BULEBULE VIAXA POLA REDE

15/4/26

O CEIP Isaac Díaz Pardo estrea torneo de xadrez cun éxito total

 Con moita ilusión celebramos no CEIP Isaac Díaz Pardo o primeiro torneo de xadrez do cole.

 A participación foi todo un éxito: taboleiros cheos, moita concentración e un ambiente inmellorable.

Queremos darlle os parabéns a todos os nenos e nenas que participaron por demostrar tanto esforzo, deportividade e ganas de aprender.

E, por suposto, a nosa enhoraboa máis especial para os gañadores desta primeira edición

!Grazas ao alumnado e ao profesorado por facelo posible. Xa estamos desexando que chegue o próximo torneo!





No hay comentarios: