![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiRqY3hCV6hk7qofmutHAbE8JyM8rs0MarBYv9R2Qd8hjPKjE66RRO06Db8bhkyy_l2kztNol4zCAmMnh26md8AWz_pm2HTQX-_kB_K7HPgVYp9kLXTRine9ha91d1DtvsiK-YGC08yLmI/s320/fina_casalderrey_foto_portada.jpg)
O Plenario da RAG conta con 27 membros dos 30 posibles porque hai outras dúas prazas que aínda non foron cubertas. Xosé Fernández Ferreiro e Pegerto Saavedra aínda non tomaron posesión do seu posto e o seu ingreso producirase nos vindeiros meses. Dos 30 só 5 son mulleres, unha circunstancia que segue espertando criticas e que a institución se comprometeu a corrixir.
Breve biografía:
Exerceu como mestra dende os dezanove anos, xubilándose no 2011 como profesora de ensino secundario. Foi no ensino onde comezou a crear e dirixir pezas teatrais representadas polo seu alumnado, algunhas recollidas en Edicións Xerais.
Unha das súas inquedanzas é a investigación etnográfica, onde gañou concursos diversos premios co seu alumnado. Outra inquietude é agastronomía, e así publicou, xunto con Mariano García, O libro da empanada, Festas gastronómicas de Galicia e Repostería en Galicia.
Colabora na prensa, revistas, congresos, xurados, pregóns, charlas-coloquio, mesas redondas... sobre literatura, gastronomía, entre outros temas.
En 1991 deuse a coñecer no mundo das publicacións coa novela xuvenil Mutacións xenéticas. No ano 1996 foille concedido o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa novela O misterio dos fillos de Lúa. A maior parte da súa obra está traducida ás linguas peninsulares, isto é, ao catalán, éuscaro, asturiano, aragonés, castelán e portugués.
En 2013 foi elixida membro da Real Academia Galega, ocupando a vacante deixada por Xaime Illa Couto.