Vinde disfrutar das novidades!!
28/5/26
25/5/26
Enquisa biblioteca
Por favor, queremos saber a vosa opinión. Para iso realizamos esta enquisa, tedes de prazo para facela ata o 29 de maio. Grazas pola vosa participación.
https://forms.gle/FJEvdSQXoHCN3iHdA
Copia o enlace nunha nova pestana. Grazas
20/5/26
Visita do rato Fuco
Fai uns días tivemos a sorte de que o rato Fuco nos visitara coa obra : " Eu son inspector urbanístico: coida do territorio, coida do teu" . Os nenos e nenas de infantil pasárono xenial .
15/5/26
Escape room
Na biblioteca vivimos unha experiencia moi emocionante cun escape room cheo de pistas e desafíos. Os nenos e nenas pasárono xenial descubrindo cada palabra escondida nos libros e traballando en equipo para resolver as probas. Ao final, cada un levou un marcapáxinas creado pola rapazada do cole.
Foi una actividade divertida, creativa e moi especial para todos!
14/5/26
Animadora santillana
Tivemos a sorte de contar con Victoria que nos fixo desfrutar dunha xornada chea de teatro.
Grazas por achegar a cultura, a literatura e o teatro dunha forma tan divertida e especial. Agardamos poder volver contar contigo noutra ocasión
13/5/26
Visita autores
A semana pasada tivemos a sorte de desfrutar da visita de Chinto, veu porque os rapaces e rapazas de 3º leron "Cámbiache o conto". Foi unha gran sorte que puidera vir e a rapazada desfrutou moito.
Grazas


.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)

