BULEBULE VIAXA POLA REDE

7/12/09

OBRADOIRO DE EXPRESIÓN ESCRITA


Polo mes de novembro, os alumnos e alumnas de 6º de primaria participaron nun obradorio de expresión escrita organizado pola Ed. KALANDRAKA.
Utlizouse como centro de interese o libro "Sopa de soño e outras receitas de cociña" de José Antonio Ramirez Lozano.
A actividade consistia en que seguindo o modelo que aporta o libro, cada alumno/a faga unha creación literaria, que deberá situarse e referenciar no seu contido a un pais previamente elexido por cada neno/a.
Se queres coñecer algunhas das receitas creadas polos nosos alumnos e alumnas fai un clic enriba do libro.