BULEBULE VIAXA POLA REDE

25/2/10

ENCONTRO CON JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

Os alumnos e alumnas de 2 º, 3 º e 4 º estivemos hoxe na Biblioteca do cole co escritor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano. Foi un encontro marabilloso.
Primeiro estivo cos nenos e as nenas de 3 º e 4 º e MIL COUSAS PASARON na biblioteca. Falamos do seu libro "Mil cousas poden pasar" (Premio Merlín de Literatura Infantil 2009) de escribir,de debuxar, de enterradores, de fillos de enterradores, de soldados zoos, de ideas ... Houbo tempo para as preguntas e como non asinou os libros e mesmo nos fixo algún debuxo neles .
Tamén pasaron as formigas en versión musical (grazas a Raquel, Violeta, Nuria e Sandra)alumnas de 2 º. Houbo tamén declamación multitudinaria con acompañamento coreográfico dos tristes versos que cantaba a princesiña pechada na pedra, do libro "A pedra e as formigas",da Ed. Xerais.
Grazas por todo Jacobo!!



Preparamos a sua visita

2/2/10

PABLO ALBO NA NOSA BIBLIOTECA

Pablo Albo no seu blog defínese como un domador de palabras, un buscador de historias; e nos engadimos que é un magnifico escritor e contador de historias.
O día 2 de febreiro os alumnos e alumnas de 3 º e 4 º de primaria tivemos a sorte de disfrutar coas súas historias. O libro que lemos nesta ocasión foi o de "Marabajo", da Ed. Anaya, que obtivo o 1 º Premio Ciudad de Ibi 2008.
Pablo Albo o define como un libro sen pés nin cabeza. Para o xurado que lle concedeu o premio "Marabajo", é unha historia divertida ,inxeniosa, áxil, cun estilo narrrativo popio e persoal , un bo gusto por xogar coas palabras e utilizar a linguaxe como un divertimento e que invita a participación do lector.
E a verdade é que así foi , enganchounos coas súas historias e disfrutamos todos un montón.
Tanto que ... Só tendes que mirar para as nosas caras.

FOI UN DÍA PARA REPETIR E NON ESQUECER!!