BULEBULE VIAXA POLA REDE

19/12/14

CALENDARIO 2015

No cole fíxose un calendario para que nos acordásemos das datas...máis...sinaladas. Os compañeiros e compañeiras de Normalización Lingüística escolleron un refrán para cada mes.

A Bulebule gustoulle tanto que prometeu que será o agasallo para quen nos visite na Biblioteca.
Aí o tedes:




17/12/14

RECOMENDACIÓNS LECTURAS DE NADAL

Bulebule quérevos recomendar as seguintes lecturas para o voso tempo de lecer en Nadal. Pedir un libro como agasallo é sempre unha moi boa idea!!!


3/12/14

Día Mundial da Discapacidade



As Nacións Unidas declararon este día como o Día Mundial da Discapacidade.

Unha de cada sete persoas no mundo ten algún tipo de discapacidade, son 1.000 millóns. O tema deste ano é a reclamación de accesibilidade ás novas tecnoloxías. Imprescindible para acadar o estándar de vida do século XXI.

1/12/14

É TEMPO DE NADAL

Pouco a pouco vai chegando o tempo de Nadal Bulebule vai preparando unha selección de lecturas. Achegádevos pola Bibliioteca e verédeas…