O
Ministerio de Cultura outórgalle o galardón pola obra "Ardalén".
O autor Miguelanxo Prado foi
galardoado co Premio Nacional do Cómic 2013 pola súa obra 'Ardalén', publicado por Norma en 2012 tanto
en castelán coma en galego. O xurado destacou o carácter poético da súa obra,
que mestura a realidade co sono, a memoria e o esquecemento, e a súa mestría
técnica no uso da cor. O premio concedido polo Ministerio de Educación, Cultura
e Deporte está dotado con 20.000 euros e ten como obxecto distinguir a mellor
obra desta especialidade publicada en calquera das linguas do Estado durante o
ano 2012.

NORABOA!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario