BULEBULE VIAXA POLA REDE

26/2/13

NORABOA A FINA CASALDERREY !!

Xa nos visitou en varias ocasións, por iso xa a consideramos amiga e sentimos a necesidade de felicitala por entrar a formar parte do plenario da Real Academia Galega.



O Plenario da RAG conta con 27 membros dos 30 posibles porque hai outras dúas prazas que aínda non foron cubertas. Xosé Fernández Ferreiro e Pegerto Saavedra aínda non tomaron posesión do seu posto e o seu ingreso producirase nos vindeiros meses. Dos 30 só 5 son mulleres, unha circunstancia que segue espertando criticas e que a institución se comprometeu a corrixir.

Lembrades algunha das súas visitas?. Preguntádelle a Bulebule... ou consultade o LIBRO DE VISITAS da biblioteca.



Breve biografía:

Exerceu como mestra dende os dezanove anos, xubilándose no 2011 como profesora de ensino secundario. Foi no ensino onde comezou a crear e dirixir pezas teatrais representadas polo seu alumnado, algunhas recollidas en Edicións Xerais.
Unha das súas inquedanzas é a investigación etnográfica, onde gañou concursos diversos premios co seu alumnado. Outra inquietude é agastronomía, e así publicou, xunto con Mariano García, O libro da empanadaFestas gastronómicas de Galicia e Repostería en Galicia.
Colabora na prensa, revistas, congresos, xurados, pregóns, charlas-coloquio, mesas redondas... sobre literatura, gastronomía, entre outros temas.
En 1991 deuse a coñecer no mundo das publicacións coa novela xuvenil Mutacións xenéticas. No ano 1996 foille concedido o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa novela O misterio dos fillos de Lúa. A maior parte da súa obra está traducida ás linguas peninsulares, isto é, ao catalánéuscaroasturianoaragonéscastelán e portugués.

En 2013 foi elixida membro da Real Academia Galega, ocupando a vacante deixada por Xaime Illa Couto.

22/2/13

ATA SEMPRE PETEIRO!!

O artista coruñes faleceu aos 53 anos de idade. Durante os últimos 30 anos protagonizou unha trintena de exposicións individuais por todo o pais. A súa obra forma parte da iconografía da cidade herculina onde iniciou a súa carreira. Espazos emblemáticos como a entrada da casa dos peixes da Coruña contan con algunha das súas creacións.  Ata sempre!!!

21/2/13

DÍA DE ROSALÍA







             

Deixámosvos a continuación, un gloster feito polos compañeiros da Biblioteca do CEIP Saco e Arce de Toén    onde podedes atopar información e actividades sobre Rosalía de Castro. Para acceder a el premede na imaxe:




1/2/13

CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ

Para a conmemoración do DIA DA PAZ, aínda que conscientes de que o día da paz  son todos os días, confeccionamos un arco da vella con cartóns de leite decorados polo alumnado. Cada nivel preparou unha canción de temática pacifista e un manifesto reclamando unanimemente A PAZ.
Deixámosvos unhas imaxes como mostra do noso acto.

Seleccionamos o seguinte video de músicos da rúa, xa que a súa temática está relacionada co día de hoxe e ademáis todos sabemos que a paz ten múltiples expresións e debe encher as nosas accións e polo tanto as nosas vidas.
Olládeo con atención, e escoitádeo!!!