BULEBULE VIAXA POLA REDE

18/1/13


126 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE RUBÉN DARÍO





6/1/13

LEMBRANDO A D. ISAAC DÍAZ PARDO


LEMBRAMOS A DÍAZ PARDO

O pasado sábado 5 de xaneiro cumpriuse un ano do pasamento do intelectual galeguista, que da nome ao noso colexio,  Isaac Díaz Pardo (Compostela, 1920-A Coruña, 2012). Para conmemorar ese primeiro cabodano algúns dos seus amigos e achegados reuníronse o sábado, ás doce e media, no cemiterio compostelán de Boisaca para renderlle unha homenaxe. A súa foi unha das voces que se escoitou ese mediodía en Santiago para lembrar a unha das figuras más sobresaíntes da cultura galega do século XX.
O tributo levou o título dun poema de Lorenzo Varela: Unha cesta de pombas e mazás, que foi recitado por Xosé Ramón Fandiño, que foi un dos colaboradores de Díaz Pardo. Tamén participaron na homenaxe, entre outros, Fernando Salgado, Luz Pozo e Claudio Rodríguez Fer.

Bulebule e a comunidade educativa do CEIP Isaac Díaz Pardo súmanse a esta lembranza.

Aquí vos deixamos o poema de Lorenzo Varela “Unha cesta de pombas e mazás”.

¡Tan doce era a xuntanza miña e vosa, 
de todos nós co mundo! 
Facíamos un feixe de campos e de estrelas, 
e ó pisar ise chao que latexaba 
sentíamos subir pola sangue o misterio. 
O noso corpo era o camiño da maxia, 
a escada pola que viña a lúa, 
o zume de todol-os segredos, 
a canzón da herba que resucitóu. 
E o mismo verme era unha folla leda, 
un mensaxeiro do sagrado alén. 

Morréchedes, matáronvos, deixáronme. 
Quedei aquí, lonxe das vosa sombras. 

E gardo, coma un morto, 
no centro do silenzo, da sede, da agonía, 
o día que vos poda levar á sepultura 
unha cesta de pombas e mazás. 
¡Tan doce era a xuntanza miña e vosa, 
de todos nós co mundo!.