Compañeiros e admiradores de Lou Reed choran a morte desta lenda do rock, que faleceu o domingo aos 71 anos. «Era un mestre», declaraba David Bowie, que en 1972
produciu o primeiro álbum en solitario de Reed, Transformer. «O mundo perdeu a
un destacado compositor e poeta», escribía en Facebook John Cale, cofundador xunto a
Lou Reed da mítica banda The Velvet Underground. «Eu
perdín ao meu amigo desde o colexio».
Tamén a «madriña do punk» Patti Smith estaba hoxe de loito pola morte dun
dos seus amigos «máis importantes». «Quero tanto a Lou Reed. Sempre», engadía Flea dos Red
Hot Chili Peppers. E Iggy
Pop, que nos anos 70 compartiu piso en Berlín con Bowie , falaba en Twitter de «noticias
deprimentes».
PaulStanley ,
membro fundador de Kiss ,
cualificou a Reed de «músico,
artista e pioneiro que seguiu as súas propias regras». «RIP Lou Reed. Nova York perdeu hoxe
a un dos nosos grandes agasallos», engadía Russell
Simmons, cofundador do selo de hip hop Def
Jam Recordings.
«Ao meu amigo Lou Reed chegoulle o final da súa canción»,
tuiteó pola súa banda o escritor Salman
Rushdie, mentres que a actriz Mia
Farrow manifestaba o seu
agradecemento eterno por todo ao autor de hits como Sweet
Jane, Perfect Day ouWalk on the Wild Side. «A
música da miña xeración», apuntaba Samuel
L Jackson.
En España tamén os artistas
reaccionaron á morte de Lou Reed. «Aprender inglés de pequenos lendo as letras
da Velvet. Aprender a tocar a guitarra sacando white light white heat»,
comentaba Amaral en twitter, facendo alusión ao segundo álbum do grupo The
Velvet Undergroung. Tamén se sumaban ás condolencias o grupo Os Mojinos Esocíos
e os cantantes Leonor Watling e Coti; este último comentou que Nova York «é o
que é en parte grazas a Lou».
Como dato
curioso comentarvos que co seu amigo Iggy Pop acheouse ás pantallas non hai
moito,... Prestando as súas voces aos villanos de Arthur
e a guerra dos mundos, o filme co que Luc Besson prosigue a súa saga animada. E curiosamente é Lou Reed quen repite na
serie, xa que interviú anteriormente en Arthur
e a vinganza de Maltazard en 2009.
No hay comentarios:
Publicar un comentario