BULEBULE VIAXA POLA REDE

31/1/11

@S NEN@S DE 3º E 4º ESCRIBEN

LIBRO DOS PEIXIÑOS 3 ANOS A

Libro de poemas, refráns, ditos e cancións relacionados co MAR.

Que ben traballan estos peques. NORABOA!!





30/1/11

CONCURSO BULEBULE BUSCA!...AVENTURAS DOS SEGREDOS QUE ESCONDE O MAR


Coidado cos piratas!.. que non se interpoñan nas vosas creacións... para que os vosos contos cheguen á biblioteca antes do 1 de marzo.

28/1/11

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o "Día da Paz". Todos os cursos aportaron o seu traballo para que este día resultara un éxito.
Houbo murais, un fermoso arco da vella feito por todos os alumnos e alumnas do cole, poesías, e... o que máis nos gustou a todos e a todas ,a danza da CARRASQUIÑA, con moitos beixiños e abrazos.
Foi unha semana moi activa, pero mereceu a pena. NORABOA!!






26/1/11

ONDAS POLA PAZ

Co motivo da CELEBRACIÓN DO DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA o día 24 de xaneiro :Iria, Noelia,Antón, Sara, Meri, Andrea,Clara e Salva todos eles alumnos e alumnas de 4º nivel participaron nunha actividade organizada polo CONCELLO DE CULLEREDO, denominada "Ondas pola Paz", que consistiu na colaboración nun programa en Radio Culleredo, xunto cos colexios de Tarrio e Ría do Burgo.

O programa de radio tivo dúas partes: O PARTE e O FALADOIRO.

Aquí vos deixamos o parte.Esperamos poder colgar pronto no blog o faladoiro.

RECURSOS PARA A PAZ

Fai clic na imaxe e traballa pola PAZ

25/1/11

CELEBRAMOS A PAZ CO XOGO DA CARRASQUIÑA

O XOGO DA CARRASQUIÑA.
BIQUIÑOS,ABRAZOS. BAILAMOS,DIVERTÍMONOS.


@S ALUMN@S DE 6ºA fixeron os debuxos. Asi bailamos:


24/1/11

O DÍA DA PAZ NO COLE

A ONU declarou no ano 1964 o 30 de Xaneiro como Día da Paz. Estes días iremos desenvolvendo algunhas actividades no colexio relacionadas con ese día.




Exposición de Literatura infantil e xuvenil galega para a Paz.

22/1/11

PREMIOS NOBEL DA PAZ

Dende a BIBLIOTECA SARMIENTO do IES de Curtis chéganos este traballo sobre os PREMIOS NOBEL DA PAZ

21/1/11

SESIÓN DE CONTACONTOS CON MARISA IRIMIA

Os alumnos e as alumnas de 1º e 2º estiveron hoxe na BIBLIOTECA do cole coa ilustradora e "gran animadora de contos" MARISA IRIMIA, grazas a Ed. Vicens Vives.

FOI UN ENCONTRO MARABILLOSO E MOI, MOI DIVERTIDO.
O conto que lles contou foi o de "Xil Moniz":
É un rapazote lacazán que está todo o día de paseo, un día atopa un gran de millo e desencadéanse unha serie de aventuras nas que o rapaces participan entusiasmados, alporizandose coma as veciñas. disgustándose como os veciños, berrándolle a Xil Moniz ata que, finalmente, do saco saiú un can que lle mordeu o nariz ao lacazán de
Xil Moniz.

Temos que dicir que MARISA IRIMIA enganchou aos peques e aos profes coa súa historia.
DISFRUTAMOS UN MONTÓN!!.... Tanto que... só tendes que mirar para as súas cariñas.


MOITAS GRAZAS , DE PARTE DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO ISAAC DÍAZ PARDO!!

VOLVE PRONTO!!

MARISA IRIMIA

Despois das sesións de contacontos MARISA IRIMIA fíxonos un debuxo que gardaremos na BIBLIOTECA coma un tesouro .


17/1/11

LEMBRANZAS DUN POBO MARIÑEIRO.

Esther, a nai de Sandra de 3º A estivo na nosa BIBLIOTECA , para contarlles aos nenos e as nenas de 3º e 4º algúns dos seus recordos de nena.
Recordos deses marabillosos anos onde viviu nun pobo chamado ORTIGUERA, situado no occidente de Asturias.
Fixo unha presentación do pobo, do porto, de por qué chegou alí, falounos do mar, dos golfinos, do nordés e do salitre, das peixeiras, dos utensilios das peixeiras, dos faros...E MOITO MÁIS .

Deixámosvos a presentación que Esther preparou para os nosos alumnos e alumnas.

Ortiguera









E imaxes da charla tan marabillosa. Fixádevos nas súas caras, e na cara de Sandra!! .. de felicidade.




FOI UN DÍA PARA REPETIR!!

GRAZAS POR TODO ESTHER!!

"NOSOTROS Y EL MAR"

CONTOS DOS ALUMNOS E DAS ALUMNAS DE 6º A


11/1/11

O MUNDO MARIÑO

BULEBULE anda mergullada polo mar en busca de aventuras mariñas para este 2º trimestre.
Pronto teredes novas dela!!
Mentres tanto deixámosvos unha pequena película con protagonistas mariños, para que botedes unhas risas.

Esperamos que vos guste!!

6/1/11

FELIZ 2011

Comezamos o ano 2011 monstrándovos algúns dos traballos realizados durante o 1º trimestre polo noso alumnado.

3 anos B: Peixiños

5 anos B: Barcos piratas

6ºB: Bocatas de lectura


o peixe da felicidade

LIBROS DE MAR....EL PEZ QUE SONREIA

Jimmy Liao achéganos "El pez que sonreía", unha fermosa e poética historia .
Estamos ante unha historia de amizade que nos leva á soidade, á tristura, ao respecto, á liberdade... e á vida.

Poesía en estado puro