BULEBULE VIAXA POLA REDE

18/12/10

UNHA CONTACONTOS MOI ESPECIAL



Marta a nai de Clara e Dani, estivo a nos contar moitos contos.

Estes títulos e moitos máis encheron a nosa biblioteca o xoves e o venres na voz de Marta.
Viña cargada de ilusión e os nenos e as nenas de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria puxeron as súas ganas de escoitar contos, un conxunto perfecto para gozar da lectura.
O noso agradecemento.
Deixámosvos algunhas imaxes destas sesións tan estupendas.





17/12/10

UN NADAL DE LECTURAS

BULEBULE estivo buscando, buscando na nosa BIBLIOTECA e estes son os libros que vos recomenda que pidades como agasallo polo NADAL.


15/12/10

Villancico acuático.

CHEGA O NADAL

Preme na imaxe e atoparás un montón de recursos para traballar na clase ou na casa, agora que se achega o nadal

ATOPARALO NA BIBLIO "EL VIAJE DEL EMPERADOR"

"El viaje del emperador" do director francés Luc Jacquet,xa está na nosa biblio!!

Este documental foi galardonado cun Oscar no 2005.

Narra a odisea do pingüín emperador que todos os anos ao chegar o inverno ten que percorrer centos de Kilómetros na Antártida, para poder sobrevivir , criar e alimentar as súas crias.

INVESTIGAMOS SOBRE...



12/12/10

PROXECTO "SOMÉRXETE CON BULEBULE NO MUNDO MARIÑO"

No pasado mes de outubro, viñeron ao noso centro Ramón Sixto, Manuel Cao e Santiago Vázquez a darnos unha charla en DEFENSA DA RÍA DE "O BURGO".
A raíz disto os nenos e as nenas de 4º ESCRIBIRON CONTOS e INVESTIGARON sobre a ría de "O BURGO" dentro do proxecto "Somérxete con BULEBULE no mundo mariño"

Aquí vos deixamos algo do moito que fixeron.






VIDEO DO CONTO: "OS TRES BANDIDOS"

"OS TRES BANDIDOS"
De Tomi Ungerer.Ed. Kalandraka



VEN Á BIBLIO A LELO!!

7/12/10

10 de decembro: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

  • Comenzamos con este vídeo

  • E continuamos con este fermoso conto que nos achegan dende o CEIP Eduardo Pondal "Café dulce, café amargo".Que ben pode servir para traballar o día 10 de decembro.
  • "Café dulce, café amargo"
    Un conto de Anna Obiols
    Ilustrado por Subi
    Edita Proteus
    Unha narración para axudarnos a pensar e reflexionar sobre o que é importante, necesario ou imprescindible. Esta reflexión é dun neno que vive na rúa.
    Nenos da rúa. Segundo as estimacións realizadas por UNICEF, o número de nenos e nenas que viven na rúa sin atención familiar e sen protección dalgún adulto, supera os 100 millóns en todo o mundo.


    Café dulce, café amargo on PhotoPeach

2/12/10

ERASE UNHA VEZ

"CUENTOS SILENCIOSOS" de Benjamin Lacombe .

Ed. Edelvives
Novo libro de Benjamin Lacombe, que nos remite a outros libros xa lidos, a historias xa coñecidas.

Moi útil para que mamá, papá, avós, avoas....conten unha historia.


Fermoso e engaiolante .