A Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no contexto das actuacións do
PLAN LÍA de bibliotecas escolares (Lectura,
Información e Aprendizaxe), publica cada ano uns carteis divulgativos que pretenden facer visible as
distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao desenvolvemento do
currículo e como instrumento fundamental para a formación das persoas
lectoras.
O
lema elixido para este curso 2013/2014, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR,trata
de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter
científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas
relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabidana biblioteca e
enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. A ilustración é de PATRICIA CASTELAO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario