BULEBULE VIAXA POLA REDE
Mostrando entradas con la etiqueta Animación á lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Animación á lectura. Mostrar todas las entradas

6/1/11

LIBROS DE MAR....EL PEZ QUE SONREIA

Jimmy Liao achéganos "El pez que sonreía", unha fermosa e poética historia .
Estamos ante unha historia de amizade que nos leva á soidade, á tristura, ao respecto, á liberdade... e á vida.

Poesía en estado puro


12/12/10

VIDEO DO CONTO: "OS TRES BANDIDOS"

"OS TRES BANDIDOS"
De Tomi Ungerer.Ed. Kalandraka



VEN Á BIBLIO A LELO!!

6/10/10

FESTIVAL DE TÍTERES

O luns 4 de outubro, os nenos e as nenas de 1º,2º e 3º de Primaria asistiron,no colexio, a un festival de títeres da compañia: Teatro Estatal Marionetas de Varna (Bulgaria) coa obra títulada "Alegro Vivace" Saímos todos marabillados coa actuación, foi alegre, divertida e moi educativa.
Grazas por este rato tan estupendo.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes:

13/4/10

1ºA E 1ºB NA BIBLIOTECA CON VICTORIA

O xoves 8 de abril os nenos e as nenas de 1ºA e 1ºB recibimos na biblioteca unha estupenda sorpresa: a visita de Victoria Pérez, para unha marabillosa animación á lectura sobre o libro "Sapo y Sepo,inseparables",da Editorial Alfaguara.
Disfrutamos moito facendo un pequeno teatrillo do libro e tamén pasamos un rato estupendo coas distintas actividades que Victoria ía suxerindo.
Comproba o ben que o pasamos nas fotos!!

25/11/09

Palabras no ar

O Luns 23 de novembro desprazámonos ata a aula de usos múltiples de O Burgo para participar na campaña de dinamización lingüística “Palabras no Ar”. Alí agardaban por nós Patricia e Pablo, contadores de contos musicais, contos máxicos que nos levaron de viaxe ata a lúa, e nos trouxeron de volta á terra na procura dunha mascota, logo de andar ás carreiras a fin de axudar a mamá galiña para que o seu poliño non afogara. Todo elo acompañados do son de diferentes instrumentos musicais, que daban vida ou ambiente as historias, e axudábannos a identificar incluso a personaxes tan peculiares coma os chibos chibóns, que eran tres: un pequeno, un grande, e outro máis grande se cabe…


O rato da Lúa chámase Paco.
Paco marchou á lúa porque lle tiñan dito que era
de queixo fresco. Meteuse nunha nave espacial e, …



Había unha vez un poliño que estaba comendo coa súa mamá galiña baixo unha abeleira. Nestas atragoouse cunha abelá e case afoga. Entón a mamá galiña correu á casa da ama:
-Ama, veña á abeleira a sacarlle ao meu poliño unha abelá.
Non se faga de rogar, que pode afogar.



Amelia entrou no salón. O seu pai estaba sentado na súa cadeira favorita lendo o xornal. “Papá”, dixo ela. “Estaba pensando...”.
O seu pai suspirou. «Cando Amelia pensa, seguro que hai problemas». Amelia continuou: “Papá, non poderiamos ter un can?”



Tres chivos vivían no alto dunha montaña: un era pequeño, outro mediano, e o terceiro era un chibón grande. Un día decidiron baixar e dirixirse ao outro lado do río para comer herba. Tiñan que cruzar una ponte, pero o malo era que alí vivía un trasno malvado… A herba era tan rica que os chivos decidiron enganalo. Cómo?...