BULEBULE VIAXA POLA REDE

31/10/17

SAMAÍN

Os amigos do Ceip Pintor Laxeiro fixeron unha magnífica selección de recursos para celebrar o samaín. Moitas grazas por tan bo traballo. Aí os tedes:

Educación Infantil
Pinta unha cabaza arrepiante: http://www.juegos.com/juego/creepy-coloring.html
Debuxos de samaín para imprimir e colorear: http://www.educima.com/dibujos-para-colorear-halloween-c93.html
Cabazas para imprimir e colorear: http://www.dibujos-para-ninos.com/dibujo-calabazas-halloween.html
Adiviñas do Samaín: http://benclalu2-3.blogspot.com/2009/10/poesia-de-samain.html
Tallar unha cabaza: http://picasaweb.google.com/lh/view?q=colorear+halloween&uname=professoracarolina&psc=G&cuname=professoracarolina&filter=1#5467887949917059938
Decora a tua cabaza: http://www.thekidzpage.com/freeonlinetoys/jackolantern-dressup/dressup.swf
Xogo de coller cabazas: http://www.thekidzpage.com/freekidsgames/games/halloween_games/halloweengame2.swf
                               http://www.youtube.com/watch?v=s8LiPoIpxnk
                               http://www.youtube.com/watch?v=skdVouumMk4&feature=related

Educación Primaria
Facemos unha caixa de caramelos: http://manualidadesparahalloween.com/caja-para-caramelos-de-halloween/                                                                                                                     
Facemos un bolso de cabaza: http://manualidadesparahalloween.com/bolso-de-papel-de-halloween/
Ideas para decorar cabazas: http://www.pumpkingutter.com/gallery2/main.php
Xogo: “Ahí ven a bruxa”:  http://www.xente.mundo-r.com/norberto/recursos/samain/xogobruxa.pdf
O Samaín (texto de Ventero): http://www.xente.mundo-r.com/norberto/recursos/samain/osamain.pdf
Coñece Halloween en “Wanda Witch´s House”: http://bibliotics.blogspot.com/2009/10/halloween.html
Ben & Jerry´s fun Halloween: http://www.benjerry.com/fun/halloween/
Baila co esquelete: http://bibliotics.blogspot.com/2009/10/mover-el-esqueleto.html
Actividades variadas: http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/materiaissamain08.pdf
O xogo do Samaín: http://centros.edu.xunta.es/ceip.manuel.fraga/unidades/samain/xogosamain.html
Manualidades: Casa encantada: http://www.youtube.com/watch?v=AC58UIfwGrk&feature=player_embedded#at=136
Xogo: “Tres en raia” de cabazas: http://www.tonterias.com/2003/03/tres-en-raya-halloween/
Xogo: elimina cabazas: http://www.rinconjuegos.com/the-pumpkins-ballade/
Xogo: Axuda a bruxa a recoller cabazas: http://www.rinconjuegos.com/bullet-time-witch/
Xogo: Cumple os encargos: http://www.rinconjuegos.com/pumpkin-shop/



Aquí tendes todo tipo de recursos á vosa disposición para traballar esta festa.



(Vieros da Escola)


(Cultura Galega.org)

(C.E.I.P. de Palmeira)

 Presentación sobre o Samaín
I.E.S. de Porto do Son

Web de Norberto
-Unidade didáctica 2 (2º ciclo)
CEIP O Castiñeiro (Laza)

 -Proxecto:
C.E.I.P. Quintela (Moaña)

C.E.I.P. Manuel Fraga( Cariño)

 Ilustracións para colorear:
-cathycreatif (en francés)
-hugolescargot (en francés)
-picasa1 (secuencia: tallar unha cabaza)




Canción do Samaín (Mama Cabra)

  
  Actividades LIM do CEIP A Pedra (Bueu)
Un Samaín de Conxuros (para os máis pequerrechos)
Un Samaín de conxuros (para os máis grandiños)


CEIP Mestres Goldar (Vigo)




Canción de los esqueletos


Practica o teu inglés cantando :


Vídeo de YouTube





Banda sonora de la película de Tim Burton "Pesadilla antes de Navidad"

 Películas de medo:
12.Casper

 Manualidades:

(Clara de Saá- Editorial Kalandraka)


(Carlos e Sabela Labraña- Editorial Everest)



(Pepe Carreiro-Editorial A Nosa Terra)




(Pepe Carreiro-Editorial Toxosoutos)


Rafael López Loureiro- Editorial Ir Indo

 FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS

fIZ O COLECCIONISTA DE MEDOS



AS NOSAS GUÍAS
 Guía de lecturas Samaín 2009: "Lecturas para arrepiar"

Guía de lecturas Samaín 2010"Lecturas para tremer"
C.E.I.P. Víctor Sáenz


Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
 Praza das letras

Fundación Germán Sánchez Ruiperez
Colección Temas na Literatura Infantil  e Xuvenil
nº 13

24/10/17

MOCHILAS VIAXEIRAS

MOCHILAS  VIAXEIRAS

Xa están nas casas as novas mochilas cargadas con novos contidos...
 Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura. A mochila viaxeira permitirá levar libros á casa para compartilos coa familia: ese conto que tanto nos gustou, ese libro de poemas que ten palabras fermosas, as imaxes dun álbum que tanto me abraiaron, esa música que fai bailar ás pedras, unha película, un libro que fala do tema que andamos a estudar...



FINALIDADE

 A mochila viaxeira está pensada para que, desde a biblioteca escolar, se poida organizar unha actividade que implique ás familias, e así proporcionar un motivo de encontro entre os distintos membros desta, tomando como motivo o mundo dos libros e da lectura. A mochila é o soporte que permitirá aos rapaces e rapazas levar á súa casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola no seu labor común para a formación dos lectores máis novos.

Coidádeas e desfrutade delas na compaña das vosas familias. 

24 de outubro, día da Biblioteca


Hoxe,  24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Van xa máis de dúas décadas desde que a Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil propuxera esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía. 
Coa celebración deste día quérese concienciar á nosa sociedade da importancia da lectura, especialmente entre os nenos e novos, e agradecer e potenciar o extraordinario labor dos profesionais das bibliotecas, difundindo a existencia dun servizo público de proximidade e inclusivo que contribúe eficazmente a facilitar unha vía de acceso ao coñecemento a todos os cidadáns. Búscase, por tanto, destacar o papel da biblioteca como un espazo público do coñecemento, libre e gratuíto, que se fai aínda máis necesario dentro da nova contorna dixital, ademais de traballar e contribuír a reducir as desigualdades sociais.

CEIP ISAAC DÍAZ PARDO, "25 ANOS FACENDO ESCOLA"

Despois dun tempo sen actividade, Bulebule decide volver a publicar, neste o voso blog da biblioteca, por varias razóns, das cales a de maior peso é a data tan significativa deste curso escolar: O NOSO COLE CUMPLE 25 ANOS!!! Así que preparados, listos..., 3,2,1 arranca un ano cheo de sorpresas das que pouco a pouco vos iremos dando conta. Estade moi atentos e participade delas...

2/12/15

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Hoxe, 3 de decembro, é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.


 Calcúlase que mil millóns de persoas no mundo viven con algún tipo de 'capacidade diferente', como se di tamén. 

O acceso ao mundo laboral é un camiño imprescindible para a integración.


 Pero para chegar ata aí, hai un paso previo, a súa integración no mundo educativo. 

Bulebule non quere deixar escapar esta ocasión para presentarvos as disciplinas  dos Xogos Paralímpicos:


27/11/15

Un ATA SEMPRE A XOSÉ NEIRA VILAS


No día do seu pasamento BULEBULE rende homenaxe a Xosé Neira Vilas. Non foi só unha testemuña privilexiada da historia de Galicia senón tamén un construtor da máis fermosa historia que nos constituiu aos galegos e galegas.

Puxo as pedras baselares para a construción dunha literatura galega
 e en galego, e traballou sempre para que os nenos e nenas tivesen unha educación en galego.

Xosé Neira Vilas web AELGDESTA TERRA
Auga, pedra, sol e vento,
aquí a ledicia é tanta
que todo rebule e canta
e o Ulla vaise contento.
Teño nesta terra asento
e un sentimento profundo,
un amor vivo e rotundo
polo val onde nacín,
levo a Gres dentro de min,
son deste anaco do mundo.

GRAZAS POR TODO E ATA SEMPRE!!!


20/11/15

20 de novembro: DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA



O 20 de novembro de 1959, a Asamblea Xeral da ONU aprobou a Declaración Universal dos dereitos dos nenos e nenas. Esta Declaración, establece en dez principios cuidadosamente redactados, os dereitos dos nenos e nenas para que disfruten de protección especial e dispoñan de opotunidades e servicios que lles permitan desenvolverse felizmente en forma sa e normal, en condicións de liberdade e dignidade; para que teñan un nome e unha nacionalidade desde o seu nacemento; para que gocen dos beneficios da seguridade social e reciban tratamento, educación e coidados especiais se teñen algún padecemento; para crecer nun ambiente de afecto e seguridade; para que reciban educación e figuren entre os primeiros que reciban protección e socorro en casos de desastre; para que se lles protexa contra calquer forma de discriminación, á par de que sexan educados nun espíritu de comprensión, tolerancia, amizade entre os pobos, pola paz e a fraternidade universal.


Esta Declaración, ademais de proclamar os dereitos das nenas e dos nenos, insta aos pais, aos adultos, ás organizacións e ás autoridades, a que recoñezan istos dereitos e loiten pola súa observancia.
Na páxina 
de Unicef (http://www.ajugarconunicef.org/#centro
podemos atopar máis información sobre os Dereitos dos nenos e das nenas e a Convención, xogos e tamén videos.


 

15/11/15

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Bulebule presenta: NOVIDADES!
Velaquí as últimas adquisións da biblioteca respondendo a demanda dos nosos lectores e das nosas lectoras. Boa lectura!!






Bulebule fixo tamén unha selección cos máis lidos. Coñecédelas?

1/11/15

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

Por segundo ano consecutivo, desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promóvose a celebración de novembro como  MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS, sumándose á celebración doutras iniciativas como o Día da Ciencia en Galicia, da Real Academia Galega de Ciencias, celebrado o pasado 1 de xuño e dedicado á oceanógrafa galega Ánxeles Alvariño, ou o Día da Ciencia en Galego, a celebrar o 4 de novembro, a instancia da Institución Galega de Ciencia entre outras institucións. 
Desta vez o autor do manifesto para o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas é o científico e divulgador da Universidade de Santiago, Jorge Mira, quen lembra no seu fermoso texto que "o galego, tanto pola riqueza que lle dá o seu milenio de historia, como pola súa condición de porta aberta a centos de millóns de persoas da lusofonía, é vehículo esencial para transportar masivamente a ciencia e o labor dos moitos científicos de excelencia que temos en Galicia."
Desde a consellería editouse, tamén, un FOLLETO INFORMATIVO con informacións diversas sobre a celebración deste Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, recollendo a programación das bibliotecas públicas nodais (dependentes da administración autonómica), así como otras informacións de Bibliotecas Escolares de Galicia, en relación con esta temática. 

Bulebule propón que nos sumemos á iniciativa e compartamos a gran idea de que a CIENCIA É TAMÉN EN GALEGO.

23/10/15

24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA

O 24 de Outubro é recoñecido como o Día da Biblioteca, desde que hai anos comezara a celebrarse grazas ao empeño da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, no 1997. Amparado agora polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, o DÍA DA BIBLIOTECA celébrase en todo o estado e serve para dar visibilidade a todas e cada unha das bibliotecas que abren as súas portas día a día para acoller ás persoas en procura de lectura e de coñecemento, pero tamén de espazos "amigables" nos que compartir experiencia lectora, pensar e traballar xunto con outros en proxectos diversos.

 Porque iso son as actuais bibliotecas, eses "terceiros lugares" capaces de acollernos e axudarnos a desenvolver proxectos persoais de moi distinto tipo. 

As bibliotecas escolares celebran todos os días a súa existencia, froito dos esforzos das comunidades educativas que as poñen en pé, pero tamén arredor desta data, e durante todo o mes de outubro, sucédense actividades ao longo das bibliotecas dos nosos centros, dedicadas a dar a coñecer as súas posibilidades, ensinar ao alumnado a usar os seus recursos e animar a grandes e pequenos a que aproveiten as súas oportunidades: libros, materiais audiovisuais, recursos electrónicos, equipamentos, espazos atractivo, actividades tentadoras (recitais, presentacións, lecturas compartidas, acompañamentos lectores, hora do conto, "olimpiadas do saber", exposicións e presentacións de traballos, formación de usuarios e usarias, "aprender a investigar", mochilas viaxeiras, clubs de lectura... ). As bibliotecas como base de exploración persoal e colectiva, como inicio de viaxes reais ou imaxinarias, como espazo de encontro consigo mesmo e cos outros. 
BULEBULE ABRE AS PORTAS DA BIBLIOTECA DO NOSO COLE E AS PORTAS A UN MUNDO POR DESCUBRIR… ENTRADE !!!!