BULEBULE VIAXA POLA REDE

26/10/22

Porta calavérica

As portas do camposanto ábrense para recibirvos. Andade con OLLO !!!!


Samaín

 Xa temos o cole preparado para o Samaín.



24/10/22

Libros Samaín

 Aquí tedes una recomendación de libros para o Samaín. Están a vosa disposición diante da porta da biblioteca.



18/10/22

Dados contahistorias

Estamos a preparar o Samaín. Dende a biblioteca fixemos uns dados contahistorias con personaxes, lugares e obxectos e os rapaces teñen que facer un conto de medo a partires do que lle tocou. Van quedar uns contos terroríficos.

 

10/10/22

Proxecto 2022-2023

O proxecto deste ano é  A arte da nosa contorna. ☝




Investigaremos a nosa contorna máis próxima e veremos que arte nos rodea. 

De momento, as portadas dos diarios das mochilas viaxeiras, que xa están en circulación, fan alusión a este tema. 

Irémosvos contando novidades...😀

3/10/22

Novo curso

 Comezamos este novo curso con normalidade. A biblioteca estará aberta para os préstamos nos recreos e comezará tamén a circular a mochila viaxeira.