BULEBULE VIAXA POLA REDE

27/4/11

CANCIÓN A BULEBULE

Hoxe tivemos un fermoso agasallo: A Biblioteca encheuse de música.

A mamá de Lorenzo Galina Bothnar ,mestra de acordeón na Escola de Música, e, o noso ex -compañeiro e mestre Ricardo Seixo agasalláronos cunha fermosa canción dedicada á mascota da BIBLIO “ A xoaniña BULEBULE”.

Queredes aprendela?







Todos os cursos cantamos con Galina e Ricardo.











BULEBULE E TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA QUERE DARLLES AS GRAZAS POR ESTA CANCIÓN TAN FERMOSA !!

25/4/11

23 DE ABRIL

emptyemptydiaemptymundialemptydoemptylibro

23 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR

Dende o CEIP de Covas- Viveiro Lugo, chéganos esta presentación para poñer a proba os vosos coñecementos sobre a vida de MIGUEL DE CERVANTES e de WILLIAN SHAKESPEARE.


E dende o CEIP "A MAGDALENA" un libriño con actividades LIM arredor da celebración do Día do Libro.

14/4/11

CONCHA BLANCO COS NENOS E COAS NENAS DE 1º

Onte vistounos a escritora Concha Blanco autora de libros infantis e xuvenis. Acudiu a nosa Biblioteca a dar unha pequena charla aos nenos e as nenas de Primeiro e despertar así a súa curiosidade pola lectura e aficcionalos a contar historias para despois podelas plasmar nunha folla.
Contounos vellas historias que aconteceran na súa nenez e poemas que fixera para os seus alumnos e alumnas.

Foi moi divertido, agradecémoslle moito a súa presenza
.

Aquí están algunhas imaxes do acto:




Tamén firmou no libro de visitas da Biblioteca e deixounos unha fermosa dedicatoria.

13/4/11

FINA CASALDERREY

Unha muller sen voz e cun altavoz incorporado chegou onte á BIBLIOTECA do noso cole.

Agardabamos a Fina Casalderrey, e sí era ela.

Falaba baixiño,pero estivemos tan atentos ,que non perdemos nin unha soa palabra.

Resultou moi, moi interesante todo o que ela nós contou.

Falounos da súa infancia... historias divertidas e moi curiosas.

Díxonos que lle gustaba moito ler,e que ás veces non era capaz de escribir, e en cambio outras veces as ideas saían soas.


Fina, todo tenrura. Fina, contadora de historias. Fina, mestra. Fina, humana contando cousas da súa vida.


As profes , os nenos e as nenas disfrutamos con corazón!!

E, firmou no libro de visitas. Mirade que fermosa dedicatoria.




11/4/11

ABRIL , MES DO LIBRO

Seguimos festexando na Biblioteca o mes do libro.
Hoxe tivemos a sorte de que os alumnos e alumnas de 4º A lles contaran o conto de "Blancanieves y los siete gigantones" aos nenos e as nenas de 5 anos.

O fixeron tan ben, tan ben .Que os nenos e nenas de 5 anos mandáronlles repetir!!





E, coma no teatro tivemos dobre función

Os alumnos e alumnas de 6º A representaron o conto de "Ceniciento" para os nenos e nenas de 1º. Con baile incluido!!.
Que ben o seguimos a pasar!!



10/4/11

FINA CASALDERREY

O martes, día 12 estará na nosa biblioteca a gran escritora Fina Casalderrey.
Podedes botar unha ollada a súa
WEB OFICIAL.
Nela podemos encontrar a súa biografía, os libros que escribiu e os premios que recibíu
.
Un estupendo modo de preparar a súa visita!!


Os nenos e as nenas de 4º estiveron lendo o libro "Ás de mosca para Anxo", investigando na súa biografía,nos seus libros... e fixeron uns fermosos traballos ( moi ben documentados).

Aquí podedes ver o de Carlos, Salva, Andrea e Ricardo.

9/4/11

A ESCRITORA ANA ALONSO NA BIBLIO.

O xoves 7, os nenos e nenas de 3º de Primaria compartiron uns momentos moi agradables e disfrutaron enormemente coa escritora Ana Alonso.

Contoulles moitas cousas interesantes sobre a súa vida e o seu oficio de escritora.

Tamén falaron dos libros que os rapaces estiveron lendo e traballando durante días,
“Una carta muy rara” e “Blancanieves en la ciudad”.

Ao finalizar a visita asinou os seus exemplares, que gardarán con cariño!!

MOITAS GRAZAS, ANA!!


E aquí está a reportaxe gráfica:



"Una carta muy rara", e “Blancanieves en la ciudad”son da colección Pizca de sal podedes entrar na web de Pizca e seguir facendo moitas actividades .

6/4/11

CONTOS COMPARTIDOS

Continuamos cos contos compartidos. Nesta ocasión os alumnos e alumnas de 4º B contaron os contos de " A ratiña presumida" e " Pinocho no era el mentiroso" aos nenos e as nenas de 2º de Ed. Primaria e aos nenos e nenas de 5 anos. Sabemos que o pasaron moi , pero que moi ben, porque tivemos que prometerlles repetir a función.

5/4/11

CONTOS COMPARTIDOS


Hoxe, os alumnos e alumnas de 4º B escenificaron

para os nenos e nenas de 4 anos os contos :
" A ratiña presumida"

"Pinocho no era el mentiroso"


QUE BEN O PASAMOS!!

ABRIL , MES DOS LIBROS

Para comezar coa programación ABRIL , MES DO LIBRO ;este luns foi a entrega de premios e diplomas do concurso BULEBULE BUSCA AVENTURAS DE MAR. O premio cal foi? Pois UN LIBRO.


PARABÉNS A TODOS E A TODAS!!