BULEBULE VIAXA POLA REDE
Mostrando entradas con la etiqueta encontros con escritores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta encontros con escritores. Mostrar todas las entradas

23/5/12

ENCONTRO CON...VIKI E @S AMIG@S DE ELVIRA LINDO

O día 14 de maio os alumnos de 3º A e B participaron conxuntamente nunha actividade que resultou moi animada e interesante.



Previamente traballárase na clase o libro de Elvira Lindo “Amigos del alma” que gustara moito.


A persoa encargada de dirixir a actividade foi Viki, actriz de formación e de devoción. Ela foi quen de conseguir que todos participaran activamente na posta en escena da obra.


Dalgunha maneira todos representaron a obra tanto os personaxes principais como os secundarios, Lulai e os seus compañeiros, a escena do Titanic …


Pásarono moi ben e disfrutaron moitísimo,como podedes obervar nestas imaxes.

19/3/12

Encontro con SILVESTRE GÓMEZ XURXO



Hoxe contamos coa presencia na biblioteca do autor do libro TI NON XOGAS!Estivo acompañado polo alumnado de 4º,moi interesado por saber que motivou a Silvestre na escrita desta historia.Tod@s leran durante este trimestre o libro,polo que tiñan moito intérés neste encontro.
O escritor faloulles das súas experiencias coma mestre e doutras cuestións plantexadas polos rapaces.Foi un encontro moi agradable e enriquecedor.Os alumnos ensináronlle os traballos que fixeron inspirados no libro, e a Silvestre parecéronlle moi interesantes.