Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2012/2013
O 7 e 8 de marzo tiveron lugar en Compostela os Encontros do Plan de mellora
de bibliotecas escolares, unha actividade de formación organizada conxuntamente
polo Servizo de Formación do Profesorado (CAFI) e pola Dirección Xeral de
Centros e Recursos Humanos (Asesoría de bibliotecas escolares), da Consellería
de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, coa colaboración do Ministerio
de Educación, Cultura e Deporte.

Estes encontros responden á vontade da consellería de reunir, unha vez máis,
ao profesorado que coordina os equipos de biblioteca dos centros integrados no
Plan de mellora de b.e (PLAMBE), un programa que procura, desde o ano
2005, a transformación das bibliotecas escolares en auténticos centros de recursos
para a lectura, a información e a aprendizaxe, e no que ten sido decisiva a creación
de vínculos profesionais entre os integrantes deste colectivo.

Ainda que se trataron aspectos diversos relacionados cos servizos e o papel das
bibliotecas escolares nos centros educativos, fíxose fincapé na función destas
bibliotecas como compensadoras de desigualdades sociais, aspecto que cómpre
salientar nun momento en que as diferenzas no acceso aos recursos culturais pode
medrar. Outro dos aspectos destacados foi a alfabetización mediática e
informacional, un contido imprescindible para o alumnado que medra na sociedade da información e que ten na
biblioteca escolar un aliado natural.

No hay comentarios:
Publicar un comentario