BULEBULE VIAXA POLA REDE

31/10/13

Día da Ciencia en Galego

O 4 de novembro conmemórase o Día da Ciencia en Galego, unha celebración que pretende poñer en valor o uso do idioma no ámbito científico e contribuír a promover a investigación desenvolvida na lingua propia de Galicia. Co fin de unirse a esta celebración, a Secretaría Xeral de Política Lingüística pon a disposición da cidadanía, a través do seu portal web, multitude de recursos que poden resultar de utilidade para avanzar na consolidación do galego na ciencia.

Nesta edición os homenaxeados son o arquitecto Richard Buckminster, a científica Florence Nightingale e o intelectual e artista galego Isaac Díaz Pardo.


O sitioweb www.xunta.es/linguagalega/dia_da_ciencia_en_galego  inclúe numerosas iniciativas programadas nestas datas para celebrar o Día da Ciencia en Galego, desde as actividades que se van desenvolver en diversas facultades da Universidade de Santiago e en centros educativos de primaria e secundaria, ata programas de divulgación científica como ConCiencia ou feiras científicas do nivel de Galiciencia.
Tamén están accesibles diversos recursos audiovisuais acerca desta temática, entre os que se atopan varios capítulos sobre o programa televisivo Ben falado, reportaxes na canle de televisión por internet Linguagaleta.tv. ou o vídeo da campaña En galego tamén se fai ciencia

30/10/13

MAGOSTO e SAMAÍN

Para coñecer novas, cantigas, refráns, adiviñas e outras moitas cousas sobre o Magosto e Samaín  podedes consultar os seguintes enlaces. Ademáis atoparedes un montón de actividades, curiosidades, debuxos....
 Animádevos!!!
 



NETVIBES MAGOSTO
SAMAÍN
 

MAGOSTO E SAMAÍN



Este curso celebraremos o mesmo día o Magosto e o Samaín. Bulebule anda a buscar lecturas axeitadas e a preparar actividades varias para tal fin.A selección de libros de medo atópase  no andar principal, na subida das escaleiras, mirádea, pero non vos asustedes!!!  


Tamén na biblioteca atoparedes
sorpresas,
pero, repito, non vos asustedes...



29/10/13

José María Merino Premio Nacional de Literatura coa obra «El río del Edén»

O escritor José María Merino  (A Coruña, 5 de marzo de 1941- ),  obtivo o Premio Nacional de Literatura na modalidade de Narrativa coa obra «El río del Edén» (Alfaguara).


Naceu en Galicia e pouco despois a familia marchou a cidade do pai, León, onde pasou a infancia e a adolescencia. Estudou dereito naUniversidade Complutense de Madrid e logo de exercer un tempo como avogado ingresa como funcionario no Ministerio de Educación. Foi director do Centro das Letras do Ministerio de Cultura (1987-1989).
En 1972 publicou o seu primeiro libro, o poemario Sitio de Tarifa. Aínda que Merino é sobre todo conecido polas súas novelas e contos, a primeira novela publicouna en 1976, Novela de Andres Choz.
En 2013 recibiu Premio Nacional de Narrativa, pola súa novela El río del Edén.

Obra
·         Sitio de Tarifa (1972).
·         Cumpleaños lejos de casa (1973).
·         Novela de Andrés Choz (1976).
·         El caldero de oro (1981).
·         Cuentos del reino secreto (1982).
·         La orilla oscura (1985).
·         El viajero perdido (1990).
·         Los trenes del verano -No soy un libro- (1992).
·         Las visiones de Lucrecia (1996).
·         Intramuros (1998).
·         Los invisibles (2000).
·         El heredero (2003).
·         El lugar sin culpa (2006).
·         La sima (2009).

·         El río del Edén (2012.

Premio Nobel de Literatura 2013

A escritora canadense Alice Munro, considerada unha das voces máis importantes da literatura en lingua inglesa, converteuse na gañadora do Premio Nobel de Literatura 2013.

A Academia Sueca, ao anunciar o seu fallo, definiu a Munro como a "mestra do relato curto contemporáneo" e destacou que é aclamada polo seu "harmonioso estilo de relatar, que se caracteriza pola súa claridade e realismo psicolóxico".

Munro convértese na primeira escitora (ou escritor) canadense que gaña o máis importante galardón das letras mundiais dende a súa creación en 1901.Munro sucede no palmarés ao chinés Mo Yan.

Munro, de 82 anos e nacida en Wingham (Ontario), recibiu en 2009 o Man Brooker e foi finalista do Premio Príncipe de Asturias das Letras en 2011.


OBRAS:
  • Dance of the Happy Shades, 1968, cuentos.
  • Lives of Girls and Women, 1971, novela. Las vidas de las mujeres, Lumen, 2011.
  • Something I’ve Been Meaning to Tell You, 1974, relatos entrelazados
  • The Beggar Maid (aparecido antes como Who Do You Think You Are?), 1978, cuentos.
  • The Moons of Jupiter, 1982. Tr.: Las lunas de Júpiter, De Bolsillo, 2010, cuentos.
  • The Progress of Love, 1986. Tr.: El progreso del amor, RBA, 2009, cuentos.
  • Friend of My Youth, 1990. Tr.: Amistad de juventud, De Bolsillo, 2010, cuentos.
  • Open Secrets, 1994. Tr.: Secretos a voces, RBA, 2008, cuentos.
  • The Love of a Good Woman, 1998. Tr.: El amor de una mujer generosa, RBA, 2009, cuentos.
  • Hateship, Friendship, Courtship, Loveship, Marriage, 2001. Tr.: Odio, amistad, noviazgo, amor, matrimonio, RBA, 2007, cuentos.
  • Runaway, 2004. Tr.: Escapada, RBA, 2005, cuentos.
  • The View from Castle Rock, 2006. Tr.: La vista desde Castle Rock, RBA, 2008, relatos enlazados sobre su familia.
  • Too Much Happiness, 2009. Tr.: Demasiada felicidad, Lumen, 2010, cuentos.
  • Dear Life, 2012. Tr.: Mi vida querida, Lumen, 2013, cuentos.

Manuel Álvarez Torneiro, Premio Nacional de Poesía 2013

O poeta galego, Manuel Álvarez Torneiro, foi galardoado co Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía pola obra Os ángulos dá brasa. O premio concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir a obra de autor español escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en 2012. Está dotado con 20.000 euros.

Manuel Álvarez Torneiro (A Coruña, 1932) traballou durante moitos anos no ámbito do periodismo. Escritor vinculado ao diario La Voz de Galicia, mantivo unha actividade poética ininterrompida dende o seu debut tardío coa obra Memoria dun silencio (1982).

A súa traxectoria inclúe os títulos Rigorosamente humano (1995, Premio Esquío);Luz de facer memoria (1999, Premio González Garcés e Premio da Crítica); Campo segado (2001);Epicentro (2003); Setembro Stradivarius (2004); Parábola do incrédulo (2006) e Os ángulos da brasa, publicado en 2012 na colección Tambo de Factoria K da editorial viguesa Kalandraka. Este poemario obtivo o Premio da crítica de poesía en lingua galega e o Premio Ánxel Casal.

LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no contexto das actuacións do PLAN LÍA de bibliotecas escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), publica cada ano uns carteis divulgativos que pretenden facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo e como instrumento fundamental para a formación das persoas lectoras. 
O lema elixido para este curso 2013/2014, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR,trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabidana biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. A ilustración é de PATRICIA CASTELAO

28/10/13

A escena musical chora a Lou Reed

Compañeiros e admiradores de Lou Reed choran a morte desta lenda do rock, que faleceu o domingo aos 71 anos. «Era un mestre», declaraba David Bowie, que en 1972 produciu o primeiro álbum en solitario de Reed, Transformer. «O mundo perdeu a un destacado compositor e poeta», escribía en Facebook John Cale, cofundador xunto a Lou Reed da mítica banda The Velvet Underground. «Eu perdín ao meu amigo desde o colexio».
Tamén a «madriña do punk» Patti Smith estaba hoxe de loito pola morte dun dos seus amigos «máis importantes». «Quero tanto a Lou Reed. Sempre», engadía Flea dos Red Hot Chili Peppers. E Iggy Pop, que nos anos 70 compartiu piso en Berlín con Bowie , falaba en Twitter de «noticias deprimentes».
PaulStanley , membro fundador de Kiss , cualificou a Reed de «músico, artista e pioneiro que seguiu as súas propias regras». «RIP Lou Reed. Nova York perdeu hoxe a un dos nosos grandes agasallos», engadía Russell Simmons, cofundador do selo de hip hop Def Jam Recordings.
«Ao meu amigo Lou Reed chegoulle o final da súa canción», tuiteó pola súa banda o escritor Salman Rushdie, mentres que a actriz Mia Farrow manifestaba o seu agradecemento eterno por todo ao autor de hits como Sweet Jane, Perfect Day ouWalk on the Wild Side. «A música da miña xeración», apuntaba Samuel L Jackson.

En España tamén os artistas reaccionaron á morte de Lou Reed. «Aprender inglés de pequenos lendo as letras da Velvet. Aprender a tocar a guitarra sacando white light white heat», comentaba Amaral en twitter, facendo alusión ao segundo álbum do grupo The Velvet Undergroung. Tamén se sumaban ás condolencias o grupo Os Mojinos Esocíos e os cantantes Leonor Watling e Coti; este último comentou que Nova York «é o que é en parte grazas a Lou».


Como dato curioso  comentarvos que co seu amigo Iggy Pop acheouse ás pantallas non hai moito,... Prestando as súas voces aos villanos de Arthur e a guerra dos mundos, o filme co que Luc Besson prosigue  a súa saga animada.  E curiosamente é Lou Reed quen repite na serie, xa que interviú anteriormente en Arthur e a vinganza de Maltazard en 2009.

MOCHILAS VIAXEIRAS CURSO 13-14




Xa hai un par de días que Bulebule puxo en marcha, un ano máis, as Mochilas Viaxeiras. Xa chegarían, ou estarán a chegar, ás vosas casas. Tratádeas como se merecen!!
Este curso recíben as de cor vermello, por primeira vez, as familias dos alumnos e alumnas de 1º de Primaria, agardamos que vos gusten!!

Levan, entre outros, os libros viaxeiros, para que colaboredes coas vosas historias, anécdotas…



Por certo, podedes ver os
        LIBROS 

VIAXEIROS, do curso pasado, coas vosas aportacións, na exposición que Bulebule fixo, a tal fin, no colexio ( na entrada principal ao lado do ascensor).  Seguide así!!

19/10/13

24 de outubro: Día Internacional da Biblioteca Escolar




O CLARO DO BOSQUE

Erase unha vez un grupo de nenos aventureiros que escaparon do Castelo da Ignorancia tan rápido como o permitían os seus pés. A noite véuselles encima, cos seus sons aterradores e as súas misteriosas formas fantasmagóricas, e acháronse no medio dun bosque escuro. Ao non poder ver cara a onde ían, abrazáronse para darse calor e protección e así permaneceron ata o amencer.
Cando saíu o sol, os nenos viron con sorpresa que se atopaban nun claro do que partían tantos carreiros, en direccións diferentes, que case era imposible contalos. Os carreiros tiñan curvas e recovecos de forma que non podían saber o que había ao final, soamente podían imaxinalo.
¾Eu irei por este lado —dixo un raparigo, e tomou un dos carreiros. Pronto chegou a unha cidade medieval de altas murallas e gallardetes ao vento. Atravesou valerosamente a súa gran porta de entrada, e naquel lugar correu grandes aventuras.
—Este carreiro parece interesante —dixo unha nena —Non podo imaxinar o que hai á volta do recodo. Por iso, partiu noutra dirección e pronto se atopou nunha nave espacial, vendo como o sistema solar se facía máis pequeno, a medida que a nave avanzaba cara ao centro da galaxia.

—Eu quero atopar unha espada máxica coa que vencer ao xigante malvado que nos tivo tanto tempo prisioneiros— exclamou un neno.

 —Eu tamén —e ambos tomaron outro carreiro, pensando dar batalla ao malvado xigante.

—Gustaríame ver o mundo enteiro, coñecer todos os países e todos os seus pobos, escoitar os seus idiomas e xogar cos seus nenos.

—E eu necesito saber como funciona o mundo. Por que caen as follas ao chan mentres que as estrelas permanecen no ceo. Quero sabelo todo.

Pronto se foran todos os nenos, excepto unha nena pequena. Mirou ao redor do claro soleado e aos diferentes carreiros, uns agora explorados e outros, esperando que alguén atope o que se oculta detrás dos seus recodos.

Puxo a súa man sobre a suave cortiza dunha árbore, dicindo en voz alta:
—Este lugar é máxico. Desexo saber como se chama.

E o claro do bosque contestoulle: —O meu nome éBiblioteca.