BULEBULE VIAXA POLA REDE

24/10/12

25-N Día contra a violencia de xénero


MOCHILAS VIAXEIRAS EN INFANTIL


Este curso comezaron tamén a súa viaxe as mochilas viaxeiras  dos lectores e lectoras de 5º e 6º de Educación Infantil.
Boa viaxe  !!






MÁIS LIBROS PARA A BIBLIOTECA


23/10/12

24 de OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA

Biblioteca escolaracelerador de innovación


As bibliotecas escolares galegas viviron importantes transformacións nos últimos anos, grazas ao esforzo conxunto de comunidades educativas e administración, nunha tarefa que ten como finalidade ofrecer máis e mellores instrumentos ao alumnado para a súa formación académica e persoal. Estas transformacións non foron só físicas (moito profesorado afirma que a biblioteca é o espazo máis fermoso do seu centro); o cambio máis importante é o que se produce no centro educativo cando a biblioteca se activa, porque arredor das súas propostas e dos seus recursos, da actividade que xenera e os apoios que presta, botan a andar (ou cobran forza, asentándose) dinámicas de traballo diferente, prácticas pedagóxicas máis activas, propostas máis colaborativas, proxectos ilusionantes que axudan a construír coñecemento e a construír comunidade tamén. As bibliotecas, ao renovarse e activarse, confírmanse como aceleradores de innovación, de innovación educativa.
Con este lema, Biblioteca escolar, acelerador de innovación, preséntase o cartel que neste curso 2012/2013 editou a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración do mes da biblioteca escolar (outubro) e do Día da Biblioteca (24 de outubro) . Nesta ocasión, a ilustración correspondeu ao creador galego Andrés Meixide,  que vén sumarse así aos ilustradores que teñen colaborado con esta consellería no obxectivo de difundir as posibilidades da biblioteca escolar (Manuel Mariño/2008Miguelanxo Prado/2009Marina Seoane/2010Emma Ríos/2011)





20/10/12

NOVAS ADQUISICIÓNS NA BIBLIOTECA




Bulebule recibiu libros novos. Hainos para infantil e primaria. Estánvos agardando para que os poidades ver, ler e en definitiva, desfrutar con eles.








          

           
 
      
 


18/10/12

AS MOCHILAS COMEZAN A SÚA VIAXE


Un ano máis, as mochilas viaxeiras inician a súa traxectoria polas casas de todas as familias dos nosos alumnos e alumnas para que poidades compartir as lecturas, intercambiar opinións, expresar emocións...

Agardamos que sexan do voso agrado. 
Non esquezades facer anotacións, debuxos, suxestións... no Diario da Mochila.
Mochilas viaxeiras....  BOA VIAXE!!!!

Música e letra do video:

Canción das tres cucharas. Luís Pimentel- Musicado por Abe Rábade

Tac, tac, tac
cuchara de pau
cunca de madeira
o meu neno
está na lareira.

Tin, tin, tin
cuchara de prata
cunca do pazo
o meu neno
está no regazo.

Ton, ton, ton
cuchara de ouro
cunca de cristal
o meu neno
é príncipe real.

Pimentel, Luís (1989) Poesía galega (Vigo: Edicións Xerais)


6/10/12

50 anos da edición de Love me do de The Beatles

50 años de la edición de Love me do de The Beatles.Parece mentira, pero hai xa medio século que os Beatles empezaron a cambiar a música e de aí en diante, incontables a cantidade de grupos que admiten entre as súas influencias a este enorme grupo. A súa  evolución cos anos foi increíble para acabar a década dos 60 sentando cátedra con obras mestras totais.  Desfrutade deLove me do.

5/10/12

5 de outubro: DÍA DO MESTRE

No mundo enteiro, a educación de calidade ofrece a esperanza e a promesa de mellorar as condicións de vida.
Queremos facer a nosa pequena homenaxe a todos e todas os que exercemos a función docente a través deste poema de Gabriel Celaya:


EDUCAR…

Educar es lo mismo
que poner motor a una barca…
hay que medir, pesar, equilibrar…
… y poner todo en marcha.
Para eso,
uno tiene que llevar en el alma
un poco de marino…
un poco de pirata…
un poco de poeta…
y un kilo y medio de paciencia
concentrada.
 
Pero es consolador soñar
mientras uno trabaja,
que ese barco, ese niño
irá muy lejos por el agua.
Soñar que ese navío
llevará nuestra carga de palabras
hacia puertos distantes,
hacia islas lejanas.
 
Soñar que cuando un día
esté durmiendo nuestra propia barca,
en barcos nuevos seguirá
nuestra bandera
enarbolada.
(Gabriel Celaya)

                               

                               O 5 de outubro a Internacional da Educación e as súas organizacións afiliadas mobilízanse para que a voz do profesorado sexa oída no mundo enteiro.

A 
UNESCO instaurou o 5 de outubro como Día Mundial das e os Docentes en 1994 para conmemorar a firma da RecomendaciónOIT/UNESCO relativa á situación do persoal docente de 1966 (pdf116 kb). O Día Mundial dos Docentes tamén pon de relevo a Recomendación sobre a condición do persoal docente do ensino superior de 1997 .

Segundo a 
UNESCO, o Día Mundial dos Docentes representa un signo significativo da concienciación, a comprensión e o aprecio despregados ante a contribución vital dos profesores en prol da educación e do desenvolvemento. A Internacional da Educación cre firmemente que este Día dos Docentes debería internacionalmente ser recoñecido e celebrado en todo o mundo. A IE tamén considera que, nesta data aniversario, os principios das Recomendacións de 1966 e 1997 deberían ser considerados para a súa aplicación en todos os países.

Máis de 100 países celebran o Día Mundial dos Docentes. Os esforzos da Internacional da Educación e das súas 348 organizacións membro contribuíron a este amplo recoñecemento.
                     Cada ano a Internacional da Educacion leva a cabo unha campaña de concienciación para destacar as aportacións da profesión docente.

Dedicado a todos os mestres, docentes ou guías comprometidos coa educación dos seus alumnos e alumnas. Aqueles que loitan día a día por unha mellor sociedade.
                                                     Feliz día!!!