BULEBULE VIAXA POLA REDE

27/6/12

DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 6º

Aquel futuro lonxano
faise presente
e agora...
AGORA...
AGORA BOTARÉMOSVOS DE MENOS!!!!

21/6/12

LECTURAS DE VERÁN


Xa tendes aquí as recomendacións de lecturas para este verán.
Lembrade, un verán de aventuras... con boas lecturas.

20/6/12

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MEDIOAMBIENTAL

O pasado mércores 6 de xuño tivo lugar no salón de actos do Conservatorio a entrega dos premios e diplomas aos participantes do “III Concurso Concello de Culleredo de Fotografía Medioambiental para Escolares”.
O xurado, seguindo as bases do concurso, apartado noveno, estivo integrado por:



• 2 representantes municipais: - 1 técnico de medio ambiente - 1 técnico de educación • 2 profesores/as dos colexios públicos participantes no concurso • 2 profesores/as dos colexios participantes no concurso • 1 experto en fotografía
O noso centro recibiu, ademais dos diplomas dos participantes, un diploma para o centro en recoñecemento á participación.
Aí vos mostramos a foto da entrega.

ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS 2012

Traballos premiados no CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS 2012

18/6/12

AS CULTURAS GREGAS E ROMANAS

Os romanos apareceron no libro de Coñecemento d@s nen@s de 4º,e Esther(a nai de Sandra)á que lle encanta e sabe moito destas civilizacións,quíxonos axudar a entender mellor o legado destas dúas culturas,e veu ao cole a falar delas...COMA SEMPRE UNHA LEDICIA ESCOITALA...

DÍA NACIONAL DO DOANTE

O alumnado de 3º e 5º tivo a oportunidade de asistir a unha charla-coloquio sobre a doación de órganos que tivo lugar na biblio do cole .O encontro foi moi enriquecedor,resolveulles moitas dúbidas , e de seguro contribuiu a súa sensibilización neste tema tan vital.
Grazas aos representantes da asociación ALCER!!

5/6/12

Bambu e o agricultor

Un fermoso contiño creado,escrito e narrado por Manuel.

3/6/12

POEMA DA LINGUA DA FAMILIA

Un traballo sobre a nosa lingua, feito con moita sensibilidade pol@s nen@s de 5ºA e as súas familias.
Grazas polas vosas reflexións.

2/6/12

MEDRANDO EN VALORES

Actividades realizadas pol@o nen@s de 4 anos neste curso que xa remata.
Traballaron moito e ben.Esta é unha pequena mostra:

 

ENCONTRO CON IGNACIO IGLESIAS

Hai xa uns días visitou o noso colexio o árbitro Ignacio Iglesias.
Estivo c@s alumn@s de 6º.
O encontro foi moi satisfactorio e moitas foron as preguntas que lle fixeron.
Estivo moi simpático e cercano.Aquí vos deixamos unhas imaxes para o recordo.