No día do seu pasamento BULEBULE rende homenaxe a Xosé Neira Vilas. Non foi só unha testemuña privilexiada da
historia de Galicia senón tamén un construtor da máis fermosa
historia que nos constituiu aos galegos e galegas.
Puxo as pedras baselares para a construción dunha literatura galega e en galego, e traballou sempre para que os nenos e nenas tivesen unha educación en galego.
DESTA TERRA
Auga, pedra, sol e vento,
aquí a ledicia é tanta
que todo rebule e canta
e o Ulla vaise contento.
Teño nesta terra asento
e un sentimento profundo,
un amor vivo e rotundo
polo val onde nacín,
levo a Gres dentro de min,
son deste anaco do mundo.
aquí a ledicia é tanta
que todo rebule e canta
e o Ulla vaise contento.
Teño nesta terra asento
e un sentimento profundo,
un amor vivo e rotundo
polo val onde nacín,
levo a Gres dentro de min,
son deste anaco do mundo.
GRAZAS POR TODO E ATA
SEMPRE!!!