PEÓN BUXAINA BAILAROCA BAILARETE...
Trátase dun pequeno xoguete de madeira, preferiblemente de buxo, de aí o nome BUXAINA, en forma de corazón e rematado cunha punta de aceiro.
O obxectivo do xogo era facer baila-la buxaina coa axuda dun cordel que se lle enrolla coidadosamente, pero tamén tratar de fende-la buxaina doutro compañeiro lanzando con habilidade a propia sobre a del.
Era un xogo primordialmente dos rapaces, ainda que algunhas rapazas sabían tamén bailala.
Xóbase ó aire libre, sobre un terreo chan e apelmazado, no inverno, desde San Martiño (11 de novembro) ata San Amaro (15 de xaneiro) ou ata a Pascua, tal como reflexa o noso refraneiro:
Era un xogo primordialmente dos rapaces, ainda que algunhas rapazas sabían tamén bailala.
Xóbase ó aire libre, sobre un terreo chan e apelmazado, no inverno, desde San Martiño (11 de novembro) ata San Amaro (15 de xaneiro) ou ata a Pascua, tal como reflexa o noso refraneiro:
- Polo San Martiño, buxainas ó camiño;
- Polo San Amaro, buxainas ó tellado;
- Polo San Amaro bota os trompos ó tellado;
- Pola Pascua, trompos á ascua;
A buxaina recibía tamén os nomes de:
- trompo
- peón
- peona peóns
- peonza
- bailarina
- bailaroca
- bailarete
- sevillana
Unha variante da buxaina é a pirindola ou pirinola, que se baila directamente coa man, sen necesidade de cordel; esta era preferida polas nenas.
Atoparedes moita información sobre este tema se premedes na seguinte imaxe:
Este ano súmase á celebración o concello coa organización da EXPOSICIÓN ESPAZO MÁXICO (buxainas, libros e
ilustracións)
Dende o día 11
de outubro ata o 10 de novembro a Aula de Natureza “Juan Lembeye” do Xardín
Botánico “Ría do Burgo” acollerá unha orixinal exposición sobre literatura infantil, buxainas
e ilustracións.
Esta exposición
ofrece:
Unha escolma de libros da mellor
literatura infantil.
Unha selección de ilustracións
realizadas polos mellores ilustradores actuais que recrean e interpretan textos
literarios, de todas as épocas, onde aparecen citadas as buxainas.
Unha colección de buxainas de todos os continentes.
Unha selección de números da revista de
Literatura Infantil e Xuvenil “Peonza”, unha das máis importantes do país que cumpre
25 anos de vida.
Obradoiros de buxaino-pintura, de poesi-buxaina,
e de xogos de buxainas.
Esta mostra non
quere ser unha exposición máis…, quere dirixirse a todos, maiores e pequenos.
Quere ser unha
viaxe polo mundo da literatura infantil seguindo a pegada dun sinxelo e humilde
xoguete: a buxaina.
A buxaina, que
como por arte de maxia, aparece e desaparece diante do noso nariz, ao longo
desta mostra…
Aparece nas
citas literarias, mais desaparece nunha delas (será quen de descubrila?) aínda
que sintamos a sua inevitable presenza…
Aparece nas
imaxinativas ilustracións que as acompañan, e parece desaparecer na
coidada selección de libros que
se ofrece.
E volve a
aparecer nas vitrinas espalladas ao longo da sala, mais semella que volven a
agocharse nun cadro, convertidas en obxetos imposibles…
Ao remate desta
exposición, caerás na conta de que non se expoñen buxainas…, ti, visitante,
serás o exposto… exposto ao mundo da
imaxinación e da creatividade, e exposto ao irresistible e máxico baile
dunha buxaina…
Lugar: Aula de
Natureza “Juan Lembeye”. Xardín Botánico “Ría do Burgo”.
Datas: do 11 de outubro
ao 10 de novembro de 2013.
Horario:
de
luns a venres (de 18.00 a 21.00 horas). Sábados de 11.00 a 13.00 horas e de 18.00
a 21.00 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario