BULEBULE VIAXA POLA REDE

21/3/13


21 de marzo: Día Mundial da Poesía

21 de marzo: Día Mundial da Poesía
Cada 21 de marzo, co equinocio de primavera, celébrase o Día Mundial da Poesía.
UNESCO proclamou este día querendo homenaxear ás persoas que, só coa palabra como ferramenta, intentan mellorar o mundo.

 
    

CONCURSO MARCAPÁXINAS " DÍA DO LIBRO"




CONCURSO DE MARCADORES DE LECTURA

Organizado por Bulebule para celebrar o Día do Libro (23 de abril)

BASES

1. O motivo do marcapáxinas consistirá nun debuxo relativo á literatura ou á lectura. Ademais poderá incluir algunha frase, poema ou lema alusivos.

2. O formato para a realización do marcador será facilitado polos titores.

3. Cada alumno participante só poderá presentar un traballo.

4. A técnica é libre: lápices de cores, rotuladores, acuarela, témpera, ceras, etc…

5. O nome, apelidos e curso do alumno concursante deberá figurar no reverso do marcapáxinas.

6. Os traballos serán recollidos polos titores.

7. De entre os traballos  elixirase un gañador que será reproducido e distribuido entre os alumnos e os profesores do Colexio.

8. O prazo de presentación dos traballos finalizará o día 5 de abril.

PARTICIPADE !!!

13/3/13

Visita de Xabier P. Docampo

O pasado luns 11 tivemos a sorte de contar cunha visita especial: Xabier P. Docampo, que nos veu contar historias e falar do libro que lemos: 

  Así fala el de si mesmo no seu Blog:  
 “ Nacín chairego e fillo de chairegos o 5 de abril de 1946 en Rábade (Lugo). Aos meus sete meses trasladámonos a Castro de Ribeiras de Lea, de alí era miña mai —meu pai de Xermar (Cospeito)—, onde fun por primeira vez á escola. Pasando por enriba da etapa máis interesante da miña vida, a infancia, no comezo da adolescencia a familia enteira trasladouse a vivir á Coruña onde estudiei o bacharelato e maxisterio, sen perder nunca o contacto coa Terra Cha a onde regresabamos en calquera oportunidade por curta que fose a estancia.
     Traballei como mestre en varios colexios e durante oito anos en Preescolar na Casa. Estiven sempre relacionado cos movementos de renovación pedagóxica.

     Pertencín ao Consello de Redacción da Revista Galega de Educación. Dei cursos a profesores e lin ponencias en congresos sobre a didáctica da lingua e a literatura, sobre a lectura e a súa implantación escolar e social, sobre a narración oral, a súa estructura, a súa influencia na literatura escrita e a súa utilización didáctica, tanto en Galicia coma fóra. Estas actividades de reflexión sobre da narración oral, a escritura e a lectura leváronme a participar como conferenciante en eventos sobre tales temas en América en diversas ocasións.

     Escribín libros de texto para a escola e textos de ensaio didáctico e pedagóxico.

     Fun actor e director de teatro. Traballei durante sete anos en Radio Nacional de España en Galicia como guionista e como director de programas de diverso tipo e formato. Tamén escribín e dirixín obras para vídeo e para televisión. Dei cursos a profesores sobre a utilización didáctica de ambos medios.

     Durante un tempo fixen diferentes actividades de narración oral en distintos lugares de Galicia e de fóra.

     Participei na creación da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) na que pertencín durante cinco anos á súa xunta directiva, dous deles como presidente.

     Durante tres anos fun columnista semanal na prensa diaria.

     Polos meus libros déronme algúns premios:


     Premio "Feira do Libro de A Coruña, 1989", polo conxunto da obra narrativa.

     Premio "Emilia Pardo Bazán" do Ministerio de Educación.

     Premio "Rañolas 1994" á mellor obra de Literatura Infantil e Xuvenil en Galicia.

     "Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 1995".

     "Honourl List IBBY 1996".

     "The White Ravens 1997" de la Jugendbibliothek de Munich.

     Premio "Lecturas" da Asociación do Libro Infantil e Xuvenil de Galicia (GALIX) de 2004.

     "The White Ravens 2005" da Jugendbibliotethet de Munich.”
. 
Podedes ver un resumo da súa visita no seguinte video:




12/3/13

25 SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA

Do día 11 ao 15 celebramos a Semana da Prensa na Escola, unha conmemoración que este ano chega á súa 25ª edición e que contou desde o seu inicio co respaldo da comunidade educativa da comunidade.

A proposta que vos fai Bulebule é que cada un de vós  imaxine , deseñe e redacte a  portada coas novas que lle gustaría espertarse mañá. Pensádeo!!!

Podedes entregar as  vosas portadas na Biblioteca.

Se queredes saber máis sobre este tema, A PRENSA NA ESCOLA, premede nas seguintes imaxes:

 



9/3/13

ENCONTROS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2012/2013

O 7 e 8 de marzo tiveron lugar en Compostela os Encontros do Plan de mellora 
de bibliotecas escolares, unha actividade de formación organizada conxuntamente
 polo Servizo de Formación do Profesorado (CAFI) e pola Dirección Xeral de
Centros e Recursos Humanos (Asesoría de bibliotecas escolares), da Consellería
 de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, coa colaboración do Ministerio
 de Educación, Cultura e Deporte.
Estes encontros responden á vontade da consellería de reunir, unha vez máis,
 ao profesorado que coordina os equipos de biblioteca dos centros integrados no
 Plan de mellora de b.e (PLAMBE), un programa que procura, desde o ano
 2005, a transformación das bibliotecas escolares en auténticos centros de recursos
 para a lectura, a información e a aprendizaxe, e no que ten sido decisiva a creación
 de vínculos profesionais entre os integrantes deste colectivo.  
Ainda que se trataron aspectos diversos relacionados cos servizos e o papel das
 bibliotecas escolares nos centros educativos, fíxose fincapé na función destas
 bibliotecas como compensadoras de desigualdades sociais, aspecto que cómpre
 salientar nun momento en que as diferenzas no acceso aos recursos culturais pode
 medrar. Outro dos aspectos destacados foi a alfabetización mediática e
 informacional, un contido imprescindible para o alumnado que medra na sociedade da información e que ten na
 biblioteca escolar un aliado natural.

8/3/13

TODOS OS DÍAS SON 8 DE MARZO

O día 8 de marzo celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. 
É unha data que serve de pretexto para denunciar as carencias que todavía existen no camiño hacia a igualdade entre homes e mulleres, unha desigualdade que segue sendo patente en moitas partes do mundo.

No blog "Aprendemos a convivir" de Rocío Méndez, mestra de Pedagoxía Terapéutica, atopamos este vídeo que elaborou o Departamento de Orientación e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do seu centro, sobre a historia da muller galega ao longo do tempo, dende as mulleres druídas ata a actualidade.

Preme na seguinte imaxe:







Tedes, clicando nas seguintes imaxes, acceso a actividades sobre o tema:

No Ceip Milladoiro, de Malpica, tamén fixeron unha moi boa selección de contidos e actividades para coñecer e celebrar tal data. Premede na seguinte imaxe e comprobádeo:


  
  Bulebule quérevos  deixar tamén unha pequena selección de libros coa mesma temática. Non deixedes de ler!! 

Para rematar un video con máis información sobre a celebración de hoxe: