BULEBULE VIAXA POLA REDE

26/4/13

FINALISTAS E PREMIADOS CONCURSO MARCAPÁXINAS DÍA DO LIBRO 2013



Como xa todos e todas sabedes, os gañadores do concurso de marcapáxinas convocado para o Día do Libro foron:

Martina Manteiga Suáres de 6º de E.I.   A
Aarón Villaverde Rocha de 5º B   E.P.

Todos e todas merecíades gañar, pero había que seleccionar dous... Na seguintes imaxes podedes ver os finalistas no taboleiro expositor.


Noraboa a todos e todas por participar e, como non, especialmente á gañadora e ao gañador, aí os tedes!

Bulebule agarda que sigades participando activamente.


N

 


24/4/13

Día Internacional da Concienciación sobre o Ruido

POUCO "ECO" NO DÍA MUNDIAL CONTRA O RUÍDO

O Día Internacional de Concienciación sobre o Ruído é unha actividade que se desenvolve a nivel mundial, dende hai máis de 15 anos, o último mércores do mes de abril, co propósito de promover a nivel internacional o coidado do ambiente acústico, a conservación da audición e a concienciación sobre as molestias e danos que xeran os ruídos.
As actividades relacionadas co Día Internacional sen Ruído en España están organizadas dende hai anos pola Sociedade Española de Acústica coa colaboración de diferentes organismos públicos e entidades privadas. Están especialmente destinados ás poboacións infantil e xuvenil, e con limitado éxito de convocatoria, desenvólvense actos que pretenden axudar a crear unha mentalidade respectuosa co medio acústico.
Actualmente, o impacto do ruído na audición, a saúde e a calidade de vida está totalmente aceptado e demostrado por un gran número de estudos científicos e médicos. O ruído está considerado como un axente contaminante do mundo moderno, o axente contaminante "invisible", e hoxe en día os individuos e as comunidades non aceptan que o ruído sexa un produto "natural" do desenvolvemento tecnolóxico, e en consecuencia débese regular e controlar. O ruído, como outros axentes contaminantes, produce efectos negativos no ser humano, tanto fisiolóxicos coma psicosomáticos, e constitúe un grave problema ambiental e social. A loita contra o ruído é unha acción individual e colectiva, o ruído non o fan só os demais, senón que o facemos todos. A loita contra o ruído precisa, polo tanto, da concienciación e colaboración cidadás. 

22/4/13

DÍA DA TERRA


Día da Terra (en inglés Earth Day) é o nome dunha celebración festiva que se corresponde con dous acontecementos: o Día Internacional da Terra, que se celebra o 20 ou 21 de marzo e o Día da Terra do 22 de abril iniciado no 1970, e que continúa celebrándose aínda hoxe nese día. A festividade foi creada para lembrarnos a responsabilidade de coidar e protexer o planeta tras observárense os primeiros indicios alarmantes da degradación ó que os humanos o estabamos sometendo. A través da celebración preténdese aumentar a consciencia con relación ó medio e os problemas ambientais. A elección do 21 de marzo responde á celebración do equinoccio de primavera, cando o día e a noite son iguais ó redor do mundo. Foi sancionada oficialmente o 26 de febreiro de 1971 nunha proclamación asinada polo daquela secretario xeral das Nacións Unidas U Thant.

O símbolo deste acontecemento é un Θ (theta) verde sobre fondo branco.


20/4/13

CRUZAMENTO DE LIBROS 23 DE ABRIL


O vindeiro 23 de abril, Día do Libro, realizaremos,  dende as 11:40h ata as 12:30h, un intercambio de libros (BOOKCROSSING) entre o alumnado e profesorado que desexe participar. A actividade é ben sinxela:
os rapaces e rapazas irán traendo da casa libros que xa non len (ata un máximo de 2). Na aula, o titor/a daralles unha pegatina por libro que deben cumprimentar e pegar na parte posterior da portada.. Recibirán un vale por cada libro,  que posteriormente, o día 23-Día do LIBRO, cambiarán por outro
Dende o luns os libros estarán expostos, previamente clasificados, nunha mesa por cada ciclo, co fin de que os vexan e vaian escollendo.

Existe a posibilidade de que cando lle toque a un escoller, o libro desexado...¡xa estea nas mans de outro compañeiro ou compañeira! Como na vida mesma!

O obxectivo, ademáis do propio cambio dos libros e o que isto implica,  hai un mundo de valores nun feito tan aparentemente sinxelo como intercambiar.
O libro que traian para esta actividade será cambiado( para sempre) por outro.
Durante o mes de xuño dispoñerase unha mesa na biblioteca, na que o alumnado poderá intercambiar os libros, de cara a ter lecturas novas para o verán.

E, agora.....
 A     LER!!!



22-26 SEMANA DO LIBRO



Coma en anos anteriores, e para celebrar este Día Mundial do Libro o vindeiro 23 de abril de 2013, realizaremos actividades de aula e de centro, das que vos iremos dando conta. Para ir abrindo boca podedes atopar recursos e actividades se premedes nas seguintes imaxes. 




ABRIL: MES DO LIBRO


Día do Libro
"Este día brinda a oportunidade de reflexionar xuntos sobre o mellor xeito de difundir a cultura escrita e de permitir que todas as persoas, homes, mulleres e nenos, accedan a ela, mediante a aprendizaxe da lectura e o apoio ao oficio da edición, as librarías, as bibliotecas e as escolas. Os libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a cultura e a información en todo o mundo".
(Mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO co gallo da celebración do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, o 23 de abril de 2013) 

O Día do Libro (tamén denominado Día Internacional do Libro e Día Mundial do libro) é un acontecemento anual que se celebra o23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.
15 de novembro de 1995, a UNESCO decidiu proclamar este día, Día internacional do libro e dos dereitos de autor. A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura quería destacar deste xeito a importancia do libro, que foi historicamente o medio de difusión máis importante do coñecemento así como unha ferramenta esencial de enriquecemento cultural. Esta xornada ten como fin promover o libro e fornecer a través del o acceso á cultura do maior número de persoas posible. A primeira celebración do Día Mundial do Libro tivo lugar o 23 de abril de1995.
UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616 no calendario gregoriano) se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare (no calendario xuliano). Na Inglaterra daquel tempo aínda se utilizaba o calendario xuliano, que tiña unha diferenza de 10 días co calendario gregoriano que se usaba en España. Shakespeare, polo tanto, morreu 10 días despois de Cervantes. Ese mesmo día tamén se conmemora a morte do primeiro escritor mestizo, Inca Garcilaso de la Vega, fillo do conquistadorSebastián Garcilaso de la Vega e da princesa Inca Elisabet Chimpu Occlo, irmá de Huayna Capaz, último emperador indio.
O día 23 de abril coincide así mesmo cos aniversarios do nacemento de Vladimir NabokovMaurice DruonManuel Mejía Vallejo e Halldór Laxness, e co aniversario do falecemento de Josep Pla.
En España, os Premios Cervantes son concedidos cada ano polo Rei en Alcalá de Henares ese día.
No Reino Unido e Irlanda o Día do Libro vénse celebrando desde o 2002 o primeiro xoves de marzo. Ese día as escolas reparten un vale de 1 libra e 1,5 euros, respectivamente, ós nenos para que poidan mercar os libros (ou audiolibros) que se publican especialmente para esa ocasión ou para mercar calquera outro libro. Ese día moitas escolas celebran maratóns de lectura, mostras e mercados de libros.

14/4/13

LINDA Á ESPREITA

Linda é unha vaca diferente ás demais. Cada mañá, mentres a muxían, a vaca Linda fitaba nerviosa e impaciente cara ao exterior da granxa. Porque había algo que a Linda lle gustaba máis ca nada no mundo. O seu maior pracer consistía en meterlle un susto ao carteiro e escorrentalo da granxa. Cada día, Linda agachábase nun sitio distinto e sempre conseguía o seu obxectivo, ata que o pobre carteiro remataba desquiciado e incapaz de seguir co seu traballo. No entanto, haberá alguén ao seu carón que o axudará...

Linda visitounos o pasado xoves  da man de Iago, un contacontos, cun libro grande, moooi  grande que conseguiu crear un ambiente de expectación total no que non perdemos o máis mínimo detalle da historia de Linda: entrañable, divertida e xoguetona.


13/4/13

Ghegou An Alfaya, e con ela o aroma de liquidámbar.

"Miro non sabía que Susana estaba no cárcere, e Daniel devecía de pena porque Adelaida marchara a Guatemala para coidar da súa avoa enferma. Os dous estranaban as súas nais; no entanto, uníronse na espera, compartindo segredos, animados pola harmónica de Humberto e a guitarra de Fermín, fartos do mal xenio de Manuela ou mortos de risa cos inventos de Vicente. Unha rosa fresca no cuarto de Susana mantiña viva a súa presenza no corazón de Miro; os recendos das herbas perfumadas de Adelaida, e sobre todo o aroma do liquidámbar, recordábanlle a Daniel o espírito feiticeiro da súa nai, e mais o de Violeta, a súa centenaria avoa." 

Desta e doutras historias veu falar  a escritora AN ALFAYA, a pasada semana, ao alumnado de 4º de primaria. Aprendemos e divertímonos escoitando. Grazas An e grazas Bulebule por convidala.


3/4/13

ABRIL AZUL

Ás veces a cor azul é brillante como o mar nun día de verán. E outras veces, ese azul escurece como o mar en tempestade. É un pouco o que sucede con persoas e familias que se encontranpercorrendo este camiño con tantos desafíos". 

A frase, escrita por pais con fillos diagnosticados con autismo, forma parte da campaña para conmemorar no país o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo. O azul é, xustamente, a cor elixida en todo o planeta para falar do tema. Calcúlase que, de cada 110 nacementos, un dos bebés será diagnosticado con esta patoloxía.
Nós queremos aportar o noso pequeno gran.

1/4/13

2 de ABRIL


2 DE ABRIL:
 DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 
Desde 1967 celébrase nesta data o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, coincidindo co nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.