BULEBULE VIAXA POLA REDE

20/12/13

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Onte xoves a biblioteca vestiuse de festa, Bulebule tiña preparados un montón de agasllos para os ganadores e ganadoras do concurso de postais de Nadal. Noraboa a todos e todas as participantes, especialmente aos premiados e premiadas.

10/12/13

ADEUS MADIBA. PRESO 466/64



Deixounos Nelson Mandela, PREMIO NOBEL DA PAZ  e expresidente de Sudáfrica, Madiba como lle chamaban os seus.

Naceu o 18 de xullo de 1918, en Umtata (Sudáfrica), sendo os seus pais Henry Mandela e Nose Keni. Estudou dereito e traballo como avogado en Johannesburgo. Uniuse ao Congreso Nacional Africano (CNA) para combater pacificamente a discriminación racial que sufrían os negros.


En 1943, fundou a Liga Xuvenil e organizou mobilizacións de protesta, que foron reprimidas a sangue e lume. En 1961 fundou Umkhonto we Sizwe ("Lanza da Nación") para a loita armada. En 1962, foi capturado e condenado a cadea perpetua na illa Robben, fronte a Cidade
do Cabo.



A súa esposa Winnie Mandela e moitos seguidores esixiron a liberdade de Mandela e a abolición da segregación racial (apartheid). Moitos gobernos e personalidades do Mundo apoiárona, ata que en 1990 foi liberado polo presidente Frederik de Klerk. En 1991, derrogouse o apartheid. En 1993, Mandela e de Klerk gañaron o Premio Nobel de la Paz.



De 1994 a 1991, como presidente de Sudáfrica, Mandela tratou de reconciliar os sudafricanos e colaborou no cesamento de varias guerras africanas.

ATA SEMPRE MADIBA!!


Deixovos aquí unha pequena presentación, con un montón de datos,  de quen é Mandela:


VIDEOS:



Bulebule non quere deixar pasar a ocasión, nesta pequena homenaxe e recoñecemento a unha figura tan importante  na historia contemporánea, e recomendarvos unhas lecturas moi interesantes:


É o meu desexo que a vozdo narrador de contos nunca morra en África, que os nenos nunca perdan a capacidade de ampliar os seus horizontes do mundo coa maxia dos relatos
Nelson Mandela.


Os regalos do Rei León, Mmadipetsane, A Princesa das Nubes ou Sakunaka, o mozo aposto son só algúns dos títulos dos contos queNelson Mandela recolle nesta magnífica antoloxía.

Con estes contos populares imaxinarémonos paisaxes exóticas, perigosas ou máxicas que percorren África de norte a sur; países como Marrocos, rexións da África Central e Oriental e pobos de Sudáfrica como os Nguni, Namaqualand ou os Xhosa.



En cada conto encontramos unha breve información sobre a súa orixe, a lingua na que se narraba, ou o griot que o relataba.


Chámome Nelson Mandela e nacín en 1918 en Sudáfrica, o país máis meridional do continente africano. Vin e fixen moitas cousas durante a miña longa vida, pero todo o mundo me coñece por pasar máis de vinte e sete anos en prisión por defender a igualdade entre negros e brancos no meu país. A esta reivindicación déuselle un nome, a loita contra o apartheid.

8/12/13

"Como escribir un conto", con Manuel Guisande





Os nenos e nenas de 4º de primaria aprendemos e desfrutamos, grazas a unha actividade organizada polo Concello, do obradoiro " COMO ESCRIBIR UN CONTO",  con Manuel Guisande,
É xa o segundo ano que nos visita Manuel, pero non deixa de encantarnos a actividade.




 Currículum
Aportou á literatura infantil de Galicia, xunto co ilustrador Xosé Tomás, un personaxe entrañable como o paxaro "Rodribico": unha colección de contos editada por "Baía Edicións" no ano 2010 co que obtivo "Premio Literario Isaac Díaz Pardo" que concede a "Asociación Galega de Editores" e que xa foi traducida ao castelán e portugués. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e conta cun curriculum xornalístico que vai desde El Correo Gallego, o semanario El Orzán, El Ideal Gallego e os seus últimos 25 anos en La Voz de Galicia. Paralelamente, comeza no ano 2000 as súas achegas á cultura no apartado de humor, sendo xunto ao caricaturista Siro López coordinador do suplemento de humor "xatentendo.com" polo que recibiu o "Premio La Codorniz de Plata" e o "Premio de Comunicación Xunta de Galicia 2000".
 Obras realizadas
É autor de obras de teatro como "Los aparcacientos de Pacópolis", xunto ao xornalismo Ramón Barrena. No ano 2008 abre o seu blog de humor costumista "Al fondo a la derecha", publicado na edición dixital de La Voz de Galicia, que na actualidade é un referente para estudantes de español na Universidade de Kentucky e o Molloy College de Nova York. En 2010 estréase como guionista coa curtametraxe "Garabolis" baixo a dirección do director Alfredo Pardo polo que é nomeado ao "Premio Audiovisual Mestre Mateo" no ano 2011 e chega á final no "Festival Internacional de Cine de Ourense".
Un dos contos da "Colección Rodribrico", concretamente "Rodribrico e a noite" está actualmente nomeado para a final do "Premio Literario Frei Martin Sarmiento”. Na actualidade colabora en "Radio Voz" cun monólogo de humor no programa “Corre Carmela que Chove", á vez que imparte conferencias e obradoiros didácticos sobre xornalismo e medios de comunicación, monólogos, cómo se escribe un conto infantil e realización de guións para teatro, radio e televisión.

BULEBULE DE CINE

Amantes da sétima arte!!: estades de noraboa. Bulebule acaba de aumentar a filmografía. 

Agárdanvos novas películas na sección de filmes. Preguntade ás bibliotecarias!!

3/12/13

DÍA MUNDIAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE


Hoxe 3 de decembro, commemórase o día mundial das persoas con discapacidade.
 En 1992, as Nacións Unidas, proclamaron esta data para difundir a situación que viven as persoas con discapacidade, os actos de discriminación aos que se enfrontan e  tamén para fomentar unha maior integración na sociedade dos discapacitados.



Desgraciadamente, hai moito ainda que traballar, como sociedade, no respecto aos dereitos das persoas con discapacidade. Necesitamos educar e educarnos  para darlles un trato digno, como seres humanos que son, pero sobre todo traballar na integración, na inclusión, non excluilos da nosa vida e relacións humanas.



E falando de integración, hai un conto que me gusta moitísimo que é:"POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA" de Jérôme Ruillier.

Aquí volo deixo en versión video :


E aquí  vos déixo tamén esta bonita canción adicada a todos aqueles e quelas que día a día loitan pola integración. Pouco a pouco...


28/11/13

COMUNIDADE EDUCATIVA SOLIDARIA

562 kg de alimentos dan conta da solidariedade da nosa Comunidade Educativa.
Grazas alumnado, familias, profesorado...
Axudar, na medida do posible, non debe ser un acto aillado. Un pouco de cada un de nós fai un moito para quen o precisa.
Grazas, grazas, grazas!!!


O recadado será distribuído entre os que O necesiten polo BANCO DE ALIMENTOS RÍAS ALTAS. BALRIAL. http://www.balrial.com/

26/11/13

NOVA LECTURA PARA A BIBLIOTECA

Bulebule conta cun libro de lectura máis na BIBLIOTECA. Dámoslle as GRAZAS  a Pablo Astray Rodríguez, de 5º A, por donalo. Grazas Pablo!!!

25/11/13

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

"Salir corriendo" de AMARAL


 


 



Mulleres en Galicia
Secretaría Xeral de Igualdade.
Presidencia
Xunta de Galicia

UNIDADES DIDÁCTICAS





Casa da Muller do Concello de Lugo
Instituto Asturiano de la Mujer
Consejería de Educación y Ciencia del Principado de Asturias
Consellería de Saúde e Servizos Sanitarios do Principado de Asturias
"A Escola non é un espazo neutral. Nela transmítense valores, modelos e esteriotipos,
e convírtese nun lugarideal onde sementar a erradicación das desigualdades. De aí xorde a necesidade
deste material didáctico, que pretende ser unha ferramenta para coeducar en Educación Primaria."
-Áreas abarcadas: Coñecemento do Medio, Educación Artística, Educación Física, Lingua Castelá e Literatura
e Matemáticas. En todas elas, partindo de contidos curriculares, propóñense actividades a desenvolver na aula.
-Destinatarios: profesorado e alumando de Educación Primaria e familias.






Sindicato de traballadores/as do Ensino de Galicia (STEG)


Sindicato de traballadores/as do Ensino de Galicia (STEG)
"Lonxe de desaparecer, a violencia contra as mulleres en todas as súas crueis
manifestacions e en todos os lugares do mundo,parece incrementarse e fortalecerse...
Loitemos contra a violencia machista, económica e cultural que sufren as mulleres.











UNIDADES DIDÁCTICAS PARA SECUNDARIA 2011:
"Contra a violencia machista todas as mans son necesarias"

Sindicato de traballadores/as do Ensino de Galicia (STEG)
Sindicato de traballadores/as do Ensino de Galicia (STEG)
Sindicato de traballadores/as do Ensino de Galicia (STEG)
Sindicato de traballadores/as do Ensino de Galicia (STEG)





MATERIAIS DIDÁCTICOS PARA A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO,:

Consejería de Educación y Ciencia de la Junta de Andalucia

LITERATURA INFANTIL E XUVENIL
UNHA LIBRERIA ESPECIALIZADA
BLOGS CON RECURSOS INTERESANTES
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.







Recompilación elaborada polo CEIP Mestres Goldar (Vigo)
DOCUMENTAIS
Juan Manuel Peña
Concejalía de mujer del Ayuntamiento de Alcalá de Henares
Moisés Romero y Marisa Crespo
CINE






VIDEOS

Biblioteca do IES Ponteceso (Ponteceso)

Vídeo de YouTube


IES Ponteceso en colaboración coa
Secretaría Xeral de Igualdadedo Concello de Ponteceso

Vídeo de YouTube


Día Internacional contra violencia de xénero 2011 from trafegandoronseis on Vimeo.

RECIBIN FLORES HOXE


MALTRATO SUTIL


CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO


MUSICA
"016" do grupo NO RELAX

" O16 " de NO RELAX


"Malo" da cantante BEBE

"Malo" de Bebe


"Ella" da cantante BEBE

Vídeo de YouTube


"Salir corriendo" de AMARAL

"Salir corriendo" de AMARAL


"Caperucita" de ISMAEL SERRANO

"Caperucita" de Ismael Serrano


"En tu ventana" do dúo ANDY Y LUCAS

"En tu ventana de ANDY Y LUCAS


"El maltrato" do cantante MANUEL ORTA

"El maltrato de MANUEL ORTAS"


"Un extraño en mi bañera" da cantante ANA BELÉN

"Un extraño en mi bañera de ANA BELÉN"


"La bella y la bestia" del cantante PORTA

"La bella y la bestia de PORTA"


"Hasta que la muerte nos separe" do cantante MANUEL ORTA

"Hasta que la muerte nos separe de MELENDI"


"María se bebe las calles" de PASIÓN VEGA

"Maria se bebe las calles" de Pasion Vega


CARTEIS
Cartel elaborado polo IES SAN PAIO (Tui)
 
NOTA: A presente páxina tan só ten fines educativos.
En todo momento inténtase citar aos autores dos recursos aquí enlazados.
Se algunha das fotografías, debuxos, melodías, vídeos ou textos que aparecen nesta páxina estivese suxeita á dereitors de autor póñanse en contacto con nós e serán retirados inmediatamente.
Grazas.