BULEBULE VIAXA POLA REDE

20/12/12

BICENTENARIO DOS CONTOS DOS IRMÁNS GRIMM





Hoxe cúmplense 200 anos dos contos dos Hermanos Grimm, escritores de orixe alemán e autores de historias tan coñecidas como "Hansel e Gretel", a "Carapuchiña Vermella"...
Durante o día de hoxe (20 de decembro), se ides a Google poderedes ver unha fermosa animación do conto da Carapuchiña Vermella. Aquí vola deixo:



O 20 de decembro de 1812 apareceu a primeira edición dos contos recompilados polos irmáns Jacob  e  Wilhelm Grimm, un libro destinado a converterse nun dos máis coñecidos do mundo. 

Dende entón os contos dos irmáns Grimm, como se lles coñece, foron traducidos a 170 idiomas e dende 2005 a primeira edición, que se encontra en Kassel (centro de Alemaña) forma parte do Patrimonio Cultural da Humanidade.
O bicentenario desa primeira edición servirá en Alemaña para dar comezo ao chamado Ano Grimm, que se prolongará durante todo 2013 e que terá como epicentro Kassel, cidade na que viviron os dous irmáns entre 1798 e 1841.
BULEBULE anda a preparar algo para sumarse a esta celebración. Estade atentos e atentas!!!

Aí tedes unha mostra, en video, para os perguiceiros á hora de ler:









19/12/12

LENDO NO NADAL


desexa que pasedes unhas moi boas festas, acompañados e acompañadas polas vosas familias, amizades e por suposto dunhas boas lecturas.
Aquí vos deixa unhas recomendacións moi suxerentes.




NADAL



Aí tedes o escritorio de netvibes cun sinfín de propostas, ideas, actividades... para o nadal. Grazas a Xoanca pola escolla e agardamos que vos guste e sexa  de utilidade (preme na imaxe para acceder ao escritorio):


18/12/12

120 aniversario do ballet “ O crebanoces”




Hai 120 anos que se estrenou  o ballet de “ O crebanoces”,  no teatro Mariinsky de San Petersburgo, en Rusia. 
 

“ O crebanoces”, (en ruso: Щелкунчик, Schelkúnchik), é un conto de fadas-ballet en dous actos e tres esceas de Piotr Ilich Chaikovski(1840–1893), composto en 1891–1892.

Tchaikovski puxo música á adaptación de Alejandro Dumas (pai) do conto O crebanoces e o rei dos ratos, de Ernst Theodor Amadeus Hoffmann. Nos países occidentalis O crebanoces convertiuse no máis popular de todos os ballets, principalmente representado en Nadal.




Tchaikovsky foi un compositor ruso do periodo do romanticismo.Naceu en 1840 e faleceu en 1893. Estudou en San Petesburgo, e tivo entre os seus mestres ó compositor e pianista A.Rubinstein. É mundialmente conocido pola súa música para ballet ( O lago dos cisnes, A Bela Durminte, O Crebanoces ). As súas obras máis coñecidas caracterízanse por ter pasaxes moi melódicos que suxiren unha profunda melancolía, incorporando outros da música popular. Cultivou diversos xéneros musicais. Introduciu a celesta como instrumento na orquestra sinfónica.


A historia sucede en Alemania en torno a 1850 na casa do xuiz Stahlbaum que tén dous fillos: Clara e Fritz. Na víspera do Nadal, o xuiz ofrece unha festa ás familias máis respetables de Nuremberg. A esta festa está invitado o padriño de Clara, Herr Darosselmeyer, que acude acompañado do seu sobriño Daniel. Drosselmeyer é fabricante de reloxos e xoguetes mecánicos. Leva agasallos para a festa e a Clara regálalle un crebanoces con forma de soldado de madeira. Pero, o seu irmán Fritz rómpello, quedando desconsolada. Drosselmeyer arránxalle o crebanoces. Ó final da festa Clara queda dormida nun sillón da casa e terá un fabuloso soño. En soños, Clara regresa xunto á árbore de Nadal para coller o seu agasallo e sorpréndese porque a casa está chea de ratos xigantes. No soño aparece Drosselmeyer que da vida ó crebanoces e convirte ós soldadiños de chumbo de Fritz nun pelotón que pelexará contra os ratos. O Crebanoces lidera a loita e Clara axúdalle, caendo o Rei dos Ratos derrotado. Ó final da loita ,Drosselmeyer convirte o salón nun bosque invernal donde Clara e o Crebanoces, que se convertira nun aposto príncipe, bailan coas folerpas, co Rei e a Raíña das Neves.

Clara e o príncipe Crebanoces continúan a súa viaxe polo mundo dos soños e chegan ó reino dos doces donde a raíña os espera e os agasalla facendo que varios bailaríns de distintas partes do mundo bailen para eles. Finalmente o soño de Clara remata, decatándose que todo foi froito da imaxinación. Os seus pais vana buscar para que despida a Drosselmeyer que regresa ó seu taller co seu sobriño Daniel. ¡E cal sería a sorpresa ó darse conta que o príncipe Crebanoces non era outro que Daniel!


Aquí tedes a historia para pequenos e maiores:


                                                     
 Para aprender un chisquiño máis sobre este conto preme no seguinte enlace:  

3/12/12

3 de decembro: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE





No 1992, ao remate do Decenio das Nacións Unidas para os Impedidos (1983-1992), a Asemblea Xeral proclamou o día 3 de decembro Día Internacional das Persoas con Discapacidade. O Decenio fora un período de toma de conciencia e de medidas orientadas cara á acción e destinadas á constante mellora da situación das persoas con discapacidades e á consecución da igualdade de oportunidades para elas. Posteriormente, a Asemblea fixo un chamamento aos Estados Membros para que destacasen a celebración do Día, con miras a fomentar unha maior integración na sociedade das persoas con discapacidade.



Bulebule atopou no blog amigo "La clase del Payaso" o seguine glogster para conmemorar devandita data. Clica no enlace que está  á par da imaxe para velo:

Grazas ás autoras do glogster e agardamos. ao igual ca elas, que vos guste e vos sexa útil.

2/12/12

Libros novos na biblioteca

Bulebule acaba de recibir unha nova achega de libros, esta vez doados por Carlos Vejo Veiga de 5º A. 
Moitas grazas a el e á súa familia por este xeneroso xesto. GRAZAS



26/11/12

25 de novembro: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A expresión violencia de xénero (wikipedia) é un tipo de violencia física ou psicolóxica exercida contra calquera persoa sobre a base do seu sexo ou xénero que impacta de xeito negativo na súa identidade e benestar social, físico e psicolóxico.

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: CONTO NARRADO

Conto: " TANGA Y EL GRAN LEOPARDO". Conto narrado, na tradición dos contacontos,  para conmemorar nas aulas o día 25 de novembro.



Preme neste enlace para escoitar o conto e acceder a diversas actividades:




Non debemos esquecer que non todo o maltrato é físico, tamén hai outros tipos de maltrato como este que podedes ver a continuación, o chamado "maltrato sutil"





20/11/12

23º aniversario do Día dos Dereitos dos nenos e nenas.

Bulebule  súmase a conmemoración do Día Dos Dereitos dos nenos e nenas.
Tal día coma hoxe, un 20 de novembro de 1989, a Asamblea Xeral da ONU aprobou a Declaración Universal dos Dereitos dos nen@s.
Agora estamos a celebrar o vixésimo terceiro aniversario.
Realízanse actividades para promover o benester de todos os nenos do mundo e reclámase que se cumpran os dereitos que todos, absolutamente todos os nenos, posúen. 
DEREITOS:
1. Dereito á igualdade, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade.
2. Dereito a unha protección especial para que poidan crecer física, mental e socialmente sans e libres.
3. Dereito a ter un nome e unha nacionalidade.
4. Dereito a unha alimentación, vivenda e atención médica adecuadas.
5. Dereito á educación e atencións especiais para os nenos física ou mentalmente diminuídos.
6. Dereito á comprensión e amor por parte das familias e da sociedade.
7. Dereito a unha educación gratuíta. Dereito a divertirse e xogar.
8. Dereito a atención e axuda preferentes en caso de perigo.
9. Dereito a ser protexido contra o abandono e a explotación no traballo.
10. Dereito a recibir unha educación que fomente a solidaridade, a amizade e a xustiza entre todo o mundo.

Deixámosvos uns enlaces onde atoparedes unha chea de recursos  e actividades para coñecer máis deste tema.



Pouco a pouco iremos sabendo máis dos nosos dereitos pero tamén nos temos que acordar que iso implica ter tamén deberes.



Ata sempre MILIKI ! !


BULEBULE  recorda a figura profesional e humana  de Emilio Aragón, 'Miliki', falecido este domingo aos 83 anos. O humorista  era, dende o ano 2000, embaixador de Unicef.

 Recordaremos a MILIKI porlo seu afecto e compromiso cos nenos, tanto dentro coma fóra das pantallas, polo que  aseguramos que nunca será esquecido. Ata sempre!!


5/11/12

III día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego






 O III Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego celébrase este ano desde o 16 de outubro ata o 5 de novembro. Este evento está organizado polas asociacións IGACIENCIA, AGAPEMA, ENCIGA e APETEGA, e ten coma principal obxectivo defender a idoneidade do uso do galego nas áreas de ciencias e de tecnoloxía.
Este ano adícase o día da Ciencia en Galego á Tecnoloxía, e  os científicos a homenaxear son:  Leonardo da Vinci, como científico Universal e universalmente coñecido, e Ramón Verea, como inventor galego dunha das primeiras calculadoras.

Non é estritamente necesario que estas actividades en galego se fagan estes días, a ciencia e a tecnoloxía poden ser en galego todos os días do ano!

Se queredes máis información premede neste enlace :   http://www.cienciaengalego.org/

1/11/12

É tempo de ler contos de medo...



Agora que estamos no tempo do Samaín 
(que outros chaman Halloween), e todos
 andamos na procura de historias de medo e
 deixando cabazas medorentas, arañas 
arrepiantes, esqueletes bailaríns e tremendas
 pantasmas... queremos compartir con 
vos os libros que bulebule seleccionou. Podedes atopalos na bilio .
 Deixamos, tamén este enlace onde atoparedes un sinfín de actividades, datos... sobre estas datas. Agardamos que vos gusten:






24/10/12

25-N Día contra a violencia de xénero


MOCHILAS VIAXEIRAS EN INFANTIL


Este curso comezaron tamén a súa viaxe as mochilas viaxeiras  dos lectores e lectoras de 5º e 6º de Educación Infantil.
Boa viaxe  !!






MÁIS LIBROS PARA A BIBLIOTECA


23/10/12

24 de OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA

Biblioteca escolaracelerador de innovación


As bibliotecas escolares galegas viviron importantes transformacións nos últimos anos, grazas ao esforzo conxunto de comunidades educativas e administración, nunha tarefa que ten como finalidade ofrecer máis e mellores instrumentos ao alumnado para a súa formación académica e persoal. Estas transformacións non foron só físicas (moito profesorado afirma que a biblioteca é o espazo máis fermoso do seu centro); o cambio máis importante é o que se produce no centro educativo cando a biblioteca se activa, porque arredor das súas propostas e dos seus recursos, da actividade que xenera e os apoios que presta, botan a andar (ou cobran forza, asentándose) dinámicas de traballo diferente, prácticas pedagóxicas máis activas, propostas máis colaborativas, proxectos ilusionantes que axudan a construír coñecemento e a construír comunidade tamén. As bibliotecas, ao renovarse e activarse, confírmanse como aceleradores de innovación, de innovación educativa.
Con este lema, Biblioteca escolar, acelerador de innovación, preséntase o cartel que neste curso 2012/2013 editou a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración do mes da biblioteca escolar (outubro) e do Día da Biblioteca (24 de outubro) . Nesta ocasión, a ilustración correspondeu ao creador galego Andrés Meixide,  que vén sumarse así aos ilustradores que teñen colaborado con esta consellería no obxectivo de difundir as posibilidades da biblioteca escolar (Manuel Mariño/2008Miguelanxo Prado/2009Marina Seoane/2010Emma Ríos/2011)





20/10/12

NOVAS ADQUISICIÓNS NA BIBLIOTECA




Bulebule recibiu libros novos. Hainos para infantil e primaria. Estánvos agardando para que os poidades ver, ler e en definitiva, desfrutar con eles.








          

           
 
      
 


18/10/12

AS MOCHILAS COMEZAN A SÚA VIAXE


Un ano máis, as mochilas viaxeiras inician a súa traxectoria polas casas de todas as familias dos nosos alumnos e alumnas para que poidades compartir as lecturas, intercambiar opinións, expresar emocións...

Agardamos que sexan do voso agrado. 
Non esquezades facer anotacións, debuxos, suxestións... no Diario da Mochila.
Mochilas viaxeiras....  BOA VIAXE!!!!

Música e letra do video:

Canción das tres cucharas. Luís Pimentel- Musicado por Abe Rábade

Tac, tac, tac
cuchara de pau
cunca de madeira
o meu neno
está na lareira.

Tin, tin, tin
cuchara de prata
cunca do pazo
o meu neno
está no regazo.

Ton, ton, ton
cuchara de ouro
cunca de cristal
o meu neno
é príncipe real.

Pimentel, Luís (1989) Poesía galega (Vigo: Edicións Xerais)


6/10/12

50 anos da edición de Love me do de The Beatles

50 años de la edición de Love me do de The Beatles.Parece mentira, pero hai xa medio século que os Beatles empezaron a cambiar a música e de aí en diante, incontables a cantidade de grupos que admiten entre as súas influencias a este enorme grupo. A súa  evolución cos anos foi increíble para acabar a década dos 60 sentando cátedra con obras mestras totais.  Desfrutade deLove me do.

5/10/12

5 de outubro: DÍA DO MESTRE

No mundo enteiro, a educación de calidade ofrece a esperanza e a promesa de mellorar as condicións de vida.
Queremos facer a nosa pequena homenaxe a todos e todas os que exercemos a función docente a través deste poema de Gabriel Celaya:


EDUCAR…

Educar es lo mismo
que poner motor a una barca…
hay que medir, pesar, equilibrar…
… y poner todo en marcha.
Para eso,
uno tiene que llevar en el alma
un poco de marino…
un poco de pirata…
un poco de poeta…
y un kilo y medio de paciencia
concentrada.
 
Pero es consolador soñar
mientras uno trabaja,
que ese barco, ese niño
irá muy lejos por el agua.
Soñar que ese navío
llevará nuestra carga de palabras
hacia puertos distantes,
hacia islas lejanas.
 
Soñar que cuando un día
esté durmiendo nuestra propia barca,
en barcos nuevos seguirá
nuestra bandera
enarbolada.
(Gabriel Celaya)

                               

                               O 5 de outubro a Internacional da Educación e as súas organizacións afiliadas mobilízanse para que a voz do profesorado sexa oída no mundo enteiro.

A 
UNESCO instaurou o 5 de outubro como Día Mundial das e os Docentes en 1994 para conmemorar a firma da RecomendaciónOIT/UNESCO relativa á situación do persoal docente de 1966 (pdf116 kb). O Día Mundial dos Docentes tamén pon de relevo a Recomendación sobre a condición do persoal docente do ensino superior de 1997 .

Segundo a 
UNESCO, o Día Mundial dos Docentes representa un signo significativo da concienciación, a comprensión e o aprecio despregados ante a contribución vital dos profesores en prol da educación e do desenvolvemento. A Internacional da Educación cre firmemente que este Día dos Docentes debería internacionalmente ser recoñecido e celebrado en todo o mundo. A IE tamén considera que, nesta data aniversario, os principios das Recomendacións de 1966 e 1997 deberían ser considerados para a súa aplicación en todos os países.

Máis de 100 países celebran o Día Mundial dos Docentes. Os esforzos da Internacional da Educación e das súas 348 organizacións membro contribuíron a este amplo recoñecemento.
                     Cada ano a Internacional da Educacion leva a cabo unha campaña de concienciación para destacar as aportacións da profesión docente.

Dedicado a todos os mestres, docentes ou guías comprometidos coa educación dos seus alumnos e alumnas. Aqueles que loitan día a día por unha mellor sociedade.
                                                     Feliz día!!!