BULEBULE VIAXA POLA REDE

21/10/10

O SAMAÍN

Xa está moi cerquiña o Samaín coas súas historias de medo, de bruxas, pantasmas e cabazas luminosas...

Aquí vos deixamos un fermoso libro...do Samaín
AQUELA NOITE AS IDEAS DE CASILDA E A DESESPERACIÓN DE FERMÍN FIXERON QUE OS NENOS E AS NENAS SE DIVERTIRAN MOGOLLÓN...


FERMÍN E O SAMAÍN



20/10/10

RECURSOS PARA O SAMAÍN

Premede nos textos e atoparedes recursos: enlaces, xogos, unidades didacticas, debuxos... que nos chegan de varios colexios.

A RÍA DO BURGO

O venres, Día 15 de Outubro, @ s alumn @ s de 4 º, 5 º y 6 º de Ed. Primaria asistiron na Biblioteca do colexio a unha charla sobre a nosa ría,a ría de O Burgo.
Viñeron o presidente da Asociación de Veciños (o papá dun alumno de 4 º, de Iago): Ramón Sixto, o presidente da Cofradía de Pescadores:Manuel Cao e un Representante do marisqueo a pé: Santiago Vázquez.
Todos eles forman parte da PLATAFORMA EN DEFENSA DA RÍA .

Aquí vos deixamos imaxes , fotos da charla e un vídeo .


















En nome de toda a Comunidade Educativa

GRAZAS A RAMÓN SIXTO,MANUEL CAO E A SANTIAGO VÁZQUEZ!!


@ S NOS @S ALUMN@S DE 4 º, 5 º E 6º QUEREN COMPARTIR AS SÚAS OPINIÓNS SOBRE A CHARLA.

CHARLA SOBRE A RÍA

19/10/10

LIBROS DE ...MAR

A HISTORIA DO RAINBOW WARRIOR
Rocío Martínez. Kalandraka.

Dúas baleas nadaban nun mar xeado. A máis pequena lacazaneaba.
Non quería facer unha viaxe que con toda seguridade sería longa.
A máis grande empurrábaa suavemente e cantáballe unha historia:
«Hai anos, cando os homes comezaron a construir barcos de corazón mecánico,
un día crearon o primeiro para protexer a nosa especie…»

13/10/10

Conto de...peixes!!

"EL PEZ ARCO IRIS"
Un fermoso peixe é a envexa de todos os animais do mar polas súas brillantes escamas...

Fai clic na imaxe e disfruta do conto e das actividades interactivas.
E non te esquezas de vir a biblio a lelo ou a levalo para a túa a casa.


"El pez arco iris" é da Editorial Beascoa,e si che gustou seguro que che gustará:
"El pez arco iris y la cueva de los monstruos"da Ed.Beascoa.



8/10/10

LIBROS DE MAR

Cada semana irémosvos presentando libros que temos na biblio ao redor do mar, para que veñades a lelos ou os levedes en préstamo.

LA OLA
Neste libro sen palabras Suzy Lee: conta unha historia xinlela e refrescante dunha nena nun día de praia.




LIBROS E LIBROS DE MAR

Aquí tes unha selección de títulos que poderás atopar na biblio , de mar.




Ven a descubrir os tesouros que agochan os libros!!

6/10/10

FESTIVAL DE TÍTERES

O luns 4 de outubro, os nenos e as nenas de 1º,2º e 3º de Primaria asistiron,no colexio, a un festival de títeres da compañia: Teatro Estatal Marionetas de Varna (Bulgaria) coa obra títulada "Alegro Vivace" Saímos todos marabillados coa actuación, foi alegre, divertida e moi educativa.
Grazas por este rato tan estupendo.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes:

5/10/10

EMPEZAMOS CO NOVO PROXECTO

Empezamos cun novo proxecto, aprobado polo claustro e polo Consello Escolar para este curso "Somérxete con BULEBULE no mundo mariño".
Isto vainos permitir afondar no mundo do mar a todo o profesorado e a todo o alumnado .
Queremos integrar no proxecto todas as actuacións do centro nas distintas actividades (O Nadal, Día da Paz, O Entroido, Día da Poesía...) na medida do posible.
Se queres coñecer os obxectivos, contidos e actividades que traballaremos fai clic na imaxe.