BULEBULE VIAXA POLA REDE

21/12/11

CHEGARON OS REIS E ...AS VACACIÓNS!!!

Por fin chegou o momento da visita da súas Maxestades, e si, moita emoción, alegría, panxoliñas, caramelos... @s nen@s fixéronlles entrega das súas cartas, escritas con toda a ilusión, e coa esperanza de ver cumpridas algunhas das súas peticións
De seguro
nen@s, que nestas festas de Nadal recibiredes algúns agasallos que vos farán moi felices.
Bulebule así o espera e deséxavos unhas moi felices vacacións, e xa sabedes que LENDO MOITO
NO NADAL PASARÉDELO XENIAL.





Nesta fermosa película podedes ver que todos e todas (nenas e nenos,mestras e mestres,...) nos achegamos a saudar ás súas Maxestades coa esperanza de ver cumplidos os nosos desexos ...




16/12/11

XA VEÑEN OS REIS...

A poucos días da súa chegada todo son nervios,ilusión...
O mércores será unha xornada de ledicia,agasallos,fotos,entrega de cartas e algún que outro choro...CHEGAN OS REIS Ó COLE!!!!!!


15/12/11

LECTURAS DE NADAL













DEREITOS D@S NEN@S

Este traballo realizárono @s nen@s de 1ºB hai xa algúns días, e queren compartilo con tod@s porque os temas son moi interesantes: amor e comprensión,non discriminación,protección contra a crueldade...
Así o reflexan plasticamente Andrea,Carmen,Rakel,,Lucas,Alba,

Nerea(s),Iker,Tomás,Saúl,Manuel,
Sebas,Thalía,Lucía,Marta...














8/12/11

ACHÉGASE O NADAL


Escolma de recursos para traballar nas aulas: unidades didácticas, actividades en liña, manualidades, contos, modelos de cartas para enviar aos Reis Magos...

3/12/11

MEDRANDO SANS.VISITA A UNHA PANADERÍA.

O pasado día 8 de Novembro,@s nen@s de 5 anos do cole realizaron unha visita á panadería"PEDRO FERNÁNDEZ" de Hervés que está en Carral.
Alí puideron aprender como se fai o pan e participar na súa elaboración.


Nas aulas aprenderon moitas máis cousas sobre este alimento.
Froito desas aprendizaxes entre tod@s fixeron este libriño titulado:
"A HISTORIA DO PAN"

25/11/11

NINGÚN BIQUIÑO Á FORZA.

Hoxe no recreo estivo Laura léndolles un libriño @s nen@s de 2º.
Eles agradecéronllo da mellor maneira con UN MONTÓN DE BICOS!!! e ningún á forza.


24/11/11

DÍA DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O día 25 de novembro foi declarado pola ONU como Día Internacional da Non Violencia Contra a Muller.
No colexio traballamos na transmisión de valores, normas e actitudes que favorezan os

comportamentos de respecto cara os demais, o respecto pola igualdade e a dignidade de toda persoa.
Os nenos e nenas desenvolven determinados procesos de socialización e construción de valores sociais nos cales a coeducación xoga un
importante papel.

Nestes procesos vense implicados os distintos medios nos que transcorre a vida dos nen@s e as súas familias: barrio, escola, amizades,... contribuíndo todos eles á transmisión de modelos que deberán ser o máis equilibrados posible.


bibliotecas

BIBLIOTECAS ESCOLARES EN TRÁNSITO


Vídeo rodado en centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares de diferentes recunchos de Galicia, co gallo do Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito, celebrado en Compostela os días 10, 11 e 12 de novembro, organizado pola Consellería de Educación en colaboración co Ministerio de Educación.


As imaxes exemplifican a distribución de espazos nas novas bibliotecas, e algunhas das actividades que o alumnado realiza nelas día tras día.





Biibliotecas Escolares en Tránsito [GAL] from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

MEDRAMOS EN VALORES

Bulebule móstravos esta fermosísima curtametraxe onde a través dos ollos de Lalia podedes coñecer outras realidades,as d@s nen@s que viven nos campos de refuxiados en Arxelia ,que nos fan reflexionar sobre a solidariedade,a diversidade, interculturalidade...





Lalia from ASPA on Vimeo.

16/11/11

ACTIVIDADES.DEREITOS.




1.-Láminas con cada dereito para debuxar e colorear.Imprime e colorea.
Cada dereito, a súa ilustración (para colorear)




2.-Rayuela: Unha web sobre os dereitos.



3.-"Binta y la gran idea"
Ver este vídeo en
video.google.es
Cortametraxe que pertence á película "En el mundo a cada rato". Rodado en Senegal coa axuda de UNICEF.
Conduce ao espectador ó mundo de Binta, unha nena de sete anos que pon en marcha unha obra de teatro infantil para amosar o desexo de súa curmá de ir ó colexio..





DEREITOS DOS NENOS

O día 20 de Novembro de 1989, foi aprobada pola Asamblea das Nacións Unidas a Declaración sobre os Dereitos do Neno. Desde entón, nesta data, celébrase o “Día Universal da Infancia”.
No seguinte vídeo, atopamos unha versión na que se nos recorda que calquera menor é unha persoa con dereito a ser coidado, protexido e educado, independentemente do lugar no que nacese. Do mesmo xeito que é unha persoa con dereito a divertirse, ser feliz, aprender e expresarse con liberdade.




10/11/11

NOVIDADES:LIBROS E MÁIS LIBROS

BULEBULE ofrécevos dende a biblioteca novo material,novidades para desenrolar o proxecto deste curso.Aquí vos deixamos esta mostra clasificada por ciclos,están á vosa disposición. Animádevos e...a ler!!!























E PARA @S MÁIS PEQUECH@S...





2/11/11

O MAGOSTO






O día 11 de Novembro,día de San Martiño, imos celebrar unha das nosas festas mais populares que é O MAGOSTO.



Aquí vos deixamos un montón de actividades para que aprendades unha chea de cousas sobre esta festa:contos,poesías,refráns,receitas,cancións...clicade na imaxe .

28/10/11

SEMANA DO SAMAÍN.

Impresionante a participación na elaboración de cabazas na semana da celebración do SAMAÍN no noso cole.
NORABOA FAMILIAS!!!

Disfrutade tod@s desta fermosa presentación .

MOCHILAS VIAXEIRAS 2011-2012

Hai xa varios días comezaron a súa andaina polos vosos fogares as novas mochilas ,e non voltarán ata o mes de maio.
Esperamos que os materiais seleccionados sexan do voso agrado e que gocedes en familia destas lecturas compartidas.
Non vos esquezades de facer anotacións,debuxos ,suxestións...nos cadernos viaxeiros.
Bulebule pasará bos momentos coas vosas refexións.



20/10/11

SAMAÍN




Ofrecémosvos unha escolma de recursos sobre o SAMAÍN,recopilados pola rede, e montándose con eles un escritorio en netvibes.Esperamos que lle saquedes proveito.




19/10/11

MÁIS SAMAÍN:

Si premes na palabra adecuada podes pasar unha divertida tarde de terror.Crea as túas propias máscaras!!!

18/10/11

MEDRANDO EN VALORES

Documento elaborado polos nenos e as nenas de cinco anos.Normas mínimas de axuda a persoas con algun tipo de discapacidade.
Cos seus debuxos quérennos ensinar que hai que tratar ás persoas en función das súas características persoais.
Desexamos que vos guste o libro e disfrutedes coas ilustracións.







17/10/11

EQUIPO de COLABORADORES de BULEBULE



Dende hai xa unhas semanas está traballando con BULEBULE nos recreos da biblio o novo equipo .BENVID@S!



Grazas a Sindi pola súa colaboración na distancia.

16/10/11

PROXECTO DE BULEBULE PARA O CURSO 2011/2012

MEDRAMOS EN VALORES

Aquí estamos de novo coa ilusión dun curso por diante.

Seguimos xuntos coas boas lecturas que nos fan ir medrando, que nos axudan a coñecernos mellor, coñecer e respetar o noso planeta, ser máis solidarios, coidar da natureza...

En definitiva ler fainos mellores.


Quéremosvos facer partícipes dun novo proxecto que imos desenvolver este curso .

Fai clic na imaxe de BULEBULE e coñecerás o noso proxecto de


"MEDRAMOS EN VALORES"

10/10/11

CAMIÑANDO POLO OUTONO





Ainda que non o pareza,xa estamos no tempo do Samaín,tempo de pasar medo ,moito ,moito medo.Para superalo deixámosvos un enlace onde vos ofrecen un montón de actividades moi interesantes.












Podedes divertirvos debuxando a cabaza mais terrorífica que imaxinedes e imprimir e felicitar con ela a quen queirades.Entrade no enlace e...A CREAR!!!

9/10/11

LEMBRANDO A WANGARI

Wangari e as árbores da paz

Descubrimos a figura de Wangari no conto Wangari e as árbores da paz.
A keniata Wangari Maathai (1 de abril de 1990 - 25 de setembro de 2011) iniciou o seu Movimento do Cinturón Verde para evitar a deforestación que sufría a súa comunidade, plantar árbores e protexer a diversidade biolóxica. Xunto con outras mulleres conseguiu plantar máis de 30 millóns de árbores en África. Este desafío fixo que fose coñecida como a "muller árbore".

Foi a primeira muller africana en gañar o Premio Nóbel da Paz (2004).

13/9/11

BENVID@S E...A LER.


"Un libro ...



abierto es un cerebro que habla;cerrado, un amigo que espera;...destruido,un corazón que llora..."(proverbio hindú).

4/7/11

PANCHO E A SÚA MÁQUINA DE FACER CONTOS



Premendo na imaxe accédese a unha aplicación que permite crear historias cun máximo de 6 escenas, elixir os personaxes e engadir o texto. O resultado é un conto para ler online.

22/6/11

ENTREGA DE PREMIOS

Hoxe tivo lugar a entrega de premios do Concurso das LETRAS GALEGAS e a entrega de diplomas aos MÁIS LECTORES E AS MÁIS LECTORAS, na BIBLIO.

E os premiados e as premiadas son:




19/6/11

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

O venres 17, os nenos e as nenas de 3 anos tiveron moita sorte, pois recibiron a visita de Patricia González e Alex Fente, uns contacontos moi animados e divertidos, grazas a Ed. Kalandraka.
Eran contos con música, acompañados polo son do acordeón, a frauta de émbolo, e outros máis que Álex traía na súa maleta musical. Mesmo tiñan un megáfono coma o que utilizan os animadores de circo para chamar á xente cando comeza o espectáculo!
Nos deleitaron con:



Canto nos fixeron desfrutar!!



Unha pequena mostra da sesión de contacontos:



16/6/11

MAR DE.. COÑECEMENTO, AVENTURA, POESÍA.

O noso Proxecto Documental Integrado neste curso foi : "Somérxete con BULEBULE no mundo mariño".

E con BULEBULE traballamos o MAR DE COÑECEMENTO, o MAR DE AVENTURAS e o MAR DE POESÍA.

CREAMOS HISTORIAS, AVENTURAS, RIMAS...DE MAR







O MAR DE COÑECEMENTO E AVENTURAS





A BIBLIOTECA CURSO 2010/2011

Este curso a biblio estivo moi animada, grazas aos escritores e escritoras ,contacontos, papás, mamás e distintas asociacións .
E sobre todo grazas aos nenos e as nenas do Isaac Díaz Pardo que nos acompañaron en todas as nosas propostas.
Grazas por encher a biblioteca e darlle moita calor e vida!!

Aquí está un pequeno resume de todo o que fixemos este curso na biblio todos e todas.


ENCONTROS CON ESCRITOR@S







CONTACONTOS






COMPARTIMOS CONTOS


12/6/11

TEATRO INTERXENERACIONAL

O xoves, 2 de xuño, recibimos unha visita moi especial..



"Os nosos maiores" viñeron para mostrarnos unha vez máis o ben que actuan.


Nesta ocasión a obra que representaron foi : CÓNTAME UN CONTO.



Todos e todas desfrutamos .

MOITAS GRAZAS POLA VOSA ACTUACIÓN!!





6/6/11

ALADINO Y LA LÁMPARA ESPANTOSA

Os alumnos e alumnas de atención educativa de 6º B dirixidos por Carmen Baña, representaron a obra "Aladino y la lámpara espantosa" para os nenos e nenas de 3º,dentro da programación "ABRIL MES DO LIBRO".


Desfrutade coa súa representación.



1/6/11

A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBES GALEGAS

Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:
Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.
Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos? O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?.


Colectivo dos Equipos das Bibliotecas Escolares integradas no PLAMBE
(Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares Galegas

30/5/11

NORABOA AO CLUB BALONCESTO CULLEREDO

O pasado sábado 14, celebrouse na Sardiñeira o Torneo Intercomarcal de Minibasquet, no que o Club Baloncesto Culleredo se presentaba con dous equipos, un benxamín, como Campión da Liga Regular, e un equipo alevín, invitado pola organización do evento. O resultado non puido ser mellor: ambos os dous equipos proclamáronse campións en senllas categorías.






25/5/11

FORMACIÓN DE USUARIOS, PARA OS MÁIS PEQUES DO COLE

CHUVIA DE RIMAS

Fermosa chuvia de rimas, feita polos alumnos e alumnas de 4º B, na clase Lingua Castelá

16/5/11

QUE LIBRO SALVARÍAS TI?

Esta exposición xorde dun traballo colaborativo entre 96 bibliotecas escolares galegas e pretende ser unha chamada de atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o noso patrimonio cultural e escrito.

Tratábase de escoller un libro, escrito na nosa lingua, que cada centro salvaría da destrución, tentando emular a obra de Ray Bradbury, Farhrenheit 451
.
Con esta actividade preténdese difundir a idea de que é imposible destruir os libros e os valores que neles se transmiten se somos que de conseguir que formen parte de nós para sempre.

Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Infantil






Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Primaria




Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Secundaria.



Grazas a Jaime Eizaguirre Santillán, arquitecto e debuxante, que fixo para nós o deseño dos fermosos carteis, e a Mª Dolores e a Sabela que foron as encargadas de coordinar a parte conxunta da actividade.


Traballar xuntos multiplica resultados e é moi enriquecedor!!


Nos vindeiros días publicaremos o caderno de todos os salvados no Isaac Díaz Pardo.

15/5/11

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O venres día 13, celebramos no cole o día das Letras Galegas.
Todo o cole a partires das 11:30 estaba de festa.

En Educación Primaria fimemos unha "Xincana das Letras Galegas".

Unha das finalidades era pasalo ben e desfrutar todos e todas cunha actividade cultural e lúdica, tendo como protagonista a cultura galega en xeral.
E creo que o conseguimos
. Mirade que ben o pasamos todos e todas!!





En Educación Infantil fixeron seis xogos, pero menudos xogos!! había que estar en plena forma, e visto o resultado si que o estaban.
Aquí tendes algunhas fotos do seu percorrido polos xogos.





10/5/11

LETRAS GALEGAS 2011. LOIS PEREIRO

Lois Pereiro, o poeta de Monforte de Lemos, é este ano o homenaxeado no día das Letras Galegas.







Nos seguintes enlaces atoparedes máis datos sobre a súa vida e obras:




  • Biografía de Lois Pereiro feita polo equipo de Biblioteca de Castro.

7/5/11

A FEA DURMINTE

Os actores e as actrices de 5º A, representaron hai uns días “ A fea durminte” .
Os nenos e as nenas que tiveron a sorte de velos actuar foron os de 3 aniños e os de 1º de E. Primaria.

Aquí vos deixamos un vídeo da obra, para que toda a Comunidade Educativa poida disfrutar tamén da súa interpretación.

Os actores e as actrices:






A obra:




PARABÉNS A 5º A!!

5/5/11

MAR DE SENSACIONES

Seguimos recibindo traballos dos nosos alumnos e alumnas sobre o proxecto do mar.
Neste caso e dos nenos e das nenas de 6º A cun título moi suxerente:


"MAR DE SENSACIONES"



LER NA CASA

O Laboratotio de lectura da FGSR ven de publicar este documento.
A intención é a de animar, potenciar e orientar a lectura desde a familia Hoxe convidámosvos a mirar este vídeo e, se o credes convinte, a visitar a páxina da Fundación.


4/5/11

PLAMBE

Aquí vos deixamos un vídeo resume dos Encontros do Plan de mellora de Bibliotecas Escolares 2010/2011, que tiveron lugar en Santiago de Compostela os pasados 7 e 8 de abril, coa asistencia dos responsables das 374 bibliotecas integradas no proxecto no presente curso.
+ información e acceso aos materiais AQUÍ (entrar como convidado).





Encontros Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011 from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.






Para rematar estos encontros estivo con nós NEIRA VILAS, o autor de "Memorias dun neno labrego" que cumple este ano 50 anos da súa publicación.
Este entrañable escritor falounos das súas lembranzas entorno á lectura e as bibliotecas.
Gustaríanos compartir con tod@s a súa conferencia.

Xosé Neira Vilas:Libros e lectura na xente nova


3/5/11

LETRAS GALEGAS 2011

A Coordinadora Galega de ENDL pon á disposición da comunidade educativa unha páxina web que contén recursos didácticos para traballar no Día das Letras Galegas 2011.
Nesa páxina poñemos atopar un monográfico especial dedicado á figura e á obra de Lois Pereiro, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2011.





Premer na imaxe para acceder




2/5/11

NORABOA

BULEBULE e o CEIP ISAAC DÍAZ PARDO dámoslle a NORABOA AO CLUB BALONCESTO DE CULLEREDO polo seu título de liga benxamín.


ABRIL MES DO LIBRO

Seguimos na BIBLIO a celebrar o mes do libro: coa lectura e dramatización de contos por parte do alumnado maior aos máis pequenos.
Nesta ocasión foron os alumnos e alumnas de 5º A e 5º B os que quixeron compartir as súas lecturas cos nenos e nenas de 3 anos e 2º de E. P.
Os contos que lles contaron foron os de :

"A fea durmiente" 5ºB e " Que contan as ovellas para durmir?"5ºA












PARABÉNS A TODOS E A TODAS!!

27/4/11

CANCIÓN A BULEBULE

Hoxe tivemos un fermoso agasallo: A Biblioteca encheuse de música.

A mamá de Lorenzo Galina Bothnar ,mestra de acordeón na Escola de Música, e, o noso ex -compañeiro e mestre Ricardo Seixo agasalláronos cunha fermosa canción dedicada á mascota da BIBLIO “ A xoaniña BULEBULE”.

Queredes aprendela?







Todos os cursos cantamos con Galina e Ricardo.











BULEBULE E TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA QUERE DARLLES AS GRAZAS POR ESTA CANCIÓN TAN FERMOSA !!