BULEBULE VIAXA POLA REDE

13/3/13

Visita de Xabier P. Docampo

O pasado luns 11 tivemos a sorte de contar cunha visita especial: Xabier P. Docampo, que nos veu contar historias e falar do libro que lemos: 

  Así fala el de si mesmo no seu Blog:  
 “ Nacín chairego e fillo de chairegos o 5 de abril de 1946 en Rábade (Lugo). Aos meus sete meses trasladámonos a Castro de Ribeiras de Lea, de alí era miña mai —meu pai de Xermar (Cospeito)—, onde fun por primeira vez á escola. Pasando por enriba da etapa máis interesante da miña vida, a infancia, no comezo da adolescencia a familia enteira trasladouse a vivir á Coruña onde estudiei o bacharelato e maxisterio, sen perder nunca o contacto coa Terra Cha a onde regresabamos en calquera oportunidade por curta que fose a estancia.
     Traballei como mestre en varios colexios e durante oito anos en Preescolar na Casa. Estiven sempre relacionado cos movementos de renovación pedagóxica.

     Pertencín ao Consello de Redacción da Revista Galega de Educación. Dei cursos a profesores e lin ponencias en congresos sobre a didáctica da lingua e a literatura, sobre a lectura e a súa implantación escolar e social, sobre a narración oral, a súa estructura, a súa influencia na literatura escrita e a súa utilización didáctica, tanto en Galicia coma fóra. Estas actividades de reflexión sobre da narración oral, a escritura e a lectura leváronme a participar como conferenciante en eventos sobre tales temas en América en diversas ocasións.

     Escribín libros de texto para a escola e textos de ensaio didáctico e pedagóxico.

     Fun actor e director de teatro. Traballei durante sete anos en Radio Nacional de España en Galicia como guionista e como director de programas de diverso tipo e formato. Tamén escribín e dirixín obras para vídeo e para televisión. Dei cursos a profesores sobre a utilización didáctica de ambos medios.

     Durante un tempo fixen diferentes actividades de narración oral en distintos lugares de Galicia e de fóra.

     Participei na creación da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) na que pertencín durante cinco anos á súa xunta directiva, dous deles como presidente.

     Durante tres anos fun columnista semanal na prensa diaria.

     Polos meus libros déronme algúns premios:


     Premio "Feira do Libro de A Coruña, 1989", polo conxunto da obra narrativa.

     Premio "Emilia Pardo Bazán" do Ministerio de Educación.

     Premio "Rañolas 1994" á mellor obra de Literatura Infantil e Xuvenil en Galicia.

     "Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 1995".

     "Honourl List IBBY 1996".

     "The White Ravens 1997" de la Jugendbibliothek de Munich.

     Premio "Lecturas" da Asociación do Libro Infantil e Xuvenil de Galicia (GALIX) de 2004.

     "The White Ravens 2005" da Jugendbibliotethet de Munich.”
. 
Podedes ver un resumo da súa visita no seguinte video:




No hay comentarios: