BULEBULE VIAXA POLA REDE

17/3/26

Día do Cómic

 Hoxe no día do cómic.




 Na biblioteca temos unha exposición de libros de banda deseñada e o alumnado que colliu hoxe un cómic de préstamo leva de agasallo unha pegatina. A ler!






12/3/26

Campionato de xadrez

 Hoxe demos comezo ao campionato de xadrez na ludoteca. Apuntáronse moitos alumnos e alumnas. Moita sorte a todos os participantes.





9/3/26

Semana da prensa

Comeza a semana da prensa na escola. A través dela queremos que os alumnos sexan capaces de usar a prensa como un recurso didáctico que facilite o desenvolvemento das súas actitudes e destrezas persoais, tales como a creatividade, a educación para o lecer, o estudo do medio e a inserción en grupos e servizos sociais, así como toda clase de opcións das que o xornal se fai eco cada día nas súas páxinas.




8/3/26

Día Internacional da Muller

 Hoxe conmemoramos o Día da Muller. Temos unha exposición de libros na biblioteca. Botádelles unha ollada.