O CLARO DO BOSQUE
Erase unha vez un grupo de nenos aventureiros que escaparon do
Castelo da Ignorancia tan rápido como o permitían os seus pés. A noite
véuselles encima, cos seus sons aterradores e as súas misteriosas formas
fantasmagóricas, e acháronse no medio dun bosque escuro. Ao non poder ver cara
a onde ían, abrazáronse para darse calor e protección e así permaneceron ata o
amencer.
Cando saíu o sol, os nenos viron con sorpresa que se atopaban
nun claro do que partían tantos carreiros, en direccións diferentes, que case
era imposible contalos. Os carreiros tiñan curvas e recovecos de forma que non
podían saber o que había ao final, soamente podían imaxinalo.
¾Eu irei por este lado —dixo un raparigo, e tomou un dos
carreiros. Pronto chegou a unha cidade medieval de altas murallas e gallardetes
ao vento. Atravesou valerosamente a súa gran porta de entrada, e naquel lugar
correu grandes aventuras.
—Este carreiro parece interesante —dixo unha nena —Non podo
imaxinar o que hai á volta do recodo. Por iso, partiu noutra dirección e pronto
se atopou nunha nave espacial, vendo como o sistema solar se facía máis
pequeno, a medida que a nave avanzaba cara ao centro da galaxia.
—Eu quero atopar unha espada máxica coa que vencer ao xigante
malvado que nos tivo tanto tempo prisioneiros— exclamou un neno.
—Eu tamén —e ambos tomaron outro carreiro, pensando dar
batalla ao malvado xigante.
—Gustaríame ver o mundo enteiro, coñecer todos os países e todos
os seus pobos, escoitar os seus idiomas e xogar cos seus nenos.
—E eu necesito saber como funciona o mundo. Por que caen as
follas ao chan mentres que as estrelas permanecen no ceo. Quero sabelo todo.
Pronto se foran todos os nenos, excepto unha nena pequena. Mirou
ao redor do claro soleado e aos diferentes carreiros, uns agora explorados e
outros, esperando que alguén atope o que se oculta detrás dos seus recodos.
Puxo a súa man sobre a suave cortiza dunha árbore, dicindo en
voz alta:
—Este lugar é máxico. Desexo saber como se chama.
E o claro do bosque contestoulle: —O meu nome éBiblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario