Deixamosvos un listado de propostas de lectura para estas datas!!
21/12/23
5/12/23
Carreira ENKI
Hoxe 5 de decembro celebramos no cole, ao igual que o ano pasado, a Carreira ENKI.
Proxecto ENKI
Gracias por participar.
Contacontos en inglés
O venres 1 de decembro, pola tarde, e da man da ANPA Cacabelos, tivo lugar na nosa biblioteca un contacontos en Inglés.
Visita da escritora Laura López Chas
O venres 1 de decembro recibimos na biblioteca a autora Laura López Chas co seu conto As Cores da Sabana para os nosos alumnos de 1º e 2º, relacionándoo xa co Día Internacional das persoas con Discapacidade (3 de decembro).
25 N Día Internacional contra a Violencia de xénero
O venres 24 de novembro conmemoramos esta data traballando o movemento:
#NoMoreMatildas
5/11/23
Actividades concello Culleredo
Deixamos información da próxima actividade que propón a Biblioteca de Culleredo. .
![]() |
O venres 10 de novembro a Biblitoeca Cardeso Liñares de Vilaboa acollerá un obradoiro creativo de instrumentos musicais, de 17:00 a 18:00 horas.
Está pensado para miúdos e miúdas de 7 anos en diante, e as reservas poderanse facer na mesma semana da actividade no 981 65 00 77.
Animádevos a participar!!
Samaín no Isaac Díaz Pardo
👻Samaín 💀
30/10/23
Contacontos e obradoiro A Pantasma colorida
Hoxe tivemos visita na Biblio!!. Primeiro un contacontos con Gema, a escritora, e Rocío, a ilustradora, coa súa obra A pantasma colorida. Logo cada neno creou a súa pantasma colorida 👻
23/10/23
Biblioteca González Garcés
É de balde.
11/10/23
3/10/23
Inauguración da biblioteca
Hoxe Bulebule davos a benvida a biblioteca. Vir e deixade volar a vosa imaxinación con grandes
historias!!!!
25/9/23
Benvidos
Benvidos e benvidas ao curso 23-24. Este ano o noso Proxecto Documental Integrado será:
“Os inventos”. Entre todos e ao longo do curso iremos investigando e compartindo diversa
información sobre os inventos que vós mesmos escollestedes nas aulas.
Feliz curso!! E a ler
20/6/23
1/6/23
Premios concurso letras galegas
Entregámolos premios do concurso de narrativa, banda deseñada e poesía das letras galegas.
Noraboa a todos.
15/5/23
Andrea Maceiras
Tivemos o placer de poder disfrutar de Andrea Maceiras , esta vez cos rapaces de 5º que leron o libro Alma de Elefante. Volve cando queiras!!
8/5/23
Celebración do día do libro
O pasado 28 de abril fixemos o intercambio de libros no que o noso alumnado puido levar para casa un, dous ou tres libros segundo os que trouxeran. Foi unha xornada moi amena.
27/4/23
Bibliotecas de Culleredo en Maio
Xa saiu a oferta de actividades nas bibliotecas de Culleredo en Maio. Estade ben atentos porque hai propostas para todos os públicos e ben interesantes.
Andrea Maceiras
Os nenos de sexto leron e traballaron o libro "A folla azul", da gran
Andrea Maceiras.
Tivemos a sorte de que puidese asistir ao noso centro e compartir tempo con ela.
Os nenos desfrutaron moito da súa visita.
Apadriñamento lector
Hoxe puidemos gozar dunha lectura compartida co gallo de celebrar a Semana do Libro.
Os alumnos de terceiro, cuarto, quinto e sexto apadriñaron aos alumnado e Infantil, primeiro e segundo. Isto significa que foron os encargados de contarlles o libro escollido e así desfrutar da lectura entre os dous.
Gozaron la lectura, das instalacións do centro e ademais compartiron tempo con outros nenos doutras clases. O resultado foi estupendo.
Aquí vos ensinamos unhas fotos que dan mostra delo.
20/4/23
Érika Esmorís
Tivemos moita sorte de poder disfrutar dunha gran escritora. Os rapaces e rapazas de terceiro leron " Patio de luces" e disfrutaron da autora.
18/4/23
24/3/23
Xogos na Biblio- ADIVINA QUE?
Imos subir unha serie de vídeos explicativos onde usuarios da biblioteca van dar a coñecer os xogos dos que se pode disfrutar na biblio.
Neste vídeo explicarase cal é o xogo e como se xoga.
Comezamos con ADIVINA QUE! GUESS WHAT!