31/3/11
A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS
O pasado luns tivemos a sorte de ter no noso centro a escritora Teresa González Costa. Autora de " A filla do ladrón de bicicletas".
Para seguir traballando e xogando co libro, a editorial Xerais facilita estos xogos interactivos:
XOGOS INTERACTIVOS EN WEB. "A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS (fai clic na imaxe)
MAMÁ CABRA EN CONCERTO
Ola, ola, la! é unha aposta musical .
A través das melodías do grupo infantil Mamá Cabra e coa axuda dun DVD-Karaoke, os nenos e nenas aprenderán a cantar as cancións coma se formasen parte da banda.
Polo medio, un sorprendente conto de Gloria Sánchez, ilustrado por Kristina Sabaite. A forza da música en directo completa unha aposta que leva a música como gozo delicioso por toda a casa, no coche... onde se queira!
Os temas son inéditos e para gravalos contaron cun coro dirixido por Ramón Bermejo e con colaboracións como a de Sèrgio Tannus (pandeiro brasileño e cavaquinho) e a de Gende Beat e as súas percusións vocais. Está publicado na Editorial galaxia.
O día 2 de abril farán a súa actuación ás 12,30 e ás 18,00 horas no Forum Metropolitano da Coruña. A entrada é gratuíta. O sábado día 9 de abril, organizaranse catro obradoiros dirixidos aos adultos que queiran coñecer novas propostas para seguir cantando, xogando e gozando coa música de Mama Cabra. As persoas que participen nos obradoiros recibirán de agasallo un exemplar de Ola, ola, la! Con CD e DVD.

29/3/11
ABRIL, MES DOS LIBROS
Se acerca o mes de abril, un mes que nos trae dúas conmemoracións importantes arredor do libro e da lectura.
O día 2 celebraremos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, promovido polo IBBY (International Board on Books for young people), co que quere por de relevancia a figura do escritor danés Hans Christian Andersen e fomentar a lectura entre os nenos e nenas.
Cada ano un país membro de dita Organización Internacional encárgase de seleccionar a un escritor e a un ilustrador para realizar a mensaxe e o cartel que se dirixe a todos os nenos do mundo. Este ano correspóndelle a Estonia, que enviou o cartel de Jüri Mildeberg e a mensaxe de Aino Pervik.
Grazas á OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) e á sección galega, GALIX, podemos acceder ao tríptico que presenta o texto de Aino Pervik nas catro linguas do Estado, e disfrutalo en galego.

Durante este mes de abril, teremos contacontos, encontros con escritores...
PROGRAMACIÓN MES DO LIBRO
SESIÓN DE CONTACONTOS CON MARIO TOMÁS
Hoxe recibimos no colexio a visita de Mario Tomás, que, en compañia do "Avó Pato" e do pequeno teatro de monicreques, contounos fantásticos contos.
Participaron na actividade os alumnos e alumnas de Educación Infantil grazas ao Consorcio Editorial.
Mario andaba medio "desmemoriado", así que todos lle tivemos que axudar a contar os contos: o do verme que era quen de asustar aos animais máis fortes e feroces da selva; o da princesa que quería ao seu pai como a comida ao sal.
GRAZAS MARIO E VOLVE PRONTO POLO COLEXIO CON MÁIS CONTO!!

Grazas por este rato tan estupendo.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes e un video do teatro de monicreques.
GRAZAS MARIO E VOLVE PRONTO POLO COLEXIO CON MÁIS CONTO!!
27/3/11
MARCOS S. CALVEIRO PREMIADO COA DISTINCIÓN "WHITE RAVEN"
Marcos S. Calveiro estivo o 15 de febreiro na nosa biblioteca co alumnado de 4º e 5º de primaria e nos encandilou a tod@s. E agora acabamos de enterarnos de que Marcos S. Calveiro ven de ser galardonado polo seu libro en galego, "O pintor do sombreiro de malvas" coa distinción "White Raven", a de maior prestixio en Literatura Infantil e Xuvenil.
Outro libro en galego que mereceu tamén a distinción foi o de"Contos para nenos que dormen deseguida" de Carlos López e David Pintor, coñecidos como Pinto & Chinto.
Dende o Isaac Díaz Pardo
HOLLYWOOD CO ALUMNADO DE 6º B!!
O COFRE MÁXICO
Dentro do proxecto de escritura Polgariño conta, o alumnado de 6º B fixo a súa primeira historia dixital, transformando toda a clase o conto “ O cofre máxico” inventado e escrito por Alejandro.
Dende logo chicos que é para estar orgullosos do voso traballo e dende logo felicitar tamén ao seu director Ismail!!
De aquí a Hollywood !!
26/3/11
BULEBULE BUSCA!!... AVENTURAS DE MAR
Contos dos alumnos e alumnas de 6º A para o concurso.
Estes son os últimos contos do concurso.
GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!
BULEBULE BUSCA!!... AVENTURAS DE MAR
"UN TESOURO PARA TODOS E TODAS "
O venres os alumnos e alumnas de 5 anos A chamaron a porta de BULEBULE e deixáronlle este fermosísimo conto para o concurso.
O venres os alumnos e alumnas de 5 anos A chamaron a porta de BULEBULE e deixáronlle este fermosísimo conto para o concurso.
More PowerPoint presentations from hermes
ENTREGA DE DIPLOMAS
O venres, día 25, tivo lugar a entrega de diplomas aos nenos e as nenas que resultaron finalistas e premiados no Concurso de carautas de Entroido.
A entrega correu a cargo do noso director Julio Labandeira e da nosa xefa de estudos Fina Moscoso.
PARABÉNS A TODOS E A TODAS!!
E MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR
ACTIVAMENTE NO COLE!!
25/3/11
BULEBULE BUSCA!!... AVENTURAS DE MAR
Os nenos e as nenas de 3 anos B inventaron unha historia acerca do que lle aconteceu a un pirata que navegaba polos sete mares.
GUSTÓUNOS MOITO !!
24/3/11
TERESA GONZÁLEZ COSTA NA BIBLIOTECA
UN DÍA CON....
Teresa González Costa
OBRADOIRO LITERARIO
O pasado luns 21 de marzo os alumnos e alumnas de terceiro ciclo de primaria tivemos a sorte de participar nun Obradoiro Literario coa escritora Teresa González Costa. É a autora de “ A filla do ladrón de bicicletas”, un libro que nos trouxeron os Reis Magos e que todos limos .

Teresa González Costa nace no Grove, pero actualmente vive en Vigo. Licenciada en Filoloxía Inglesa e Italiana. Realizou en paralelo unha formación teatral, tanto en Galicia como en Italia e Francia, como actriz en diversas compañías, talleres de teatro, danza e voz. Como docente, impartíu cursos de teatro en centros de ensino, creando varias obras. Viviu dous anos e medio en Xenebra, onde realizou guións para un programa radiofónico, na sección teatro, e asistiu a cursos de dramaturxia baseados na obra de Jean-Luc Lagarce. Nesa cidade participou nunha produción da Comédie de Genève, logo dun taller anual. É autora de pezas de teatro publicadas en Fervenza e Laiovento. Despois de ser mención especial no certame Barriga Verde 2004, e finalista no Rafael Dieste 2005, acadou no 2008 o XVII Premio Álvaro Cunqueiro con Sempre quixen bailar un tango (Xerais 2009) e o III Premio Manuel María de literatura dramática infantil con Pingueiras e tarteiras (Xerais 2009). En 2010 obtén o XXV Premio Merlín de Literatura Infantil con A filla do ladrón de bicicletas (Xerais 2010).
A historia protagonízaa Serafina. É a filla dun ladrón de bicicletas, vive coa súa tía, dona Perfecta, nunha vila mariñeira. A súa máxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta coa que consegue abraiar, e cara a iso van enfocados todos os seus esforzos, aos que non serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades que lle ocasionan a panda de Martiño o Bravo.
Gañou o XXVª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil .A filla do ladrón de bicicletas foi ilustrada por Jacobo Fernández, que é un ilustrador que coñecemos o curso pasado.
Estivemos encantados, xa que nos aclarou dúbidas que nos xurdiron despois de ler o libro, dúbidas como que pasou coas personaxes, como naceu a historia, onde se situaba o relato…etc
Entendemos o que significaba para ela a bicicleta, a importancia que tiña, que tamén a ten agora para nós.
Esperamos repetir a experiencia. Grazas Teresa!!!!
Os alumnos e alumnas do 3º ciclo de Educación Primaria.
OBRADOIRO LITERARIO
23/3/11
BULEBULE BUSCA!!.. AVENTURAS DE MAR
Seguimos recibindo traballos para o concurso de aventuras de mar.
Os alumnos e as alumnas de 1º A escribiron e debuxaron este fermoso conto dunha estreliña.
Os alumnos e as alumnas de 1º A escribiron e debuxaron este fermoso conto dunha estreliña.
Que fermoso!! verdade?
Non sei que pensades , pero o certo é que BULEBULE ten moito traballo para elexir os mellores.
BULEBULE BUSCA...!! AVENTURAS DE MAR
Os nenos e as nenas de 3 anos A fixeron unha
bonita historia sobre unha princesa e un pirata.
NORABOA!!
22/3/11
CONCURSO DE CARAUTAS DE ENTROIDO
Xa temos as carautas finalistas e as premiadas.
NORABOA !!
Finalistas:
Premiadas:
CELEBRAMOS O DÍA DA ÁRBORE E O DÍA DA AUGA
O Día Internacional da auga lévase a cabo anualmente o 22 de Marzo como un medio para chamar a atención sobre a importancia da auga doce e de abogar por unha Xestión Sostible dos recursos da mesma.
Nós dende o noso pequeno recuncho, seguro que tamén podemos facer algo para mellorar a calidade da auga, facer un consumo responsable, axudar ao seu aforro, ...
Nós dende o noso pequeno recuncho, seguro que tamén podemos facer algo para mellorar a calidade da auga, facer un consumo responsable, axudar ao seu aforro, ...
E o 21 de marzo celébrase o Día da árbore coa intención de impulsar a protección e coidado dos nosos bosques.
20/3/11
DÍA DA POESÍA
O luns 21 de marzo celebramos a chegada da Primavera e o Día da Poesía.
Hoxe invitámosvos a disfrutar desta poesía.
Mírase no espello,
con todas as cores
unha bolboreta
que viviu nas flores.
Mírase fermosa
Mírase belida tan chusca tan leve tan chea de vida.
Sobe e baixa e sobe
diante do espello.
El está ben canso
e séntese vello.
E séntese triste ao vela voar. Linda bolboreta, non te mires máis.
Antonio García Teijeiro
Bolboretas no papel

FALANDO DE POESÍA
Preséntovos unha novidade editorial de xerais en relación coa poesía:
O MEU GATO É UN POETA. Fran Alonso.
O meu gato é un poeta é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras. Está ideado coma se fose un xogo ou un obradoiro. O meu gato é un poeta bota man da fusión de xéneros literarios a través da reflexión, da poesía visual, dos xogos de palabras, da interacción, dos caligramas, da narración, da música, das novas tecnoloxías para conseguir unha proposta poética fresca e divertida.
O libro vai acompañado dun CD que enriquece o texto grazas á mestura de distintas artes e amplia ante os lectores a súa visión da poesía, permitíndolles abordar novas dimensións e agrandando a súa percepción sensorial.
A música das seis cancións do CD é de Xurxo Souto. O meu gato é un poeta conta tamén con web propia http://www.gatopoeta.net/.
Nesta páxina o lector poderá atopar máis poemas, información sobre o libro e o disco, xogos, mp3 coa voz do autor recitando, cuestionarios con respostas…
Recomendado a partir de 8 anos.

19/3/11
TIMOTEO Y PELADILLO.
Unha historia de amizade nun entorno mariño,onde por unha vez "o home é o mellor amigo do can". Narrado e ilustrado polos nenos e nenas de 4º B.
17/3/11
VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA
O xoves 17 de marzo os nenos e as nenas de 1º visitamos o museo de Belas Artes.
Aprendemos un montón!!
Encautounos!!
15/3/11
HISTORIA DUN LIBRO ESQUECIDO
Dende o IES FONTEM ALBEI da Fonsagrada, chéganos este "Lipdub" sobre a Biblioteca Escolar.
É a historia dun libro esquecido que tras percorrer o centro volve ao seu lugar a Bilioteca.
Nela participa toda a comunidade educativa con moito traballo e con moito humor.
A nós gustounos moito e compartimolo con todos vos.

14/3/11
VIOLETA MONREAL NA BIBLIOTECA COS NENOS E COAS NENAS DE 1º E 2º DE PRIMARIA
Hoxe, VIOLETA MONREAL, escritora e ilustradora visitou o noso centro
para agasallarnos coa súa presenza , coas súas ilustracións e coas súas palabras; grazas a Ed. Anaya.
Na WEB ENCONTROS CON ...pódese atopar máis información da escritora e ilustradora é a súa visita ao noso centro.
para agasallarnos coa súa presenza , coas súas ilustracións e coas súas palabras; grazas a Ed. Anaya.
O acto resultou moi interesante, enseguida se fixo coa atención de todos os nenos e nenas.
Ao remate asinou nos seus libros e no libro de visitas da biblioteca elaborando unhas estupendas ilustracións.
Aquí vos deixamos algunhas das imaxes dos actos e uns pequenos vídeos , para que poidades disfrutar con VIOLETA MONREAL.
Esta foi unha das dedicatorias de Violeta Monreal no noso libro de visitas.
MOITAS GRAZAS POLA TÚA VISITA VIOLETA!!Na WEB ENCONTROS CON ...pódese atopar máis información da escritora e ilustradora é a súa visita ao noso centro.
11/3/11
CONTOQOALINGUA OBRADOIRO DE PLÁSTICA MUSICAL
Hoxe, venres día 11 os nenos e as nenas de 1º de Ed. Primaria asistimos a un obradoiro de plástica musical, grazas a Deputación da Coruña en colaboración con OQO editora.
A música, a través das cancións, aloumiña os oídos, pero tamén conta historias de países.
Os alumnos e as alumnas de 1º viaxaron ao pais das apertas, e convertéronse en principiantes de bruxos. Para que?
Pois para facer un conxuro e conseguir así a aperta máis longa da Coruña.
O pasaron xenial facendo os conxuros e elaborando a aperta!!

Xa son bruxos e bruxas de verdade!! nada de principiantes!!
CONTOQOALINGUA OBRADOIRO DE ESCRITA, PLÁSTICA E AUDIOVISUAL.
Hoxe os alumnos e as alumnas de 5º A e 5º B asistiron na Biblioteca do cole a un obradoiro de escrita, plástica e audiovisual grazas a Deputación da Coruña en colaboración con OQO editora.
Son moitas as palabras que compoñen unha lingua.
Unhas poden resultar moi agradables: agasallo, calor, papoula...
outras son capaces de facernos voar: papaventos, anduriña...
algunhas prodúcennos cóxegas: brinquedo, chuchamel...
e outras nos poden encher de preocupación: soidade, guerra...
E que podo facer eu?
proponnos xogar con todas elas, trasladando o seu uso ao mundo da escrita, do audiovisual ou da creación plástica.

E xogaron de verdade coas palabras!!
E como agasallo un libro!! que sorte!!
E como agasallo un libro!! que sorte!!
10/3/11
O PIRATA METEPATA
Os nenos e as nenas de 4º estiveron aprendendo cousas sobre os piratas, pois no Entroido foron disfrazados “de piratas das Antillas”.
Logo recordáronse do famoso “PIRATA METEPATA” e decidiron facer unha presentación dixital co conto, para compartir con todos vos e seguir practicando.
As ilustracións son deles, e a narración de María e Meri. Xa son uns expertos e unhas expertas .
NORABOA!!
Logo recordáronse do famoso “PIRATA METEPATA” e decidiron facer unha presentación dixital co conto, para compartir con todos vos e seguir practicando.
As ilustracións son deles, e a narración de María e Meri. Xa son uns expertos e unhas expertas .
NORABOA!!
O PIRATA METEPATA
More PowerPoint presentations from hermes
NORABOA A DIEGO DE 5º A E ANTÍA DE 6ºA!!
9/3/11
OBRADOIRO SOBRE LUIS SEOANE
O mércores día 2 de marzo os alumnos e alumnas de 5º de E.P. asistimos a un obradoiro dun grande artista galego: Seoane. Escritor, debuxante, ceramista, pintor… e avogado.
Aprendimos como aparece na súa pintura e nos seus debuxos as súas vivencias persoais, e máis concretamente como reflicte a sociedade galega da época: a emigración, o rural galego, o mar…
Descubrimos un xeito de pintar moi particular e personal, agora somos capaces de recoñecer un Seoane entre outros cadros.
Descubrimos un xeito de pintar moi particular e personal, agora somos capaces de recoñecer un Seoane entre outros cadros.
4/3/11
2/3/11
BULEBULE BUSCA...!!
CONCURSO DE CONTOS DE AVENTURAS DE MAR
BULEBULE está moi contenta. Sabedes por que?
Pois, porque temos grandes escritores e grandes escritoras no COLE.E vaino ter moi difícil para seleccionar os contos de aventuras de MAR gañadores.
Mentres o decide, déixanos algúns dos contos que lle chegaron.
NORABOA A TODOS E A TODAS E GRAZAS POR PARTICIPAR!!
Claudia 1º A: "PIPO"
Diego F. 2º A: "Historias no mar"
1/3/11
O PESCADOR E A SÚA MULLER
O pescador e a súa muller lembraban a xenerosidade do peixiño cantando sempre unha canción...ti podes aprendela ...descúbrea,practica a súa melodía , ven á biblioteca e cántalla a Bulebule .
Recibiras un bonito agasallo!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)