BULEBULE VIAXA POLA REDE

27/5/24

Avaliación da biblioteca

 O curso xa está a rematar, e precisamos a vosa axuda. Os alumnos do centro poden completar a seguinte enquisa para amosarnos cal é a vosa opinión sobre o funcionamento da biblio. 


Só tedes que clicar no seguinte enlace e completar as preguntas. É moi doado. 


Enquisa biblioteca


Moitas grazas pola vosa axuda. 



Letras Galegas 2024

 Este ano adicase o Día das Letras Galegas a Luísa Villalta, para homenaxeala este ano fixemos un Certame Literario en todo o centro, con resultados marabillosos tal e como se ve na imaxe. 




Houbo premios para o mellor conto, poema e comic de cada aula e tamén premios colectivos en infantil e primeiro ciclo de primaria. Contamos tamén cun contos especial para aqueles traballos relacionados co nosos tema dos inventos e a defensa da nosa lingua: 


O alumnado do 3º ciclo creou un gran mural para decorar a nosa entrada. Panel que se usou tamén para dar unha pequena formación, por parte do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, sobre a figura da homenaxeada. 



E para rematar a celebración, o venres día 24 desfrutamos dunha actuación do grupo musical veciño: "Amigos da gaita, aire e pau". 




29/4/24

A Dragona Ramona

 A semana pasada achegouse a Dragona Ramona ao noso cole a contarnos un conto

para a rapazada de infantil. Gustounos moitísimo. 

24/4/24

Día do libro

 Onte  puidemos gozar dun marabilloso día do libro facendo entre a rapazada un intercambio de libros.









22/4/24

Mes do libro

 Co gallo do día do libro, o 23 de abril, tivemos a sorte de disfrutar da visita de varias escritoras.

Leticia Barbadillo

Betty Queiro 

Eva Mejuto



María Canosa

19/4/24

Adquisicións de abril

 No mes de abril temos estos novos libros na biblioteca.





2/4/24

Día do Libro Infantil

 Hoxe, 2 de abril, é o Día do Libro Infantil, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 




Na Biblioteca do cole temos un montón de libros para que os disfrutedes.

8/3/24

Día da Muller- 8 M

 


Hoxe conmemoramos o Día Da Muller, para iso fixemos unha recopìlación dos libros máis relevantes sobre o tema para que estiveses a disposición de alumnado e profesorado. 

Ademáis, este ano, no cole fixemos un traballo de investigación en cada aula sobre mulleres galegas no eido da ciencia. Aquí tedes unha pequena mostra. 






6/3/24

Semana da prensa na escola

 Esta semana recordamos a importancia do xornalismo cunha exposición de xornais.




1/3/24

Novidades

 Temos novidades, podedes pasar a velas.





26/2/24

Rosalía de Castro

 Para conmemorar o día de Rosalía de Castro este ano fixemos unha selección de libros para ter dispoñibles na biblioteca e ademáis cada aula preparou un poema da homenaxeada e creamos con estes poemas un xardín para Rosalía e cada aula plantou un pensamentos e recitou o poema diante do xardín. Aquí vos deixamos unhas imaxes que o amosan.