BULEBULE VIAXA POLA REDE

16/11/13

20 de Novembro Día Universal da Infancia

20 de Novembro   Día Universal da Infancia

En 1956, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas recomendou que se instituíse en todos os países un Día Universal da Infancia, que se consagraría á fraternidade e á comprensión entre os nenos e as nenas do mundo enteiro e se destinaría a actividades para promover o benestar dos nenos do mundo. O 20 de novembro conmemórase a data en que a Asemblea Xeral aprobou a Declaración sobre os Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989. Por iso, o 20 de novembro pasou a ser o Día Universal dos nenos e nenas.

A Convención sobre os Dereitos do Neno
Xa transcorreron máis de vinte anos dende que se aprobou a Convención sobre os Dereitos do Neno e todos os países do mundo (salvo Estados Unidos e Somalia) ratificárona, converténdose así noinstrumento de Dereitos Humanos máis amplamente refrendado na historia da humanidade.
A pesar disto, cada día vulnéranse os dereitos de millóns de nenos e nenas en todos os países do mundo e, polo tanto, tanto as institucións como a sociedade civil deben responder a este reto eseguir loitando para que a Convención se converta nunha realidade en beneficio dos nenos e nenas do mundo.


Dereitos, por principio

Os dereitos da infancia baséanse en catro principios fundamentais:

·        A non discriminación: todos os nenos teñen os mesmos dereitos. Isto significa:todos os nenos e nenas, en todo caso, en todo momento e sen excepcións. Non importa a súa raza, relixión ou procedencia ou as ideas de seus pais. Ningún neno debe recibir un trato inxusto baixo ningún concepto.
·        O interese superior do neno: calquera decisión, lei ou política que poida afectar á infancia ten que ter en conta que é o mellor para os nenos e nenas. Cando os adultos tomen decisión teñen que pensar en cómo poden afectar aos nenos.
     ·       O dereito á vida, á supervivencia e ó desenvolvemento: todos os nenos e nenas teñen dereito a vivir, a desenvolverse e a acadar o seu máximo potencial na vida. Isto inclúe ter dereito a cousas como unha alimentación e aloxamento adecuado, á auga potable, á educación, á atención sanitaria, ao xogo e o descanso, a actividades culturais e a información sobre os seus dereitos.
     ·        A participación: os menores de idade teñen dereito a ser consultados sobre as situacións que os afecten e a que as súas opinións sexan tomadas en conta. Isto non significa que os nenos podan mandar sobre os seus pais nin dicirlles que teñen que facer. A participación debe ir aumentando conforme á idade e é importante para que os nenos e rapaces acaden a madurez.

     Na páxina Aprende e Xoga de Unicef unicef podemos atopar máis información sobre os Dereitos dos nenos e das nenas e a  Convención, xogos e tamén videos.





No hay comentarios: