BULEBULE VIAXA POLA REDE

27/3/20

27 de marzo- Día Internacional do Teatro



Hoxe celébrase o Día Internacional do Teatro, e hoxe máis que nunca temos moitas opcións de disfrutar deste xénero dende a casa. Aquí van algunhas propostas:





Caramuxo Teatro comparte a súa obra Na casa para o público infantil, con música e cancións.



Los Titiriteros de Binéfar colgan dende a súa canle de Youtube contos con títeres a diario.



Urdime videos ofrécenos tamén a través de Youtube, moito material audiovisual en galego.

Entre ese material, temos varias obras de teatro.

Rubicundo de Teatro Ghazafelhos
15 primaveras de Mamá Cabra.

Sons miúdios- Cantos e contos dende o poleiro


Estudio 1, ofrece un espacio onde poder disfrutar de obras teatrais actuais e modernas emitidas neste canal.



Teatros canal ofrecerá dende hoxe as 18:00 pezas de teatro feitas dende a casa colgadas no seu Facebook.



Nesta canle de Youtube tedes unha recopilación de Obras de Teatro en español para o público adulto.

Contacontos dende o Isaac

Agora vos recomendamos unha contacontos ben cercana. A nosa mestra de AL Esther animouse a compartir no seu blog contos narrados por ela, ademáis de moitas outras actividades interesantes que vos poden dar ideas para facer nestes tempos.

Aquí vos deixamos o enlace!!



Disfrutádeo en familia e facédenolo saber polos comentarios!! 

24/3/20

21 de marzo, Día da poesía

O 21 de marzo conmemórase o Día Internacional da poesía, este ano esta situación tan especial que estamos vivindo fixo que a actividade que estaba programada para levar a cabo no centro non se puidese facer. Por iso, vos propoñemos outra diferente na que sí podemos participar todos dende as nosas casas.

Creamos un espacio web: Coapoesiaenredoeu onde queremos posibilitar que os nenos que queiran poidan participar no concurso "Un poema na túa voz" que a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) convoca coa ocasión do Día Internacional do Libro Infantil.



A idea é que cada neno escolla un poema escrito en galego, procurando non repetirse, e prepare o seu recitado.

O máis importante e gravar o audio do recitado en formato .mp3.

Este audio enviarase ao correo bulebule@ceipidp.net xunto cun documento que recolla:

- Autor/a do poema
- Texto do poema
- Nome de quen o recita
- Unha imaxe para ilustar o poema, pode ser un debuxo feito polo alumno, unha foto... pero que teña boa calidade.

A maiores, quen queira participar no concurso de GÁLIX ten que enviar nese correo a autorización que está neste enlace.

Os audios recibidos colgaránse no blog, aquí vos deixamos algún exemplo, que fixeron os mestres o
poema de Xoanca e o poema de Patricia.

Animádevos a participar e encher a rede coas vosas voces, deste xeito poderémonos escoitar na distancia!

Máis contos sobre o coronavirus

Seguindo coa temática e co obxectivo de que os nenos comprendan mellor o que está sucedendo, achegámosvos varios contos que circulan polas redes.

Covibook

Se clicades na foto lévavos directamente ao pdf do conto.  A autora María Molina comparte este libro corto para que os nenos de entre 2 e 7 anos poidan entender o virus COVID- 19 e acompañalos no seu mundo emocional.

O nome do conto enlázavos coa páxina onde está colgada toda a información e ademais o conto en distintos idiomas.


Misión quedarse en casa


Esta outra opción é un libro coloreable que tedes dispoñible tamén en varios idiomas na web.

Dalmaus, o seu autor, ofrécenos un conto en viñetas para colorear que axuda a entender aos máis pequenos a importancia de quedarse na casa. Clicando na imaxe lévavos ao conto en galego, e se queredes visitar a súa web o enlace está no título do libro.



Las manos de José


Las manos de José é un conto de aprendices visuales, que nos explica con pictogrmas como debemos lavar as mans. Na súa páxina web, enlazada no título, tedes máis información e incluso unha aplicación gratuíta para descargar. 



Bailaremos bajo una estrella

Este conto rimado danos información sobre o COVID- 19, pero tamén transmite unha mensaxe esperanzadora sobre o valor da vida.



Coronavirus no es un príncipe ( ni una princesa)

Aquí vos deixamos un enlace a un conto escrito para explicarlle aos máis pequenos quen é ese coronavirus e toda esta situación que nos rodea.

Escrito pola periodista María Coco e con ilustracións de Sara Ramírez.


20/3/20

Contacontos na cuarentena

Nestes tempos de estar na casa, hai moita xente que está a compartir nas redes milleiros de contos para ver e disfrutar.  Bulebule deixavos aquí unha serie de enlaces para que poidamos seguir desfrutando da lectura dende a nosa casa!

Queda menos para poder volver a vernos pola biblio.

- Contos con títeres. Nesta conta de Youtube colgan un novo vídeo cada día, ademais teñen moitos máis.

- Contacontos diario dunha mamá contadora de contos.


- Sonia Hermida tamén se anima a contar un conto a diario , en O mundo ao revés. Aquí temos opcións tamén en galego


- O Colectivo NOGA tamén se une a este reto con publicacións diarias de narracións de contos e ademais PARA DIFERENTES IDADES!!! E en galego


Urdime videos está a colgar na súa conta de Youtube diferentes obras de teatro ou concertos moi interesantes, para pasar un bo rato dende a casa. Tendes opcións de Mamá Cabra, Magín Blanco.. 


- Unha mestra que vai colgando vídeos contando contos na súa canle de Facebook.

- A canle da editorial Kalandraka tamén ten unha boa colección de contos.

- A editorial OQO ten tamén moitos dos seus contos en videoclips.


11/3/20

Programación infantil das bibliotecas do concello


Deixovos aquí a programación para o mes de marzo das bibliotecas do noso concello, Actividades gratuitas, nas bibliotecas do Burgo e Vilaboa!

A desfrutar da lectura!

Visitas de autores


Marzo tamén estivo cargado de encontros:

O día 5 veu Chinto a visitar aos nenos de terceiro, veu compartir un anaco con eles e falar sobre o seu libro: "Cambiache o conto" un libro realmente recomendado tanto para ler e como para traballar na aula. Aquí vos deixo a súa adicatoria:

 


 Para animar aos nenos de Infantil na lectura veu ao centro O mouro Moure e coa súa guitarra fixo que todos estivesen moi atentos as súas historias ao mesmo tempo que aprenderon moitas cousas sobre os árbores que nos arrodean.


Os nenos de primeiro e segundo tiveron a sorte de poder coñecer a Fina Casalderrey, os nenos de segundo prepararon a lectura de Quen me quere adoptar?, e os nenos de primeiro leron  E ti, que farías por min? e a Furgoneta branda. Tres lectura moi distintas entre sí, pero igualmente intersantes para pequenos e grandes. Foi un placer compartir un anaquiño de tempo con Fina, que é "escritora porque hai xente que le os seus libro" (segundo a súas propias palabras). Asique toca seguir lendo para que ela sigua escribindo.












En febreiro Bulebule estivo moi visitada tamén, o día 13 tivo a sorte de coñecer a Mónica Rodríguez que veu charlar cos nenos e nenas de 4º sobre o seu libro Kerida Azubá; todos quedaron moi contento. Mónica por todo o traballo dos nenos, aquí vos deixo a foto, e os rapaces por poder coñecela. Moitas grazas por visitarnos!!





  

 O martes 18, no medio do entroido e co cole cheo de doces veu Sabela Gago a ter unhas sesións de animación a lectura cos nenos e nenas de infantil! Moitas gracias a Sabela por volver a visitarnos e a ver se o póximo ano tamén contamos contigo! Moreas de bicos para ti tamén!!


 



No mes de xaneiro, o alumnado de sexto tivo a gran sorte de poder contar coa visita e expericiencia da recoñecida cantante de ópera Iria Rajal, que lles veu dar unha charla da man do Proxecto Loba que tivo lugar o curso pasado. Os nenos quedaron abraiados!

Moitas grazas pola adicatoria:

O mes de novembro foi un mes con moito movemento pola biblio e Bulebule non parou de recibir visitas que crearon un clima de fomento de lectura no cole.

Neste mes o alumnado de infantil contou coa visita da contacontos, A Dragona Ramona, unha visitante fiel ao noso cole os da contorna. Coma sempre os nenos quedaron moi contentos:


Tamén da man do concello os nenos de segundo de primaria puideron escoitar uns contos da man do gran Caxoto, que os deixou a todos con ganas de escoitar máis sobre esa caixa de cores.. Porque este Doctor Tilla sabeo facer moi ben!




Aquí deixamos a adicatoria que Caxoto nos deixou de recordo!

Moitas grazas aos dous! E tamén ao concello por facer posibles estas actividades.




Día de Rosalía

Como non podía ser doutro xeito Bulebule non se esqueza de celebrar o 24 de febreiro, este ano todo o centro pasou pola bilbioteca para aprender máis cousas sobre  Rosalía de Castro. Ademais, todas as aulas prepararon un fragmento de "Adeus ríos, adeus fontes..." que se gravou en video; e o 28 de febreiro puidemos desfrutar da montaxe deste video.