clic na imaxe)

MAMÁ CABRA EN CONCERTO

Ola, ola, la! é unha aposta musical .
A través das melodías do grupo infantil Mamá Cabra e coa axuda dun DVD-Karaoke, os nenos e nenas aprenderán a cantar as cancións coma se formasen parte da banda.
Polo medio, un sorprendente conto de Gloria Sánchez, ilustrado por Kristina Sabaite. A forza da música en directo completa unha aposta que leva a música como gozo delicioso por toda a casa, no coche... onde se queira!
Os temas son inéditos e para gravalos contaron cun coro dirixido por Ramón Bermejo e con colaboracións como a de Sèrgio Tannus (pandeiro brasileño e cavaquinho) e a de Gende Beat e as súas percusións vocais. Está publicado na Editorial galaxia.

O día 2 de abril farán a súa actuación ás 12,30 e ás 18,00 horas no Forum Metropolitano da Coruña. A entrada é gratuíta. O sábado día 9 de abril, organizaranse catro obradoiros dirixidos aos adultos que queiran coñecer novas propostas para seguir cantando, xogando e gozando coa música de Mama Cabra. As persoas que participen nos obradoiros recibirán de agasallo un exemplar de Ola, ola, la! Con CD e DVD.

29/3/11

ABRIL, MES DOS LIBROS

Se acerca o mes de abril, un mes que nos trae dúas conmemoracións importantes arredor do libro e da lectura.

O día 2 celebraremos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil
, promovido polo IBBY (International Board on Books for young people), co que quere por de relevancia a figura do escritor danés Hans Christian Andersen e fomentar a lectura entre os nenos e nenas.

Cada ano un país membro de dita Organización Internacional encárgase de seleccionar a un escritor e a un ilustrador para realizar a mensaxe e o cartel que se dirixe a todos os nenos do mundo. Este ano correspóndelle a Estonia, que enviou o cartel de Jüri Mildeberg e a mensaxe de Aino Pervik.

Grazas á OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) e á sección galega, GALIX, podemos acceder ao tríptico que presenta o texto de Aino Pervik nas catro linguas do Estado, e disfrutalo en galego.

Durante este mes de abril, teremos contacontos, encontros con escritores...


PROGRAMACIÓN MES DO LIBRO


SESIÓN DE CONTACONTOS CON MARIO TOMÁS

Hoxe recibimos no colexio a visita de Mario Tomás, que, en compañia do "Avó Pato" e do pequeno teatro de monicreques, contounos fantásticos contos.

Participaron na actividade os alumnos e alumnas de Educación Infantil
grazas ao Consorcio Editorial.

Mario andaba medio "desmemoriado", así que todos lle tivemos que axudar a contar os contos: o do verme que era quen de asustar aos animais máis fortes e feroces da selva; o da princesa que quería ao seu pai como a comida ao sal.

Grazas por este rato tan estupendo.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes e un video do teatro de monicreques.




GRAZAS MARIO E VOLVE PRONTO POLO COLEXIO CON MÁIS CONTO!!

27/3/11

MARCOS S. CALVEIRO PREMIADO COA DISTINCIÓN "WHITE RAVEN"

Marcos S. Calveiro estivo o 15 de febreiro na nosa biblioteca co alumnado de 4º e 5º de primaria e nos encandilou a tod@s. E agora acabamos de enterarnos de que Marcos S. Calveiro ven de ser galardonado polo seu libro en galego, "O pintor do sombreiro de malvas" coa distinción "White Raven", a de maior prestixio en Literatura Infantil e Xuvenil.

Outro libro en galego que mereceu tamén a distinción foi o de"Contos para nenos que dormen deseguida" de Carlos López e David Pintor, coñecidos como Pinto & Chinto.

Dende o Isaac Díaz Pardo

NORABOA POR ESTES MERECIDOS PREMIOS!!


HOLLYWOOD CO ALUMNADO DE 6º B!!

O COFRE MÁXICO

Dentro do proxecto de escritura Polgariño conta, o alumnado de 6º B fixo a súa primeira historia dixital, transformando toda a clase o conto “ O cofre máxico” inventado e escrito por Alejandro.



Dende logo chicos que é para estar orgullosos do voso traballo e dende logo felicitar tamén ao seu director Ismail!!

De aquí a Hollywood !!

26/3/11

BULEBULE BUSCA!!... AVENTURAS DE MAR

Contos dos alumnos e alumnas de 6º A para o concurso.


Estes son os últimos contos do concurso.

GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!

BULEBULE BUSCA!!... AVENTURAS DE MAR

"UN TESOURO PARA TODOS E TODAS "

O venres os alumnos e alumnas de 5 anos A chamaron a porta de BULEBULE e deixáronlle este fermosísimo conto para o concurso.

ENTREGA DE DIPLOMAS


O venres, día 25, tivo lugar a entrega de diplomas aos nenos e as nenas que resultaron finalistas e premiados no Concurso de carautas de Entroido.

A entrega correu a cargo do noso director Julio Labandeira e da nosa xefa de estudos Fina Moscoso.


PARABÉNS A TODOS E A TODAS!!

E MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR

ACTIVAMENTE NO COLE!!

25/3/11

BULEBULE BUSCA!!... AVENTURAS DE MAR

Os nenos e as nenas de 3 anos B inventaron unha historia acerca do que lle aconteceu a un pirata que navegaba polos sete mares.









GUSTÓUNOS MOITO !!

24/3/11

TERESA GONZÁLEZ COSTA NA BIBLIOTECA

UN DÍA CON....


Teresa González Costa




OBRADOIRO LITERARIO


O pasado luns 21 de marzo os alumnos e alumnas de terceiro ciclo de primaria tivemos a sorte de participar nun Obradoiro Literario coa escritora Teresa González Costa. É a autora de “ A filla do ladrón de bicicletas”, un libro que nos trouxeron os Reis Magos e que todos limos .

Teresa González Costa nace no Grove, pero actualmente vive en Vigo. Licenciada en Filoloxía Inglesa e Italiana. Realizou en paralelo unha formación teatral, tanto en Galicia como en Italia e Francia, como actriz en diversas compañías, talleres de teatro, danza e voz. Como docente, impartíu cursos de teatro en centros de ensino, creando varias obras. Viviu dous anos e medio en Xenebra, onde realizou guións para un programa radiofónico, na sección teatro, e asistiu a cursos de dramaturxia baseados na obra de Jean-Luc Lagarce. Nesa cidade participou nunha produción da Comédie de Genève, logo dun taller anual. É autora de pezas de teatro publicadas en Fervenza e Laiovento. Despois de ser mención especial no certame Barriga Verde 2004, e finalista no Rafael Dieste 2005, acadou no 2008 o XVII Premio Álvaro Cunqueiro con Sempre quixen bailar un tango (Xerais 2009) e o III Premio Manuel María de literatura dramática infantil con Pingueiras e tarteiras (Xerais 2009). En 2010 obtén o XXV Premio Merlín de Literatura Infantil con A filla do ladrón de bicicletas (Xerais 2010).

A historia protagonízaa Serafina. É a filla dun ladrón de bicicletas, vive coa súa tía, dona Perfecta, nunha vila mariñeira. A súa máxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta coa que consegue abraiar, e cara a iso van enfocados todos os seus esforzos, aos que non serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades que lle ocasionan a panda de Martiño o Bravo.

Gañou o XXVª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil .A filla do ladrón de bicicletas foi ilustrada por Jacobo Fernández, que é un ilustrador que coñecemos o curso pasado.

Estivemos encantados, xa que nos aclarou dúbidas que nos xurdiron despois de ler o libro, dúbidas como que pasou coas personaxes, como naceu a historia, onde se situaba o relato…etc
Entendemos o que significaba para ela a bicicleta, a importancia que tiña, que tamén a ten agora para nós.

Esperamos repetir a experiencia. Grazas Teresa!!!!

Os alumnos e alumnas do 3º ciclo de Educación Primaria.












OBRADOIRO LITERARIO

OBRADOIRO LITERARIO do libro:

"A filla do ladrón de bicicletas" de Teresa González Costa

Aquí podedes ver algúns dos moitos traballos que fixeron sobre o libro...

UN DÍA CON...




Debuxos do obradoiro literario




Os tres tesouros da tía Perfecta




Os inventos do vello Elias

23/3/11

BULEBULE BUSCA!!.. AVENTURAS DE MAR

Seguimos recibindo traballos para o concurso de aventuras de mar.

Os alumnos e as alumnas de 1º A escribiron e debuxaron este fermoso conto dunha estreliña.




Que fermoso!! verdade?

Non sei que pensades , pero o certo é que BULEBULE ten moito traballo para elexir os mellores.