BULEBULE VIAXA POLA REDE

29/4/26

Apadriñamento

 Momentos máxicos para maiores e pequenos...

As lecturas compartidas ou apadriñamentos  o día do libro no patio nos que o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º leu contos aos pequenos e pequenas de infantil e 1º ciclo son deses momentos tenros, que nos deixan o corazón cheo de ledicia.






15/4/26

O CEIP Isaac Díaz Pardo estrea torneo de xadrez cun éxito total

 Con moita ilusión celebramos no CEIP Isaac Díaz Pardo o primeiro torneo de xadrez do cole.

 A participación foi todo un éxito: taboleiros cheos, moita concentración e un ambiente inmellorable.

Queremos darlle os parabéns a todos os nenos e nenas que participaron por demostrar tanto esforzo, deportividade e ganas de aprender.

E, por suposto, a nosa enhoraboa máis especial para os gañadores desta primeira edición

!Grazas ao alumnado e ao profesorado por facelo posible. Xa estamos desexando que chegue o próximo torneo!





10/4/26

Visita de Carlos Meixide

Hoxe tivemos a sorte de recibir no noso cole a Carlos Meixide.

Ao rematar, Carlos asinou os libros de todos os nenos e nenas, deixando un recordo moi especial deste día.

Nós tamén quixemos agradecerlle a súa visita cun detalle moi especial.

Foi unha xornada chea de ilusión, aprendizaxe e emocións, que quedará gardada na nosa memoria como unha experiencia moi especial arredor da lectura.



Moitas grazas, Carlos, pola túa visita.