Nesta edición os homenaxeados son o arquitecto Richard Buckminster, a científica Florence Nightingale e o intelectual e artista galego Isaac Díaz Pardo.
O sitioweb www.xunta.es/linguagalega/dia_da_ciencia_en_galego inclúe numerosas iniciativas programadas nestas datas para celebrar o Día da Ciencia en Galego, desde as actividades que se van desenvolver en diversas facultades da Universidade de Santiago e en centros educativos de primaria e secundaria, ata programas de divulgación científica como ConCiencia ou feiras científicas do nivel de Galiciencia.
Tamén están accesibles diversos recursos audiovisuais acerca desta temática, entre os que se atopan varios capítulos sobre o programa televisivo Ben falado, reportaxes na canle de televisión por internet Linguagaleta.tv. ou o vídeo da campaña En galego tamén se fai ciencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario