BULEBULE VIAXA POLA REDE

11/1/10

As nenas e nenos de 6º A contan un conto chino

BULEBULE POLO MUNDO!

Bulebule viaxou moito este verán, visitou todos os continentes e tróuxonos un agasallo: un conto de cada lugar polos que andivo.
Tamén deixo unha carta na que invitou aos nosos alumnos e alumnas a coñecer un pouco máis o país de onde era orixinario cada conto.Carta de Bulebule.
Ao longo do 1º trimestre os nenos e as nenas dos distintos niveis de Ed. Infantil e Ed. Primaria realizaron diferentes traballos que se concetraron nunha exposición polos pasillos,tamén se fixeron presentacións en power point e sesións de contacontos a cargo dos alumnos e alumnas de 5º de Ed. Primaria para todos os cursos de Ed. Infantil.
Aquí podedes comprobar o que teñen traballado.