BULEBULE VIAXA POLA REDE

22/3/12

A PRINCESA E O DRAGÓN.

O pasado martes día 20 de marzo, a dragona Ramona achegouse á nosa biblioteca para contarlles aos nenos e nenas de 5 anos A e B o conto titulado A princesa e o dragón.
Ademais de disfrutar desta historia, aprenderon moitas cousas sobre os dragóns. Pasárono FENOMENAL!!!!!!!



21/3/12

DÍA MUNDIAL DA POESÍA.

En 4º A leron poemas, recitaron...




20/3/12

DÍA MUNDIAL DA POESÍA


DÍA MUNDIAL DA POESÍA
A UNESCO propuxo este tributo á palabra escrita que se conmemora cada 21 de marzo.
Celébrase en diversas latitudes do noso planeta, en lugares tan distantes como París, Bogotá, Amsterdan...
Nós, dende a biblioteca, tamén queremos rendirlle homenaxe con esta convocatoria.
Bulebule espera as vosas creacións e mesmo os vosos recitados se vos animades.
De seguro que recibiredes un agasallo.

19/3/12

Encontro con SILVESTRE GÓMEZ XURXO



Hoxe contamos coa presencia na biblioteca do autor do libro TI NON XOGAS!Estivo acompañado polo alumnado de 4º,moi interesado por saber que motivou a Silvestre na escrita desta historia.Tod@s leran durante este trimestre o libro,polo que tiñan moito intérés neste encontro.
O escritor faloulles das súas experiencias coma mestre e doutras cuestións plantexadas polos rapaces.Foi un encontro moi agradable e enriquecedor.Os alumnos ensináronlle os traballos que fixeron inspirados no libro, e a Silvestre parecéronlle moi interesantes.













18/3/12

OS LIBROS VOADORES DO SR. MORRIS

Cortametraxe galardoada polos premios Oscar de 2012
.

Alegoría conmovedora e humorística sobre os poderes curativos da ficción.
Morris Lessmore mantense ao borde entre un estilo antigo e o máis innovador da ilustración.

7/3/12

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Aquí vos deixamos unhas suxestións lectoras que acurtan a distancia no camiño por percorrer pola igualdade e superación de conviccións sexistas.


"O PAÍS DOS MANDÓNS"
Vídeo montado a partir do conto,para traballar nesta data.Grazas aos que elaboraron este traballo e o puxeron a diposición de todos nós.