BULEBULE VIAXA POLA REDE

5/11/23

Actividades concello Culleredo

Deixamos información da próxima actividade que propón a Biblioteca de Culleredo. .



O venres 10 de novembro a Biblitoeca Cardeso Liñares de Vilaboa acollerá un obradoiro creativo de instrumentos musicais, de 17:00 a 18:00 horas.

Está pensado para miúdos e miúdas de 7 anos en diante, e as reservas poderanse facer na mesma semana da actividade no 981 65 00 77.


Animádevos a participar!!

Samaín no Isaac Díaz Pardo

👻Samaín 💀


  

Samaín xa rematou, pero vos deixamos polas redes un resumo do que fixemos no cole. 

O primeiro que fixemos foi facer unha selección de libros sobre a temática de medo, e situalos na entrada da biblioteca. Así como ambientar a porta da biblioteca para sentir unha lectura espelucnante. 


Todo o cole participou no concurso literario de conto de medo e sebuxo terrorífico, os resultados foron impresionantes. Aquí vos deixamos unhas imaxes. 

















Aquí tedes un vídeo cos debuxos máis de cerca. 



E como todo bo traballo ten o seu resultado, o día 31 entregáronse os premios aos gañadorese tamén un diploma aos que participaron  na decoración de cabazas. 





Gracias a todos!!!