BULEBULE VIAXA POLA REDE

26/11/12

25 de novembro: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A expresión violencia de xénero (wikipedia) é un tipo de violencia física ou psicolóxica exercida contra calquera persoa sobre a base do seu sexo ou xénero que impacta de xeito negativo na súa identidade e benestar social, físico e psicolóxico.

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: CONTO NARRADO

Conto: " TANGA Y EL GRAN LEOPARDO". Conto narrado, na tradición dos contacontos,  para conmemorar nas aulas o día 25 de novembro.



Preme neste enlace para escoitar o conto e acceder a diversas actividades:




Non debemos esquecer que non todo o maltrato é físico, tamén hai outros tipos de maltrato como este que podedes ver a continuación, o chamado "maltrato sutil"





20/11/12

23º aniversario do Día dos Dereitos dos nenos e nenas.

Bulebule  súmase a conmemoración do Día Dos Dereitos dos nenos e nenas.
Tal día coma hoxe, un 20 de novembro de 1989, a Asamblea Xeral da ONU aprobou a Declaración Universal dos Dereitos dos nen@s.
Agora estamos a celebrar o vixésimo terceiro aniversario.
Realízanse actividades para promover o benester de todos os nenos do mundo e reclámase que se cumpran os dereitos que todos, absolutamente todos os nenos, posúen. 
DEREITOS:
1. Dereito á igualdade, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade.
2. Dereito a unha protección especial para que poidan crecer física, mental e socialmente sans e libres.
3. Dereito a ter un nome e unha nacionalidade.
4. Dereito a unha alimentación, vivenda e atención médica adecuadas.
5. Dereito á educación e atencións especiais para os nenos física ou mentalmente diminuídos.
6. Dereito á comprensión e amor por parte das familias e da sociedade.
7. Dereito a unha educación gratuíta. Dereito a divertirse e xogar.
8. Dereito a atención e axuda preferentes en caso de perigo.
9. Dereito a ser protexido contra o abandono e a explotación no traballo.
10. Dereito a recibir unha educación que fomente a solidaridade, a amizade e a xustiza entre todo o mundo.

Deixámosvos uns enlaces onde atoparedes unha chea de recursos  e actividades para coñecer máis deste tema.



Pouco a pouco iremos sabendo máis dos nosos dereitos pero tamén nos temos que acordar que iso implica ter tamén deberes.



Ata sempre MILIKI ! !


BULEBULE  recorda a figura profesional e humana  de Emilio Aragón, 'Miliki', falecido este domingo aos 83 anos. O humorista  era, dende o ano 2000, embaixador de Unicef.

 Recordaremos a MILIKI porlo seu afecto e compromiso cos nenos, tanto dentro coma fóra das pantallas, polo que  aseguramos que nunca será esquecido. Ata sempre!!


5/11/12

III día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego






 O III Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego celébrase este ano desde o 16 de outubro ata o 5 de novembro. Este evento está organizado polas asociacións IGACIENCIA, AGAPEMA, ENCIGA e APETEGA, e ten coma principal obxectivo defender a idoneidade do uso do galego nas áreas de ciencias e de tecnoloxía.
Este ano adícase o día da Ciencia en Galego á Tecnoloxía, e  os científicos a homenaxear son:  Leonardo da Vinci, como científico Universal e universalmente coñecido, e Ramón Verea, como inventor galego dunha das primeiras calculadoras.

Non é estritamente necesario que estas actividades en galego se fagan estes días, a ciencia e a tecnoloxía poden ser en galego todos os días do ano!

Se queredes máis información premede neste enlace :   http://www.cienciaengalego.org/

1/11/12

É tempo de ler contos de medo...



Agora que estamos no tempo do Samaín 
(que outros chaman Halloween), e todos
 andamos na procura de historias de medo e
 deixando cabazas medorentas, arañas 
arrepiantes, esqueletes bailaríns e tremendas
 pantasmas... queremos compartir con 
vos os libros que bulebule seleccionou. Podedes atopalos na bilio .
 Deixamos, tamén este enlace onde atoparedes un sinfín de actividades, datos... sobre estas datas. Agardamos que vos gusten: