Este ano polo nadal imos mandar as postais gañadoras a residencias de anciáns e ao Hospital Materno da Coruña. Esperemos que lles gusten.
Aproveitamos para desexarvos unhas felices festas!!!

Este ano polo nadal imos mandar as postais gañadoras a residencias de anciáns e ao Hospital Materno da Coruña. Esperemos que lles gusten.
Aproveitamos para desexarvos unhas felices festas!!!
O venres entregáronse os premios dos conto de medo.
Ata 2º de primaria foron premios colectivos, e os gañadores individuais foron:
3º A Icía
3º B Alba
4º A Leo
4º B Marco
5º A Antón
5º B Eliel
6º A María
6º B Carla
Noraboa a todos!!!
A semana pasada fixemos a degustación de postres con produtos de outono. ¡Deliciosos!
Aquí tedes una recomendación de libros para o Samaín. Están a vosa disposición diante da porta da biblioteca.
Estamos a preparar o Samaín. Dende a biblioteca fixemos uns dados contahistorias con personaxes, lugares e obxectos e os rapaces teñen que facer un conto de medo a partires do que lle tocou. Van quedar uns contos terroríficos.
O proxecto deste ano é A arte da nosa contorna. ☝
Investigaremos a nosa contorna máis próxima e veremos que arte nos rodea.
De momento, as portadas dos diarios das mochilas viaxeiras, que xa están en circulación, fan alusión a este tema.
Irémosvos contando novidades...😀
Comezamos este novo curso con normalidade. A biblioteca estará aberta para os préstamos nos recreos e comezará tamén a circular a mochila viaxeira.