A Real Academia Española (RAE) fundada por Juan Manuel Fernández Pacheco no 1713 cumpre
300 anos e, para celebralo, preparou un amplo programa de actividades que
comezou en setembro deste ano e remata a finais de 2014.
A exposición La lengua y l a
palabra foi a encargada de inaugurar este tricentenario mostrando a
historia e a evolución da RAE ao longo dos seus anos de vida. Tivo lugar na
Biblioteca Nacional de España e permanece aberta dende o 26 de setembro,
segundo explicaron o director da RAE, José Manuel Blecua, e o
secretario da institución, Darío Villanueva.
Pero non vai ser a única exposición que
nos achegue ao labor que A RAE leva a cabo dende 1713. El rostro de las letras presentará unha
ampla colección de retratos de escritores, fundamentalmente
académicos, rastrexados por decenas de arquivos e coleccións públicas e
privadas.
O obxectivo desta é presentar un estudo
exhaustivo do retrato fotográfico español dende o daguerrotipo, o
primeiro procedemento fotográfico que foi desenvolvido por Louis Daguerre. Esta
segunda exposición está prevista para setembro de 2014 e, segundo explicou
Villanueva, pode que visite varias cidades españolas despois da súa
inauguración en Madrid.
A conmemoración do tricentenario
culminará coa publicación da 23ª edición do Dicionario da
Lingua Española, en outubro de 2014. É unha edición revisada que
aparecerá cun novo formato e un número maior de lemas, preto
de noventa mil.
Outra das actividades máis atractivas é Cómicos
de la Lengua, na que recoñecidos actores e actrices españois lerán
destacadas obras escritas no noso idioma dende a Idade Media ata o século XX.
Dirixida polo académico e director teatral José Luis Gómez, o
proxecto contará coa explicación, a cargo dun académico de RÁE, das
peculiaridades de cada período.
Dende o centro estamos a preparar un INTERCAMBIO DE LIBROS para conmemorar
tal evento. Estade atentos e atentas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario