BULEBULE VIAXA POLA REDE

29/9/10

AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Este curso temos novos axudantes de biblioteca!!
Son alumn@s de 6º curso de Primaria que nos recreos nos axudan a ordenar a biblioteca, aos empréstitos e devolucións, a axudar aos máis pequenos na busca de libros...
Neste primeiro trimestre @s axudant@s son:
Alejandro Costa Súarez
Clara Muñiz Iglesias
Laura Rial Almeida
Sandra Rivadulla LLerafo
Sara Roibal López
Eva Gestal Mazorra
Mar González Lasarte
Iria González Varela
Marta lago Fernández
Yolanda Lousada López

GRAZAS POLO VOSO TRABALLO E ESFORZO!!

21/9/10

UNHA BOA NOVA

Este ano temos algo que celebrar.
Hai uns días soubemos da publicación no DOG da resolución das axudas para este curso aos centros integrados no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares); asignación que é concedida atendendo ás actividades realizadas no centro e á presentación dun novo proxecto para realizar no actual.
Alegrámonos moito de poder comunicarvos que somos uns dos 79 centros de nova incorporación de toda Galicia.
Esta nova énchenos de satisfacción e estimulo para seguir traballando.


NORABOA A TOD@S!!


O Proxecto que elaboramos para este curso 2010-2011 títulase:
"SOMÉRXETE CON BULEBULE NO MUNDO MARIÑO"

7/9/10

BENVID@S!!



Ola nen@s!!, son Bulebule , estou desexando comezar o novo curso.

Xa queda menos para estar con vos!!

Eu ando metida pola BIBLIO argallando un novo proxecto para este curso, dentro de moi pouco tempo vouvos contar as miñas ideas .

NON VOS IMPACIENTEDES!!

Mentras, gustaríame coñecer os libros que lestes no verán .Achegadevos ata a BIBLIO e despositade na caixa da entrada a relación deles

ESPÉROVOS NA BIBLIO

XOGO DE AGUDEZA VISUAL

Mentres Bulebule argalla o novo proxecto, déixavos este xogo de agudeza visual onde teredes que atopar os números naturais do 1 ata o 20 no menor tempo posible.
Seredes capaces de atopalos todos??