BULEBULE VIAXA POLA REDE

25/4/12

SEGUIMOS MEDRANDO...EN CONCIENCIA ECOLÓXICA

Nesta última andadura do curso escolar Bulebule ofrécevos material para que sigades lendo e medrando en valores.
Lembrade que os deste trimestre están relacionados coa ecoloxía, sostenibilidade, reciclaxe...
Coma sempre, amosamos unha pequena escolma de libros que están na biblioteca, estes e moitos máis...







MES DOS LIBROS



 Seguimos camiñando polo mes de abril, case sen decatarnos, e seguimos celebrando  que estamos no mes dos libros. Bulebule pensa que somos moitos/as, máis dos que a xente imaxina, aos que nos gusta esa tolemia da lectura,.
Este vídeo explica bastante ben algúns momentos polos que pasamos os lectores. Nalgunha ocasión, posiblemente en máis de unha, nos temos visto a nós mesmos coas mesmas sensacións, metidos no libro, alleos ao mundo, querendo saber e ao mesmo tempo querendo que non se acabe...

24/4/12

ENCONTRO CON ALICIA BORRÁS

Nunha xornada tan relevante como a de onte,DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO,recibimos  a visita da escritora ALICIA BORRÁS SANJURJO para falarnos do seu libro "NATA Y CHOCOLATE".
Foi un encontro ameno e interesante.
Coñecemos máis a fondo tanto aos protagonistas da historia como á propia autora,que nos falou tamén das súas vivencias persoais e da súa faceta como actriz de dobraxe,mostrándose en todo momento moi cercana e cordial.
Adiantounos que está a escribir a continuación de "Nata y chocolate",polo que quedamos ansios@s por lelo e recibir de novo a súa visita.
MOITAS GRAZAS ALICIA!!!

23/4/12

DÍA DO LIBRO


A UNESCO recoñece o 23 de Abril coma o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO.
A elección deste e non doutro día débese ,á coincidencia,en datas,da morte de Miguel de Cervantes,Garcilaso de la Vega e Willian Shakespeare no ano 1616.

Esta data tivo e está a ter moita repercusión nos nosos días,sendo o máximo esponente a DIADA DE SAN JORDI,celebrada en Cataluña,onde homes e mulleres se intercambian unha rosa por un libro e viceversa.

Si,si,hoxe o libro está de festa.A mellor maneira de celebrala é coa lectura e tamén coa escoita dalgunha historia.Clica na imaxe e mérgullate nesta narración do libro LOLO ANDA EN BICICLETA.Recoñeces as voces?Tamén fixeron os debuxos.

16/4/12

Valentín Paz Andrade






Desde o Ceip Nosa Señora de Xuvencos propoñen unha webquest moi interesante para traballar en grupo a figura de PAZ ANDRADE.




13/4/12

LETRAS GALEGAS

Valentín Paz Andrade. Actividades


Xa están á nosa disposición os materiais e actividades que, coma cada curso, elabora o Seminario Galán co gallo do Día das Letras Galegas e o autor homenaxeado, este ano Valentín Paz Andrade.
Agradecemos este traballo polo que ten de profesional e magnífico e porque nos aforra moito esforzo.
Grazas.