BULEBULE VIAXA POLA REDE

26/5/20

Padlet de GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil)

 GÁLIX achéganos este padlet cunha selección dinámica de iniciativas de diversos colectivos para axudarnos a pasar a corentena con crianzas.

GÁLIX é a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, unha asociación sen ánimo de lucro que se move por visibilizar e promover a cultura e a lingua galegas a través da literatura infantil e xuvenil. É a sección galega da OEPLI, a Organización Española para o Libro Infantil Y Juvenil; sección española do IBBY, International Board on Books for Young People





Made with Padlet

O cole non para

Aínda que estemos dende a casa todos estamos a traballar un montón, deixámosvos un par de exemplos.

Os nenos de segundo crearon cos seus debuxos rúas e edificios con nomes relacionados con Ricardo Carvallo Calhero. Aquí vos tedes o vídeo:


A rapazada de quinto B tampouco para, mírade cantos contos temos aquí narrados por eles memos, para así ter presente o noso Así como cho conto.



Escucha "Enrolados" en Spreaker.



Moi bo traballo de todos. 
Seguimos compartindo!!

20/5/20

O tesouro da nosa lingua

Deixámosvos un xogo, creado polo profe Xoanca, para aprender a valorar a riqueza do vocabulario da nosa lingua. 

Xogade e disfrutade das marabillas do noso idioma.


19/5/20

Creacións polo día das Letras Galegas

Aquí vos deixo un vídeo co traballo dos nenos de segundo en homenaxe á obra As pitas baixo a choiva de Ricardo Carvalho Calero.




12/5/20

Semana das Letras Galegas- Ricardo Carvalho Calero

Letras Galegas 2020

Deixámosvos unha recopilación de recursos para homenaxear a 
Ricardo Carvalho Calero.